Xove

Etiquetas:
29/01/2019

O municipal de Xove acollerá mañá un derbi mariñán sen precedentes, en cuartos de Copa Galicia. O Pescados Rubén Burela FS visitará o SD Xove FS, de Segunda B, ás 21.00 horas para buscar o pase a semifinais. 

O líder de Segunda LNFS terá que facer un alto no seu camiño ligueiro, coa visita de Bisontes Castellón este sábado a Vista Alegre (18.30 horas), para medirse ao sétimo de Segunda B. “Rompe un pouco a planificación á que estamos acostumados, pero é un reto moi bonito. Vai ser un partido complicado; xogaremos contra a gran motivación do Xove e contra moitos xogadores que pasaron pola base do Pescados Rubén. Nós temos que seguir na mesma liña, ser fieis na pista ao noso traballo da semana” explicaba o técnico laranxa, Juanma Marrube. 

O espectáculo está garantido nesta gran cita. “O de Xove é un pavillón...

leer más
Etiquetas:
25/01/2019

Unha nova iniciativa deportiva acaba de porse en marcha no Concello de Xove, denomínase XOVE COSTA TRIAL (XCT).

O día escollido para esta cita é o domingo, 24 de marzo. Nesta carreira imos ter dúas distancias: unha de 25 km (XCT25KM) e outra de 13 km (XCT13KM), así como unha ANDAINA DE 11 KM.

A saída desta carreira  farase dende o Cabo de Morás, transcurrindo pola costa de Xove, pasando por lugares tan atractivos coma a Illa de Sarón, Coto da Vela, Punta Merixe, Praia de Portocelo, San Tirso, Roncadoira, Ensenada de Coído, Punta Mansa, Praia do Muiñelo, etc. ata chegar ao Centro Cívico. O percorrido vai pasar polas seguintes parroquias do Concello: Morás, Portocelo, Xuances, Sumoas, Lago e Xove.

A concentración inicial  realizarase na Praza do Centro Cívico, onde os participantes...

leer más
Etiquetas:
04/01/2019

Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser a CABALGATA DE REIS mañá 5 de xaneiro. Os Reis pensaron “ano novo vida nova”  e decidiron este ano estrear carrozas en Xove. Pois ben, os Reis virán este ano nunhas relucientes e espectaculares carrozas ao noso Concello para facer a delicia de grandes e maiores.

Antes do GRAN DESFILE, mañá sábado pasarán, sobre as 18:00 horas,  a facer unha visita a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé  de Xove, levándolles un pouco de ledicia e ilusión aos nosos velliños. 

Ás 19:00 horas comezará o GRAN DESFILE onde estrearán as novas carrozas. Sairán os Reis dende as inmedicións do Campo de Fútbol de Xove, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por donde seguirán un bó tramo ata cruzar á dereita por Doutor...

leer más
Etiquetas:
28/12/2018

O Concello de Xove, a través do departamento de Investigación Social do Concello de Xove, elaborou o libro “Baleeira de Morás” dentro do proxecto Xove Mirando ao Mar.
 
Ata  o mes de agosto de 2015 atopábanse no noso concello os edificios que formaron parte da antiga factoría baleeira de Morás, que estivo en funcionamento entre os anos  1965 6 1977.
 
Este libro é unha  guía,  unha aproximación á historia da caza dos cetáceos, onde se  explica como rematou en Morás o último vestixio industrial baleeiro do Cantábrico e analiza o  seu impacto industrial na zona, as relacións laborais e as condicións das primeiras traballadoras asalariadas desta empresa no noso municipio.  Así como unha análise da biodiversidade e a conservación dos cetáceos. O libro recolle unha ampla reportaxe fotográfica de veciños e veciñas de Xove que traballaron na...

leer más
19/12/2018

O alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Cultura, Dolores Meití,  e varios directivos da Asociación Autoclásicos de A Mariña realizaron a presentación do Calendario 2019. 

O calendario está composto por fotos de todo o concello. En cada imaxe de cada un dos meses móstranse distintos vehículos clásicos (coches e motos)  pertencentes a distintos membros da asociación.

A realización deste calendario contou coa participación da Asociación de Autoclásicos da Mariña,  a quenes  dende o Concello de Xove lles  agradecen a súa  colaboración.

