Charlas

21/04/2026

O Concello de Ribadeo, a través da área de Benestar Social, Saúde e Familia, pon en marcha un novo ciclo de charlas de saúde, que se desenvolverán desde o 28 de abril ata o 28 de maio nas distintas parroquias do municipio.

Estas sesións, impartidas por María Roel, enfermeira da área de Benestar do Concello de Ribadeo, levarán por título Coidando a quen coida e estarán centradas na importancia do autocoidado das persoas coidadoras. Trátase de “espazos pensados para parar, reflexionar e compartir experiencias arredor de cuestións clave como o manexo do estrés, as sinais de esgotamento, a comunicación coa persoa coidada, ferramentas prácticas de coidado e como pedir axuda cando é necesario”.

A concelleira de Benestar, Elena Sierra, destacou “a importancia de crear estes espazos para parar e coidar do propio...

leer más
17/04/2026

O colectivo Mariña Patrimonio organiza para o mércores 22 de abril ás 20:00 horas na Sala Multiusos da Casa do Concello de Viveiro a conferencia titulada A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía. A charla correrá a cargo de Rebeca Blanco Rotea e Francisco Alonso Toucido, arqueólogos responsables da escavación realizada en 2021 na Cova de San Xoán Vello, en Covas (Viveiro).

Mariña Patrimonio anuncia que “durante a conferencia daranse a coñecer os resultados da intervención arqueolóxica, así como os principais achados obtidos nos traballos de escavación. A actividade permitirá achegar ao público un mellor coñecemento da historia e do valor patrimonial deste enclave singular do litoral viveirense”.

Con esta iniciativa Mariña Patrimonio quere “contribuír á divulgación do patrimonio cultural...

leer más
17/04/2026

O venres 24 de abril celebrarse un encontro na Librería Bahía, de Foz, sobre a figura da homenaxeada este ano nas Letras Galegas, Begoña Caamaño, no que participarán a irmá da autora, Bea Caamaño, e a doutora en Filoloxía Galega María Liñeira.

Librería Bahía explica que Begoña Caamaño “é unha muller polifacética, traballou como xornalista tanto en medios escritos como na radio, autora de dúas novelas fundamentais na literatura galega contemporánea, sempre desenvolveu un activismo feminista tanto na súa faceta profesional como persoal que a converteu nun referente para o feminismo galego. Neste encontro pretendemos afondar na figura da homenaxeada e coñecer de man de dúas mulleres próximas a ela por distintos motivos, todas as súas facetas. Organiza o encontro o Club de Lectura A carón dos libros e está aberto a todo o público que queira...

leer más
Etiquetas:
17/04/2026

No marco do programa Nnabata o xoves 23 de abril de 10:00 a 12:00 horas terá lugar na Casa do Concello de Burela un faladoiro informativo sobre o proceso de regularización extraordinaria recentemente aprobado e lexislado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. A sesión contará coa participación de persoal técnico especialista de Arraianas, entidade coa que o Concello de Burela colabora neste programa.

O Concello de Burela anuncia que “o faladoiro require confirmación previa de asistencia a través dos números de teléfono 698.18.32.14 ou 982.58.06.09 co obxectivo de facilitar a planificación da actividade”.

Segundo explicou Mario Pillado, tenente de alcaldesa, “valórase a posibilidade de realizar unha segunda sesión no caso de que exista unha elevada demanda de participación. Trátase de...

leer más
Etiquetas:
17/04/2026

A parroquia de Xudán, no municipio da Pontenova, acollerá unha charla sobre estas telefónicas este sábado, día 18 de abril. Será ás 17:00 horas  na Escola de Xudán con entrada libre.

É unha actividade organizada pola asociación A Magdalena, de Xudán, que explica que a charla é para “aprender a detectar y evitar fraudes con la Guardia Civil”.

