Ruta

Etiquetas:
04/04/2019

O Concello de Trabada organiza o Tapeo Trabada que se celebrará do 5 ao 7 de abril.

Catro locais hostaleiros da vila ofrecerán, durante eses tres días, tapas elaboradas para a ocasión ao prezo de 1´50 euros. Ademais sortearanse 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos participantes.

Nesta ruta de tapeo Bar Villapol presenta as tapas: Que foi primeiro? E Manciña de porco en salsa de améndoas; Bar O Porfirio: Porco bravo con cogumelos e compota de mazá e Regaliños do mar con crema de nécoras; Mesón Camiño Norte: Potaxe de fabas con gambas e calamar e Roupa vella con tostóns mouros e cristiáns; e Taberna da Curuxeira: Roliños de carne con menestra de verduras e Cestiño de bacalao en salsa de marisco.

 

Etiquetas:
01/04/2019

Durante os días 19, 20 e 21 de abril terá lugar a quinta edición da ruta das tapas de Alfoz.

Participarán cinco establecementos con dúas propostas cada un nesta nova edición da Ruta das Tapas de Alfoz prevista para o terceiro fin de semana de abril.

As propostas para este ano son: “Malo será” e “Primavera” na cafetería Trébol; “Delicias Pereiras” e “Tapa Salvaxe” en Casa Pereiras; “Mexillóns tigre” e “Guiso de pulpo” en Bar Rodolfo; “Mexillón de primavera” e “Brocheta de pulpo a feira” en Bar San Pedro; e “Crocante de langostino con guacamole” e “Escalope con mostaza e mel” en A Naranxa.

Como en anos anteriores, o sábado 20 haberá autobús para facer o percorrido de tapas e cantos de taberna en tódolos bares participantes e como novidade, parada de degustación no Primeiro Ecomercado de...

leer más
Etiquetas:
11/03/2019

Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro por terras de Trabada o 24 de marzo.

A saída será ás 9:00 horas de Ferreira, e ás 9:20 h. do Colexio do Pilar en Foz.

A andaina irá do Vento a Vilapena, en Trabada, e nela participarán membros da asociación Mies de Oviedo.

O prezo é 25 euros para os socios federados, 29€ para os socios non federados e 33 euros para os non socios. Está incluído o xantar.

Para participar é obrigatorio anotarse. As persoas interesadas poden inscribirse, antes do mércores 20 de marzo, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.

A organización recomenda levar roupa de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

... leer más
Etiquetas:
02/03/2019

O domingo, 10 de marzo, a ruta de Enduro Medela cumprirá unha década de vida.
A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil delegado de Deportes, José Ramón Soto, ademais de varios membros do Club Medela, Abel Ordás, Víctor Riera e Diego Ballesteros, que sinalaron que “a saída está prevista para as 9:30 horas desde a piscina municipal de Lieiro, e os participantes realizarán primeiramente un percorrido non competitivo por varias zonas do municipio, concretamente por Lieiro, Galdín e Gondrás”.

A proba, de dificultade media-alta, será de 29 quilómetros, e 1.400 metros de desnivel acumulado.

Villares e Soto quixeron agradecerlles unha vez máis aos rapaces do Club Medela o seu traballo “porque eles son os responsables do éxito desta competición á que dedican moitas horas do seu...

leer más
Etiquetas:
11/02/2019

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha andaina por Esteiro e Morás, en Xove, o 24 de febreiro.

A saída será ás 8:00 horas do colexio do Pilar e ás 8:20 horas de Ferreira.

O prezo é 20 euros para os socios federados, 24 euros para os socios non federados e 29 euros para os non socios. Para asistir é obrigatorio anotarse e pode facerse ata o día 20 de febreiro nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 e no e-mail: ossendeiros@yahoo.es.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel medio de dificultade.

Colabora con esta actividade o Concello de Foz.

Etiquetas:
05/02/2019

A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha andaina pola Ruta da Seimeira nos Oscos (Asturias) este sábado, 9 de febreiro.

A saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e 25 para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro.

Para participar nesta ruta é imprescindible anotarse e pode facerse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504. O prazo para inscribirse remata o xoves 7 de febreiro, ás 20:00 horas.

A organización informa de que a ruta de 9 quilómetros, ten unha dificultade baixa.

Etiquetas:
09/01/2019

A asociación Pasada das Cabras de Burela comeza o ano cunha ruta pola Pena Abaladoira e a Fervenza do Escouridal en Alfoz. Será o sábado, 12 de xaneiro.

A saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.

O prezo para os socios é de 20 euros e 25€ para os non socios. Inclúe autobús, comida e máis seguro.

Para poder asistir hai que anotarse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504, antes do xoves 10, ás 20:00 horas.

Os organizadores recomendan levar botas e máis bastón, e informan que o nivel de dificultade da ruta, que ten 8 quilómetros de percorrido, é baixo.

 

Etiquetas:
02/01/2019

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o primeiro andareiro de 2019 o vindeiro 13 de xaneiro a Teixois, en Taramundi (Asturias).

A saída será ás 8:00 horas do colexio do Pilar e ás 8:20 h. de Ferreira. 

O prezo é 25 euros para os socios federados, 29 euros para os socios non federados e 33 euros para os non socios. Está incluído o xantar.

O prazo para anotarse remata o 9 de xaneiro e pode facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e comunica que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.

 

Etiquetas:
10/12/2018

Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta para este domingo, 16 de decembro, ao teito do concello de Tapia, ao pico Pousadoiro e á fervenza Cioyo.

A saída será ás 8:00 horas de Foz, no cruce da rúa Cervantes con Maestro Lugilde, e ás 8:30 horas de Ferreira. O último día para anotarse é o mércores 12. As inscricións poden facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, e no e-mail: ossendeiros@yahoo.es.

O prezo é 22 euros para os socios federados, 26€ para os socios non federados e 31 euros para os non socios. Inclúe o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

Colabora o Concello de Foz.

Etiquetas:
15/11/2018

O Concello de Burela ven de poñer en marcha unha ruta circular de sendeirismo. Ten unha lonxitude de máis de 16 quilómetros e percorre as praias, os paseos marítimos, as zonas xeolóxicas e o Monte Castelo, entre outras localizacións. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, salienta que é unha nova aposta pola atracción de turismo. O investimento ascendeu a 8.000 euros.

Fernández Rey anunciou que “imos inaugurar a nova sinalización dunha ruta circular que Pasada das Cabras, que é unha asociación de sendeirismo de Burela, nos tiña solicitada fai tempo. Puxémonos a traballar na delimitación deste espazo e despois de conseguir todos os permisos, que nos levou o seu tempo, hoxe xa podemos dicir que é unha realidade a sinalización desta ruta”.

O edil burelés explicou que “é unha ruta circular por todo o concello...

leer más