Ruta

Etiquetas:
22/07/2019

A saída está prevista para ás 9:00 horas desde a praza do Concello. O percorrido discorrerá por Vilaxoane, San Martiño, o Carme e Vilaronte.

Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse nos teléfonos 606 794 110 e 670 369 017. O prazo de inscricións remata o venres, 26 de xullo. O prezo é 3 euros para as persoas non federadas, está incluído o seguro de accidentes obrigatorio.

A organización informa que o nivel de dificultade da ruta é medio e recomenda levar equipo de sendeirismo e algo de comida e auga.

Colabora con este evento o Concello de Foz.

 

Etiquetas:
26/06/2019

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha andaina contra o Cancro que se celebrará o 7 de xullo polos arredores de Foz.

A saída será o domingo, 7 de xullo, ás 10:00 horas da praza do Concello.

A actividade está organizada en colaboración da delegación local de Foz da AECC e do Concello de Foz.

A ruta ten unha distancia de 5 quilómetros e un nivel de dificultade baixo.

As persoas que queiran participar teñen que inscribirse, ata o día 6 de xullo, e poden facelo nos números de teléfono 670 369 017 e 696 583 146. 

 

Etiquetas:
17/06/2019

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola Senda do Oso en Asturias, que terá lugar o vindeiro domingo, 23 de xuño.

A saída será ás 7:30 horas, de Ferreira, e ás 8:00 horas do Colexio do Pilar en Foz.
O prezo é 34 euros para os socios federados, 38€ para os socios non federados e 42 euros para os non socios. Está incluído o xantar.

Para asistir é obrigatorio anotarse, e pode facerse nos teléfonos 606 718 482 ou 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para inscribirse remata o mércores 19 de xuño.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio cunha distancia de 15 quilómetros.

 

Etiquetas:
08/05/2019

O 18 de maio terá lugar a 5ª Ruta Cabalar Monte Castelo, que organiza o Concello coa colaboración da asociación Cabaleiros Pena de Burela. O evento foi presentado nas últimas horas. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, e membros da asociación Cabaleiros Pena de Burela.

A saída será ás 10 da mañá desde o pavillón dos institutos. Á metade da ruta haberá unha parada no Mirador do Monte Castelo, onde se servirán uns pinchos. Despois seguirá a ruta cara a praia da Marosa e seguirá polo paseo ata a praia urbana, onde haberá unha nova parada. A continuación a ruta dirixirase á praza do Concello e despois os cabaleiros percorrerán as principais rúas da vila.

O xantar será ás dúas e media no pavillón do Monte Castelo. O prezo é de 20 euros e é moi importante facer a reserva dos tíckets canto antes. É preciso...

leer más
Etiquetas:
07/05/2019

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta dende a praia de Pantín ao faro da Frouxeira en Valdoviño, que terá lugar este sábado, 11 de maio.

A saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e de 25€ para os non socios, e inclúe autobús, comida e máis seguro.

Para participar é imprescindible anotarse, e pode facerse en Gráficas Arfe ou chamando ao número de teléfono 982 580 504 antes do xoves, 9 de maio, ás 20:00 horas.

A ruta ten unha lonxitude de 11 quilómetros e o nivel de dificultade é baixo.

 

Etiquetas:
28/04/2019

A asociación Os Sendeiros de Foz programa unha ruta pola Serra do Viso, nos arredores da vila de Salas, en Asturias, para o día 12 de maio.

A saída será ás 7:00 horas de Ferreira, e ás 7:20 do Colexio do Pilar, en Foz.

As persoas interesadas poden anotarse nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail: ossendeiros@yahoo.es. O prazo remata o 8 de maio. O prezo é 30 euros para os socios federados, 34€ para os socios non federados e 39 euros para os non socios, e está incluído o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa de que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

Esta actividade está organizada polos Amigos do Rebollín de Salas, e ao remate haberá unha comida de...

leer más
Etiquetas:
26/04/2019

O próximo 4 de maio de 2019 celebrarase a IX Ruta Cabalar de Remourelle, organizada pola Asociación Xinetes de Remourelle. 

A xornada dará comezo ás 9:30 coa recepción dos participantes no Campo da Festa, a saída ás 10:30 pola ruta deseñada e o xantar dará comezo ás 14:30 horas 

Distancia: 16,7 Km 
Altitude: Máx. 389 m | Med. 312 m 
Desnivel: Máx. 27,8 % | Med. 6,7 % 
Tempo estimado: 4 horas 

A cabeceira da ruta estará asegurada por Protección Civil de Ribadeo, que facilitará o paso dos cabalos cando conflúa unha estrada no percorrido. Na metade da ruta farase unha parada para tomar uns pinchos e repoñer forzas. 

A xornada estará amenizada por unha discoteca móbil e haberá agasallos, sorteos e inchables gratis para todos os nenos e nenas...

leer más
Etiquetas:
15/04/2019

O Concello de O Vicedo organiza a XII edición da Ruta de Pinchos que se celebrará os días 26 e 27 de abril e 3 e 4 de maio.

A primeira ruta terá lugar o venres 26 e sábado 27 de abril nos seguintes establecementos: Chiringuito de Abrela, en Suegos, e Restaurante Area Grande e Casa Fanego, en San Román.

Na segunda ruta, que se celebrará o venres 3 e sábado 4 de maio participarán: Cafetería Galatea, Café-Bar San Esteban, La Bodeguita del Puerto, Mesón O Remo e Merendero Los Árboles en Xilloi. 

Os locais servirán as súas tapas ao prezo de 2 euros en horario de 20:00 a 23:00 horas.

Haberá Premio ao Mellor Pincho, elixido polo público, e o sorteo de dous xamóns entre tódolos votantes, que serán doados polos establecementos participantes.

A...

leer más
Etiquetas:
10/04/2019

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta o sábado, 13 de abril, pola Senda del Cervigón, en Xixón.

A saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.
O prezo para os socios é de 20 euros e para os non socios de 25 euros, inclúe autobús, comida e seguro.

Para poder asistir é preciso anotarse e os interesad@s poden facelo en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do 11 de abril ás 20:00 horas.

Os organizadores informan que a ruta ten unha distancia de 9 quilómetros e o nivel de dificultade é baixo.

 

Etiquetas:
05/04/2019

Do 18 ao 20 de abril celebrarase en Foz a 16ª Ruta de Tapas, que organiza o Centro Comercial Aberto. Nesta tradicional cita gastronómica, que coincide coa Semana Santa, participarán 15 establecementos hostaleiros que ofrecerán as súas creacións desta cociña en miniatura en horario de 13 a 15 horas a mediodía e de 20 a 23 horas polas noites. 

O presidente do CCA focense, José Carlos Paleo, sinala que “estamos ante unha ruta que xa é un clásico na Semana Santa de Foz. O que pretendemos é ofrecer unha alternativa gastronómica atractiva para as moitas persoas que pasan eses días na nosa localidade e nesta comarca e tamén para os veciños e as veciñas de Foz”. Para Paleo “da gusto ver o ambiente de viños e de tapas que se crea eses días na vila. Así que animamos a todo o mundo a que do 18 ao 20 de abril se acheguen a Foz a saborear algunhas das...

leer más