Maxia

Etiquetas:
20/06/2016
O Mago Antón ofrecerá 5 actuacións este venres, día 24, no seu auditorio móbil, que estará instalado na praza César Chavarría, en Lourenzá.
 
O Mago Antón ofrecerá 5 actuacións este venres, día 24, no seu auditorio móbil, que estará instalado na Praza César Chavarría, de Vilanova de Lourenzá.
 
As funcións serán a estas horas: 13:00, 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00. En cada sesión hai capacidade para unhas 70 persoas e a entrada é gratuíta.
 
Esta actividade encádrase dentro do programa Cultura no Camiño, que pon en marcha a Xunta de Galicia a través do AGADIC. A Concellería de Cultura laurentina anima a asistir a este espectáculo e a gozar dunha tarde de ocio e maxia da man do Mago Antón.
 
 
Etiquetas:
29/05/2016
Barreiros, Lourenzá, Ribadeo e Trabada serán escenario de varios espectáculos do programa "Cultura no Camiño", do Agadic e Turismo de Galicia.
 
A actuación musical Ao encontro de Martín Códax, de Xoan Curiel, abriu en Trabada a programación da cuarta edición de Cultura no Camiño na comarca da Mariña. 
 
Este ambicioso proxecto, promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, percorrerá con 14 espectáculos máis os concellos mariñáns da ruta do Norte ao longo dos vindeiros meses, xirando polos municipios de Barreiros, Lourenzá, Ribadeo e Trabada.
 
O obxectivo do programa é incentivar a distribución de produtos culturais galegos nos diferentes concellos vinculados ao Camiño de Santiago e facer chegar a cultura á cidadanía mediante eventos e actividades...
leer más
Etiquetas:
14/04/2016
Cultura no Camiño levará 15 espectáculos aos concellos mariñáns da Ruta do Norte. Participan: Barreiros, Lourenzá, Ribadeo e Trabada.
 
A cuarta edición do programa Cultura no Camino levará 15 espectáculos nos vindeiros meses aos concellos mariñáns da ruta do Norte. Este ambicioso programa está promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia e figura xa como un evento consolidado que dende o seu comezo, no ano 2013, practicamente triplicou o seu orzamento, as compañías participantes e as actuacións contratadas.
 
A delegada territorial, Raquel Arias, presentou hoxe este proxecto, que xirará por 24 concellos da provincia ofrecendo en total 92 espectáculos de maxia, teatro, circo e música para todos os públicos. Os concellos mariñáns participantes son Barreiros, Lourenzá, Ribadeo e Trabada.
... leer más
Etiquetas:
11/02/2016
Maxia e música son as dúas propostas do Concello burelés para os días 13 e 14 de febreiro. Luis Boyano e María do Ceo ofrecerán sendos espectáculos na Casa da Cultura.
 
Maxia e música son as dúas propostas do Concello burelés para a vindeira fin de semana. O edil José Díaz confirmou hoxe que xa quedan poucas entradas en venda anticipada para o concerto que María do Ceo ofrecerá o domingo na Casa da Cultura.
 
O sábado, 13 de febreiro, a maxia será a protagonista en Burela. Luis Boyano deleitará ao público infantil e familiar co espectáculo 30 anos de maxia e humor. O prezo da entrada é de 2,5 euros. O concelleiro de Cultura dixo que “Luis Boyano es un mago muy conocido en Galicia. Su espectáculo es muy divertido y resultará muy interesante y agradable para los asistentes”. O público gozará participando durante unha hora das imaxes e propostas que se lle ofrecerán en forma de xogos e sketchs máxicos...
leer más
Etiquetas:
25/11/2015
Finaliza o Mes da Maxia, que organizou a Mancomunidade de Municipios da Mariña, con menús e actuacións en catro restaurantes de Ribadeo, Burela, Cervo e Alfoz.
 
O venres e o sábado, 27 e 28 de novembro, catro restaurantes da comarca acollerán a cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta, e que se desenvolveu dende a última fin de semana de outubro. Remata un mes de maxia e gastronomía que fixo as delicias dos asistentes. 
O venres, 27 de novembro, o restaurante Casa Pepe “O Piano” de Ribadeo preparará un menú de cadea máxica (milfollas de polbo e minitosta de chicharro en salmoira), apócima branca (bacallao pil-pil), claro de lúa (queixada de ibérico ao Mencía) e pedras filosofais (trufas de chocolate). Actuará o mago Teto logo da cea. 
Tamén o 27 haberá menú máxico no Mis en Plas de...
leer más
Etiquetas:
18/11/2015
Continúa o Mes da Maxia os días 20 e 21 de novembro en restaurantes de Cervo, Viveiro, Mondoñedo e O Vicedo.
 