Etiquetas:
13/04/2026

Este martes, día 14 de abril, ás 19:00 horas o salón de plenos do Concello de Viveiro acollerá unha nova sesión do programa formativo dirixido ás familias. Nesta ocasión, a charla titulada Acompañando á puberdade. Cambios e desafíos será impartida por María González, matrona, quen “abordará esta etapa clave dende unha perspectiva práctica e próxima”, anuncia o Concello de Viveiro, que engade: “un espazo para informarse, reflexionar e adquirir ferramentas útiles arredor dunha etapa fundamental do desenvolvemento persoal”.

A entrada para asistir á charla é libre e gratuíta ata completar aforo.

10/04/2026

A Área de Benestar Social, Saúde e Familia do Concello de Ribadeo pon en marcha durante os meses de abril, maio e xuño un proxecto de sensibilización e apoio dirixido ás persoas coidadoras de dependentes, con especial atención ao alzheimer e a outros tipos de demencias.

O programa titulado Coidando ao Coidador incluirá charlas e obradoiros que serán impartidos por María Roel, enfermeira da Área de Benestar Social, Saúde e Familia. Estas actividades desenvolveranse durante os meses de abril e maio nas distintas parroquias de Ribadeo, cuxas datas concretas serán anunciadas proximamente.

Ademais, crearase un grupo de apoio mutuo en colaboración coa Asociación Cuiden Maiores e Coidadores. A concelleira Elena Sierra explica que se trata dun “proxecto piloto cunha duración inicial de tres meses, tras o cal se realizará...

leer más
08/04/2026

O Concello de Xove convoca a todas as persoas que habitualmente alimentan gatos na rúa en Xove Pobo e Palmeiro a unha reunión informativa, coa finalidade de dar a coñecer a nova ordenanza municipal en materia de xestión de colonias felinas. Será este venres, día 10 de abril, ás 20:00 horas na Aula de Formación do Concello de Xove.

O Concello de Xove explica que “esta normativa foi elaborada conforme a Lei, 4/2017 de Protección e Benestar dos animais de Galicia, e ten como obxectivo garantir unha convivencia adecuada, así como o benestar dos animais e a correcta xestión das colonias felinas no municipio. Durante a reunión explicaranse os principais aspectos do programa, así como os requisitos e procedementos para a obtención do carné de
coidador/a de colonias felinas. Así mesmo infórmase de que unha vez celebrada esta reunión non...

leer más
Etiquetas:
05/04/2026

A Aula de Formación do Concello de Xove acollerá un faladoiro sobre o uso das tecnoloxías o día 8 de abril, mércores, ás 19:00 horas.

O Concello de Xove explica que é un faladoiro en corresponsabilidade sobre o uso das tecnoloxías e límites conscientes no que se analizará o uso excesivo das tecnoloxías “non como o problema senón como síntoma de necesidades emocionais, relacionais ou de autorregulación non atendidas e estratexias para acompañar no uso dos dispositivos desde a corresponsabilidade”. Ademais anuncia: “pechamos o ciclo de Faladoiros en Corresponsabilidade! Tras o éxito das dúas sesións anteriores, chega a última cita deste ciclo tan enriquecedor. O vindeiro mércores 8 de abril celebraremos a terceira charla, na que seguiremos aprendendo ferramentas prácticas para mellorar as dinámicas familiares e educativas. Falaremos de...

leer más
Etiquetas:
24/03/2026

A Casa da Cultura de Foz acollerá unha charla sobre o cancro colorrectal este xoves, día 26 de marzo, ás 19:00 horas. Para asistir non é necesaria inscrición.

Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, que anuncia que na charla falarase “da importancia dos cribados, tratamentos e supervivencia”. Será impartida por Borja González Gómez (oncólogo da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos) e María Eugenia Rodríguez Barreiro (xefa de enfermería de cirurxía da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

“Desde a Asociación Española Contra o Cancro traballamos para impulsar a investigación en cancro de colon, e para garantir o dereito de todos a coidarnos colaborando na detección precoz do cancro. Actividade subvencionada pola Xunta de Galicia e X Solidaria”, rematan os...

leer más