Feira

26/09/2026

As feiras e festas de As San Lucas, que se celebran en Mondoñedo desde o ano 1156, serán deste o día 16 ata o 25 de outubro e comezarán co pregón do avogado Luis Rego Valcarce, que foi alcalde mindoniense do 1999 ao 2007. Será o venres 16 ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.

Na presentación do evento participou o deputado provincial Daniel García, que destacou que As San Lucas de Mondoñedo celebrarán do 16 ao 25 de outubro a súa edición 870 e “seguen sumando edicións como unha das feiras máis antigas das que se celebran en Europa”. No acto, celebrado no Concello de Mondoñedo, a Asociación As San Lucas de Mondoñedo presentou o cartel, deseñado por Diego Núñez, e desvelou o programa de actividades musicais, lúdicas e divulgativas que acompañarán a baixada dos cabalos do 17 e a feira tradicional de gando do 18, con concertos de The...

leer más
Etiquetas:
19/09/2026

Muras celebrará o 27 de setembro unha nova edición da Feira do Poldro e do gando do monte, co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O deputado provincial de Rural, Daniel García; o alcalde de Muras, Manuel Requeijo; a tenente de alcalde, Paula Gómez; acompañadas pola presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Muras, Fina Carballido, e de Carlos Fernández, gandeiro de Puraga, presentaron o programa da feira, que cumpre trinta e oito edicións.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explica que “ganderías das comarcas da Mariña e da Terra Chá e do resto do país traen os animais -gando cabalar e bovino- á feira do Alto da Gañidoira, que é un punto de compra e venda e tamén de encontro para o sector. Arredor da feira,  que abrirá ás 10.00 horas, desenvolveranse diferentes actividades de...

leer más
Etiquetas:
21/08/2026

Este xoves, día 20 de agosto, tivo lugar a inauguración e pregón da Feira do Libro de Foz, a cargo da escritora Abril Camino (Rocío Otero). A Feira do Libro de Foz, que estará aberta ata o domingo 23, está organizada pola Federación de Libreiros de Galicia e conta cun apoio de 5.500 euros do Concello de Foz -ademais da instalación da carpa de actividades e da actuación musical do cuarteto Xijie-, da Xunta de Galicia -que financia con 165.000 euros as 13 feiras que se celebran na Comunidade Autónoma- e de Vicepresidencia da Deputación de Lugo -que aporta 6.000 euros para as feiras de Lugo, Viveiro, Foz e Monforte-.

O Concello de Foz mantén “unha decidida aposta pola lectura: creando a sala de estudo, potenciando a Biblioteca Municipal coa recente reforma e con múltiples actividades e apoiando dunha forma decidida unha Feira do Libro que...

leer más
Etiquetas:
20/08/2026

Este xoves, 20 de agosto, arrancou a Feira do Libro de Foz, que se celebrará ata o domingo 23 agosto na Praza Conde de Fontao.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que colabora coa organización deste evento e explica que nove librarías e editoriais “sacan os libros a rúa durante catro xornadas nas que se desenvolverá tamén unha ampla axenda de presentacións, sinaturas de actividades de animación á lectura”.

O deputado provincial Daniel García participou no acto inaugural,  con pregón da escritora Abril Camino, Premio Xerais de Novela 2025 con Mulleres que viven xuntas, e actuación de Cuarteto Xijie. Na súa intervención, o responsable provincial reafirmou o apoio da Deputación á Federación de Librarías para organizar as feiras do libro da provincia e destacou “a importancia das librarías na vida cultural...

leer más
Etiquetas:
20/08/2026

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) de Burela celebra do 20 ao 22 de agosto a I Feira de Stocks, “unha iniciativa que nace co obxectivo de dinamizar as rúas comerciais, apoiar os establecementos locais e ofrecer á veciñanza e aos visitantes a oportunidade de atopar auténticos descontos”.

Baixo o lema Fóra Stocks Burela: as mellores oportunidades están na rúa, os días 20, 21 e 22 de agosto os comercios participantes sacarán parte dos seus produtos ao exterior dos establecementos, “creando un gran escaparate comercial nas rúas de Burela. Durante estes días, os clientes poderán atopar descontos de ata o 70 %, ademais de últimas unidades, produtos de tempada e oportunidades especiais preparadas polos diferentes establecementos”, explica ACIA Burela.