O venres e o sábado, 20 e 21 de novembro, respectivamente, continúa en catro restaurantes da comarca a cuarta edición do Mes da Maxia, organizada pola Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta. En total participan 20 restaurantes nesta iniciativa, xa consolidada entre as propostas de outono da comarca. 
O venres, 20 de novembro, haberá menú máxico no Restaurante Buenavista, en Cervo. Alí os que acudan poderán degustar embruxo do mar (croquetas e paté de ourizo), pedras mariñas (rodaballo con améndoas), feitizo da terra (redondo de tenreira en prebe de mazá) e o truco da chistera (copa de tiramisú). Actuará o mago Pedro Bugarín.
Ese mesmo venres tamén haberá menú máxico...
leer más
Etiquetas:
11/11/2015
Continúa o Mes da Maxia os días 13 e 14 de novembro en Cervo, Barreiros, Ourol e Ribadeo.
 
O venres e o sábado, 13 e 14 de novembro, respectivamente, prosegue en catro restaurantes da comarca a cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta. Participan 20 restaurantes nesta iniciativa, que xa é unha cita consolidada entre as propostas de outono da comarca. Grazas a este programa, os comensais gozan dos menús máxicos preparados polos locais xunto aos espectáculos dos magos Teto, Rafa e Charly. A cita prolongarase ata o 28 de novembro. 
O venres, 13 de novembro, haberá menú máxico no restaurante Río de Oro, en Cervo. Alí os que acudan poderán degustar os conxuros do mestre (polbo con vinagreta de mango e crema de cabaza con sorpresa), embruxo da terra sobre o...
leer más
Etiquetas:
04/11/2015
Segue o Mes da Maxia na Mariña. Este venres, 7 de novembro, en Parrilada de Jandro en Burela e no Asador en Viveiro. E o sábado no Parador de Turismo de Ribadeo e no Noso Lar en Cervo.
 
O venres e o sábado, 6 e 7 de novembro, respectivamente continúa en catro restaurantes da comarca a cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta. En total son 20 os restaurantes participantes nesta iniciativa, que ano tras ano colleita máis éxitos e se consolida entre as propostas do outono na comarca. E tres son os magos: Teto, Rafa e Charly, que achegarán os seus trucos a aquelas persoas que acudan a gozar dos menús máxicos preparados polos locais que se suman ao Mes da Maxia. A cita prolongarase ata o 28 de novembro. 
O venres, 6 de novembro, haberá menú máxico na Parrillada de Jandro en Burela. Alí os que acudan poderán degustar chistes e variñas (tosta de cecina...
leer más
29/10/2015
Comeza a cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña. Do 30 de outubro ao 28 de novembro haberá menús máxicos e actuacións de magos en 20 restaurantes.
 
Este venres, 30 de outubro, da comezo a cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta. Son 20 os restaurantes participantes nesta iniciativa, que ano tras ano colleita máis éxitos e se consolida entre as propostas do outono na comarca. E tres son os magos: Teto, Rafa e Charly, que achegarán os seus trucos a aquelas persoas que acudan a gozar dos menús máxicos preparados polos locais que se suman ao Mes da Maxia. A cita prolongarase ata o 28 de novembro. 
Esta primeira fin de semana do Mes da Maxia os locais que acollerán esta proposta son Casa Fidalgo, de A Pontenova, Casa Damián, de Foz,  Casa Franco, de Alfoz, e o hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro.
... leer más
Etiquetas:
20/10/2015
Vinte restaurantes da comarca participarán do 30 de outubro ao 28 de novembro na cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña.
 
Do 30 de outubro ao 28 de novembro terá lugar a cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta. Son 20 os restaurantes participantes nesta iniciativa, que ano tras ano colleita máis éxitos e se consolida entre as propostas do outono na comarca. E tres son os magos: Teto, Rafa e Charly, que achegarán os seus trucos a aquelas persoas que acudan a gozar dos menús máxicos preparados polos locais que se suman ao Mes da Maxia. 
O 30 de outubro o Mes da Maxia dará comezo en Casa do Fidalgo, de A Pontenova, e Casa Damián, de Foz. O 31 de outubro haberá menú máxico e actuación en Casa Franco, de Alfoz, e no hotel Vila do Val, en Ferreira do Valadouro.
... leer más