 

Etiquetas:
17/12/2018

O Concello de Xove inicia o seu programa de Nadal este venres, 21 de decembro, recibindo a Papá Noel, na Praza, entre as 19:00 e as 20:00 horas. Ademais haberá chocolatada gratuíta ata agotar existencias.

O sábado 22 ás 21:30 horas no Pavillón de Deportes celebrarase o VIII Concurso de Karaoke. O domingo 23 ás 19:00 horas haberá un concerto Sons de Celeiro.

O martes 25 ás 18:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico, haberá un baile de Nadal con Disco Nadal Dani Ríos. O mercores 26 ás 20:00 horas no Pavillón de Deportes proxectarase a película Los Pitufos 3. La aldea escondida. Tamén ese mércores ás 20:30 horas no Centro Cívico presentarase o vídeo Xove Emprende en galego, dirixido por Xacio Baño con Samuel Míguez, Marta Louzao, Fabián Ben, Iván González, Lucía Canoura e Ignacio Rodríguez. Ademais os días 26,...

leer más
Etiquetas:
12/12/2018

O Delegación de Cultura do Concello de Xove organiza a VIII edición do Concurso de Karaoke que se celebrará o sábado, 22 de decembro, ás 21:30 horas, no Pavillón Municipal de Deportes.

As bases e a relación de cancións para participar pódense recoller nas Oficinas Xerais do Concello ou no Departamento de Cultura. Tamén se poden enviar por e-mail ás persoas que o soliciten, e consultalas na páxina web do Concello: www.xove.es.

Os/as participantes que concursen cunha canción non incluída na lista da organización, teñen de prazo para inscribirse ata o día 14 de decembro, ás 14:30 horas. Para o resto o límite de inscrición remata o día 21 de decembro, ás 15:00 horas. As anotacións poden facerse presencialmente na Oficina do Técnico de Cultura, en horario de oficina, ou chamando ao...

leer más
Etiquetas:
07/12/2018

O I Torneo Badminton Concello de Xove celebrarase os días 28 e 29 de decembro no pavillón do CEIP Pedro Caselles.

O venres 28 desenvolveranse as categorías escolares benxamíns, alevíns, infantís e cadetes nas modalidades dobres (mixtos, masculino e feminino. O horario será de 16:00 a 21:00 horas. A inscrición é gratuíta, e os volantes plásticos. Haberá premios para o primeiro, segundo e terceiro clasificados por modalidade.

O sábado 29 terán lugar as categorías Open nas modalidades Dobres (mixto, masculino e feminino), en horario de 10:00 a 20:00 horas. O prezo da inscrición é 10 euros por xogador (2 modalidades) e 6€ por xogador (1 modalidade), inclúe seguros, refrescos e participación.

A inscrición está aberta ata o día 24 de decembro, pode facerse enviando un mail a...

leer más
Etiquetas:
09/11/2018

Este domingo, 11 de novembro, o grupo Torta de Millo de Guitiriz porá en escena a obra Innoveitin…ou algo. A representación terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove, ás 19:00 horas.

Trátase dunha comedia para todos os públicos, na que conta a historia dun grupo de xubilados e xubiladas que son convocados, case que obrigatoriamente, a asistir a unhas estrañas xornadas nas que deberán aprender a xestionar os seus anos de retiro. Teñen que adaptarse ao avellentamento activo, teñen que seguir traballando, nada do que fixeron ata o de agora é suficiente, pero tampouco están dispostos a entregarse facilmente. O seu plan é facerlles a vida imposible aos artífices de tan peregrina idea.

O grupo Torta de Millo naceu no ano 2013, no seo da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Guitiriz, sendo un...

leer más
Etiquetas:
02/11/2018

O grupo Metátese Teatro, de Palas de Rei, presentará este domingo, 4 de novembro, en Xove, a obra O Euromillón. A actuación terá lugar no Centro Cívico, ás 19:00 horas, e está incluída no programa Buxiganga, organizado pola Deputación de Lugo coa colaboración do Concello. A entrada é gratuíta.

Trátase dunha comedia para todos os públicos que aborda o complexo mundo dos programas de televisión desde a perspectiva teatral, e que busca facer reflexionar ao espectador sobre os valores da sociedade do século XXI.

O grupo Metátese xurdiu en 1992 coa pretensión de achegar o teatro contemporáneo a todos os públicos, bebendo das correntes máis vangardistas, para interactuar co público e captar o espírito da sociedade actual desde unha perspectiva crítica.