Xove
O Concello de Xove, xunto coa asociación A Balea Verde, organizan a Camiñata Nocturna Perseidas, unha andaina para ver esta espectacular chuvia de estrelas, tamén coñecida como as lágrimas de San Lorenzo.
Esta ruta terá lugar o 12 de agosto, saíndo as 23:00 horas dende A Balea Verde, na Praia de Morás. Terá unha duración aproximada de dúas horas, e deberase levar luz frontal ou lanterna, bastóns e esterilla ou manta.
As prazas son limitadas, as persoas interesadas en acudir poderán inscribirse na OMIX ata o venres, 12 de agosto.
A Oficina de Turismo de Xove acolle desde este martes e ata finais de agosto a mostra “Mariñas, marosas e maruxainas”, formada por 16 retratos e outros tantos textos de traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña.
As fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de pescantinas, redeiras, mariscadores, percebeiras, empregadas de conserveiras, taberneiras ou labregas. Da mesma maneira, os textos, de autoría feminina, visibilizan as historias de vida doutras mulleres anónimas.
A mostra forma parte do proxecto “Amar a mar”, coordinado pola xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e impulsado pola Vicepresidencia da Deputaciónn de Luo polo 50 aniversario do Museo do Mar de San Cibrao,...
leer másMembros do Comité Organizador (Asociación de Festexos A Medorra) xunto co alcalde e a concelleira de cultura fixeron a presentación da IX Festa do Percebe de Xove, que despois do impás da pandemia, volve o 23 de xullo.
Sen dúbida, unha tradicional cita gastronómica na Mariña que fará as delicias dos xovenses e de todas as persoas que nos visiten por esas datas.
A IX Festa do Percebe dará comezo ás 12 da mañá na Praza do Concello. A xornada estará amenizada pola charanga Os Charangos e por unha disco móvil.
O Concello de Xove colabora coa organización deste evento gastronómico.
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso haberá unha única categoría. En canto aos premios, serán cinco en metálico:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros
Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser...
O próximo domingo, 12 de xuño, a ACD Xove está de aniversario, xa que cumpre 20 anos.
Como celebración de aniversario e como clausura desta tempada organizan unha xornada de lecer deportivo, á que están invitados os 242 alumn@s das Escolas Deportivas e Culturais, así como monitores, delegados e colaboradores.
Haberá unha andaina pola ruta dos muíños, un xantar campestre na área recreativa da Ponte do Carro para todos os participantes, ademais de xogos populares como zancos, carreiras de sacos, tiro á corda, chave, ranita e tamén inchables para os máis pequenos e pequenas, globoflexia, chapas e pintura, animación musical e xogos deportivos.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao 618 97 61 59
Hoxe presentouse a última publicación editada polo Concello de Xove: o libro Cruceiros, Cristo e Cruces do Concello de Xove, un exhaustivo estudio sobre estas figuras do noso patrimonio etnográfico. A obra está escrita por d. Mario Saavedra Pérez, mestre de profesión, cunha longa experiencia no traballo de campo. Como etnógrafo é integrante do Proxecto Carboeira, o cal ten como obxecto a localización, inventario e catalogación dos cruceiros da comarca da Terra Cha. Dende fai anos realiza a mesma labor de estudio e catalogación nos municipios da Mariña, tendo xa efectuado a catalogación dos cruceiros dos Concellos de Alfoz, Ourol, Valadouro, Mondoñedo e Xove.
A obra achéganos á figura dos Cruceiros e recolle un interesante catálogo co único cristo, as dezaseis cruces e os oito cruceiros inventariados no territorio de Xove. Recolle lendas...
leer másO 15 de maio terá lugar a 24 Feira de Gando Cabalar, que organiza a asociación A Medela, de Xove.
Todos os participantes que desexen inscribirse nas probas tanto na das de pola maña como nas da tarde terán ata o 11 de maio para anotarse.
Poderán facelo por correo electrónico en asociacionamedelaxove@gmail.com ou por whatsapp nos seguintes teléfonos: 690861415 ou 616631495
O 15 de maio de 9:30 a 11 horas será a apertura do recinto feiral para a presentación dos participantes e as medicións dos cabalos tanto de galope como de andadura. De 14 a 16 horas será o xantar e ás 20 horas terá lugar a entrega de premios e procederase a sortear un xato.
A XII edición do festival infantil da Asociación Cultural Saiñas celebrarase o sábado 9 de abril ás 18:00 no salón de actos do Centro Cívico de Xove. Con entrada libre ata completar aforo.
Ademais do grupo do colectivo anfitrión actuarán os da A. C. Arume, de Caión (A Laracha) e da A. F. O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante (Barreiros).