A iniciativa conta coa participación de 14 establecementos asociados a...

leer más
Etiquetas:
14/08/2026

O Concello de Xove anuncia que a feira de gando do San Bartolo “volverá reunir a tradición gandeira en Penas Agudas o luns 24 de agosto” e engade que “como cada ano e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais, o recinto feiral de Penas Agudas, na parroquia de Monte (Xove), acollerá a tradicional Feira de Gando do San Bartolo, unha cita xa consolidada no calendario festivo e gandeiro da Mariña lucense”.

A xornada dará comezo ás 10.00 horas coa recepción do gando no campo da feira. Durante a mañá desenvolveranse os tradicionais concursos gandeiros, nos que se premiará ao gandeiro ou gandeira que presente o maior número de reses cabalares e tamén ao que achegue o maior número de reses vacúas, “recoñecendo así o esforzo e a implicación dos profesionais do sector”, explica o Concello de Xove, que engade: “xa pola tarde...

leer más
Etiquetas:
13/08/2026

A Feira do Libro de Viveiro arrincou este xoves, 13 de agosto, con preto de medio cento de actividades nos xardíns de Noriega Varela. Trátase da undécima das citas do circuíto que a Xunta de Galicia impulsa en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia, e que está a percorrer 13 municipios galegos este verán dando lugar a máis de 80 días de actividade cultural.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou na inauguración e destacou “a eficacia deste formato para a consecución de dous obxectivos primordiais: fomentar a lectura entre a cidadanía e impulsar o sector do libro galego”. Tamén indicou que “dinamizan as vilas e cidades ao longo do estío, ampliando a súa programación cultural” e subliñou “o papel principal dos libreiros, que desenvolven unha variada programación, fomentan a interacción directa...

leer más
Etiquetas:
05/08/2026

O Concello de Viveiro inaugurará este venres, día 7 de agosto ás 17:30 horas a XLII Feira de Artesanía de Viveiro, “unha das citas máis consolidadas da programación estival”, que permanecerá aberta ata o 16 de agosto nos Xardíns Noriega Varela diariamente en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:30 a 22:00 horas.

“A feira reunirá unha trintena de postos de artesanía tradicional, nos que o público poderá coñecer e adquirir creacións de disciplinas como a cerámica, o téxtil, a madeira, a xoiería, a cosmética natural ou o vidro, da man de artesáns e artesás chegados de distintos puntos”, explica o Concello de Viveiro que ademais anuncia que “como novidade, a programación contará tamén cun stand efémero, que irá cambiando ao longo dos diferentes días da feira para dar visibilidade a novos proxectos artesanais, enriquecendo así a oferta...

leer más
Etiquetas:
27/07/2026

O Centro Comercial Histórico de Viveiro organiza unha nova edición da Feira de Stocks, unha iniciativa que chega este ano á súa XIII edición e que se celebrará os días 31 de xullo, 1 e 2 de agosto nas carpas instaladas nos Xardíns Noriega Varela.

A feira reunirá un total de once stands comerciais nos que os visitantes poderán atopar “unha ampla variedade de produtos de diferentes sectores, entre eles téxtil, calzado, deporte, moda infantil e xuvenil, complementos, xoiería, bisutería, agasallos e decoración”.

Os comercios participantes nesta edición son Complementos Sulian, Raquel Seijido, FyM Moda, Oscar Joyeros, Mimimó Moda, Cobelinha, Biá-Biá, Van Surf e Van Surf Sneakers, que achegarán ao público unha selección dos seus artigos con descontos especiais.

A XIII Feira de Stocks ofrece así...

leer más
Etiquetas:
07/07/2026

A décimo novena Feira Renacentista de Viveiro celebrarase os días 10, 11 e 12 de xullo cunha programación na que se incluirán o mercado, música, animación de rúa, espectáculos e actividades para o público infantil.

O Concello de Viveiro anuncia que “a Feira Renacentista será presentada o xoves 9 ás 20.00 horas nos Claustros de San Francisco. Nesta actividade participarán personaxes caracterizados de época que levarán a cabo una interpretación teatral. La avenida de Cervantes pecharase desde o venres para dar cabida ao os postos de venda. O ano pasado houbo 41 e este ano case noventa teñen confirmada a presenza na Feira Renacentista, polo que será necesario acondicionar máis espazo. A vía abrirase para servizos e tarefas de limpeza de 7.00 a 10.00 horas”.

“A xornada inaugural terá lugar o venres 10 de xullo....

leer más