Xove
A ACD Xove organiza unha xornada de actividade multiaventura, que terá lugar o 9 de maio no RoqPark de Viveiro. Está pensada para nen@s e rapaces- zas, dende 1°de Primaria a 2° de BAC.
As actividades serán: circuitos árbores + Karts a pedais, con competicións e carreiras por equipos.
A inscricións poden facerse ata o 6 de maio en www.acdxove.com
Desde a ACD Xove sinalan que “a idea é a de pasar toda unha xornada no RoqPark, así como no Monte San Roque, con posibilidade tamen de organizar unha ruta de senderismo familiar (pais/ fillos), con subida o Penedo do Galo. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono: 618 97 61 59”.
As Letras Galegas deste ano están adicadas á poetisa Xela Arias. Como ven sendo tradicional o Concello de Xove organiza para celebrar esta data un Concurso destinado a nenos e xoves.
Dentro da Convocatoria hai dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a todos os nenos, nenas e rapaces do concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso poden optar libremente por:
-Realizar poesía: poemas de medida e tema libres.
-Escribir un relato ou conto: de tema libre.
-Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Xela...
O Concello de Xove presentou a XXX edición do Curso de Música de Semana Santa. No acto estiveron presentes o alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Cultura, Dolores Meitín, e do director do curso, Xan Carballal.
O curso vaise desenvolver dos días 27 ao 31 de marzo en horario de mañá e tarde. O concerto final celebrarase o mércores, día 31, no pavillón municipal de deportes de Xove, a partires das 18:00 horas.
Tanto para o curso como para o concerto haberá aforo limitado, segundo a normativa actualizada do Covid-19.
O curso, organizado por PrestoXove, será impartido polos profesores Nazaret Canosa e Saúl Canosa e consiste na aprendizaxe por medio do traballo dentro da orquestra, ofrecendo a posibilidade de que alumnos de diferentes niveis poidan participar, xa que se...
leer másHai uns días a Concellería de Cultura anunciou o fallo do Concurso de Caretas de Entroido dedicadas aos alumnos do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón.
Outra das actividades que Concellería de Cultura puxo en marcha dentro da Programación do Entroido foi o Concurso “CovidENTRÓIDATE 2021”.
Os disfraces presentados a este concurso tiñan que gardar relación co Covid-19. Desde a organización “pretendemos abrir un espazo imaxinativo que contribuíra, a través do humor, a superar estes tempos de incerteza e inquedanzas”.
Puideron participar no concurso e ser beneficiarios dos correspondentes premios calquera particular, a título individual ou familias, entendidas neste caso como unidade de convivencia (residencia no mesmo domicilio), aos efectos de respectar a normativa covid...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, vai celebrar o día da muller cunha homenaxe ás mulleres que colaboraron na confección de máscaras durante o estado de alarma.
Este acto vaise celebrar o sábado, 6 de marzo, ás 12:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove.
A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios deste concurso consisten en material escolar.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos...
leer másMañá, 1 de marzo, volven abrir as instalacións da Piscina Municipal de Xove, aínda que desta vez tamén vai abrir o Ximnasio Municipal.
Para poder acceder deberase facer unha reserva con cita previa chamando o teléfono 982 59 22 05. Para mais información tamén se pode chamar o teléfono móbil 609 13 43 20.
Os horarios da instalación serán de:
9:30h. a 14:00h. en sesión de mañá.
16:00h. a 22:00h. en sesión de tarde.
O número máximo de usuarios en cada quenda será de:
*12 persoas para a piscina,
* 6 persoas para o ximnasio.
Recentemente o Concello de Xove, acaba de equipar o Ximnasio Municipal con unha ventilación mecánica, composta de impulsores e extractores de aire, que ademais de renovar a totalidade do aire do ximnasio en poucos minutos...
leer másO Concello acaba de sinalizar a Senda Costeira de Xove, unha ruta costeira de máis de 18 km., que comeza na Área Etnográfica de Morás e remata no acceso á Praia de Portonovo.
A ruta, que transcorre por antigos sendeiros de pescadores de ribeira moi preto do mar, comparte algúns tramos coa Ruta dos Camiños Naturais do Cantábrico. Trátase dun circuíto lineal, podendo ser percorrida nos dous sentidos. Tanto no punto inicial coma no final colocáronse paneis informativos que conteñen información acerca dos diferentes puntos de interese, ademais de códigos QR para descargar a ruta mediante a aplicación Wikiloc a través dos dispositivos móbiles.
Toda a senda está perfectamente sinalizada; nas partes que comparte co Camiño Natural do Cantábrico, na que transita pola estrada con asfalto (Portocelo, Ceranzos), e nos novos...
leer másDesde o Concello sinalan: “sabemos das gañas que moitas persoas do concello e doutros lugares teñen de disfrazarse nestas datas carnavaleiras; cónstanos que hai moita afección en toda a Mariña a disfrazarse. Pois ben, aínda que sabemos que non é o mesmo que en tempos normais, para toda esta afección o Concello organiza para este ano excepcional un concurso de covidisfraces que quixemos denominar “CovidENTRÓIDATE”.
Os disfraces deberán gardar relación co Covid-19. Dende a organización preténdese abrir un espazo imaxinativo que poda contribuír, a través do humor, a superar estes tempos de incertidume e inquedanzas.
Poderán participar no concurso e ser beneficiarios dos correspondentes premios calquera particular, a título individual ou familias, entendidas neste caso como “unidade de convivencia” (residencia no...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e aos de ESO do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.
Cada concursante pode presentar unha ou máis caretas a este Concurso, iso sí, só poderá optar a un solo premio. Lóxicamente, dende o Concello o que pretendemos con este Concurso é potenciar a participación e creatividade dos nosos...
leer más












