Actividades

16/09/2026

O Teatro Pastor Díaz acollerá durante os meses de outubro, novembro e decembro unha programación cultural con propostas de teatro, circo, música, humor e maxia.

O Concello de Viveiro destaca que “a axenda inclúe espectáculos para público adulto, infantil e familiar, con compañías e artistas galegos como Carlos Blanco, Teatro ó Cubo, Pistacatro, Contraproducións ou Ártika Teatro”.

A concelleira de Cultura, Saray Ventura, destaca a variedade da programación e a presenza de propostas dirixidas a diferentes públicos: “quixemos preparar unha programación variada, con propostas para todos os públicos e diferentes disciplinas artísticas. O Teatro Pastor Díaz ofrecerá durante estes tres meses teatro, música, circo, humor e maxia, con espectáculos para desfrutar en familia e tamén para o público adulto. Animamos a veciñas...

leer más
14/09/2026

O Concello de Alfoz pon en marcha unha nova edición das actividades deportivas dirixidas á poboación adulta, cunha oferta que “combina propostas xa tradicionais con outras incorporadas nos últimos anos e que, tras a boa acollida, se consolidan dentro da programación municipal, como pilates e pádel”.

O prazo de inscrición permanecerá aberto do 15 ao 22 de setembro, podendo realizarse a solicitude a través da sede electrónica ou de maneira presencial na oficina de rexistro do Concello. As prazas son limitadas.

O Concello de Alfoz explica que “a programación inclúe ximnasia de mantemento, ioga, aeróbic, pilates e pádel. A ximnasia de mantemento desenvolverase os martes e xoves, de 18:30 a 19:30 horas, no Pavillón Municipal; o ioga, os luns e mércores, de 19:30 a 20:30 horas, na Escola de Nenos de Adelán; e o aeróbic...

leer más
Etiquetas:
13/09/2026

O Concello de Xove anuncia que o martes 15 de setembro abre o prazo de inscrición para as actividades de ocio e tempo libre da nova tempada que comezará no mes de outubro.

Haberá actividades como memoria e estimulación cognitiva, informática, manexo de móbil, ximnasia de mantemento, pilates, ximnasia na auga, bolillos, bordado e ioga.

A inscrición pode facerse a través da sede electrónica do Concello de Xove ou de forma presencial por rexistro na OMIX.

02/09/2026

O Concello de Ribadeo organiza contacontos, xincana, obradoiros educativo sexuais e cursos nos centros de ensino para afondar na igualdade e na diversidade. Será ao longo dos vindeiros meses. A programación foi presentada no Consello Municipal de Mulleres, que se reuniu este martes, 1 de setembro.

Do 16 ao 20 de novembro desenvolverase unha xincana contra a violencia de xénero para rapazas e rapaces de 1º e 2º da ESO. O contacontos Boti Boti destinado ao alumnado de educación primaria terá lugar do 23 al 27 de novembro.

Con motivo da celebración o 25 de novembro do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres o Concello convida aos centros educativos, asociacións de mulleres, colectivos e veciñanza a participar nun gran proxecto colaborativo. Trátase de crear un mural artístico de grande...

leer más
21/08/2026

Ribadeo afronta unha fin de semana de intensa actividade gastronómica coa I Feira do Mel, a Festa da Ría e a Carne ao Caldeiro de Remourelle este sábado, 22 de agosto, ademais do Mercado do Camiño.

A concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, subliñou que “o produto de calidade e de proximidade estará moi presente mañá, sábado, en Ribadeo e tamén en Remourelle. Na contorna da praza de abastos entre as 11 e as 21 horas celebrarase a I Feira do Mel con 17 postos chegados desde varios puntos da xeografía lucense. Haberá catas e un obradoiro de elaboración de velas de cera de abella. Ademais segue no parque de San Francisco o Mercado do Camiño de Santiago, que comezou este pasado martes e que se prolongará ata o vindeiro domingo, día 23, con diversidade de postos de artesanía e de produtos gastronómicos”.

A edil...

leer más
Etiquetas:
30/07/2026

A programación sociocultural do Concello de O Vicedo para o vindeiro mes de agosto inclúe oito actividades.

A  primeira é unha ruta en kaiaks polo río Sor o mércores 5 de agosto ás 10 da mañá, tomando como punto de partida o porto deportivo do Vicedo desde onde se trasladará aos participantes en vehículos ata Ribeiras do Sor para emprender dita baixada e regresar ao porto do Vicedo. A duración estimada é de 2 horas; o prezo, 20 euros (materiais e transporte incluídos) e as inscricións poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95 ou do correo electrónico omix@concellodovicedo.org. As prazas son limitadas.

O sábado 8 agosto ás 10 horas haberá a actividade titulada Río Sor, remansos de paz y biodiversidad, que consistirá nun paseo pola ruta...

leer más
17/07/2026

O programa Verán na Praza, impulsado polo Concello de Lourenzá, continúa o vindeiro mércores, 22 de xullo, con dúas actividades “pensadas para desfrutar do verán en familia e seguir dinamizando a vida social e cultural da vila”. Son paseos a cabalo e unha ruta nocturna a pé.

A primeira cita será ás 19:00 horas na Praza do Conde Santo, coa actividade infantil A cabalo en Lourenzá, organizada pola Asociación Cabaleiros de Lourenzá. “Durante dúas horas os nenos e nenas poderán gozar de paseos a cabalo e participar en diferentes actividades relacionadas co mundo ecuestre, nunha proposta lúdica e educativa que lles permitirá achegarse aos cabalos dunha forma divertida e segura. A actividade está pensada para o público infantil e as súas familias e é de carácter gratuíto”, explica a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, que...

leer más
30/06/2026

O Concello de Burela, no marco da Estratexia de Saúde, pon en marcha unha nova programación de actividades de verán gratuítas na Casa da Xuventude, que se desenvolverá entre o 13 de xullo e o 27 de agosto.

A programación distribuirase ao longo da semana con diferentes actividades. Os luns estarán dedicados aos xogos populares e tradicionais, “unha proposta que, ademais de recuperar xogos tradicionais, pretende servir como representación das diferentes culturas presentes na vila”.

Os martes será a quenda da Robótica, “unha actividade que combina ocio con aprendizaxe sobre tecnoloxía. Os mércores terá lugar Fútbol na Rúa, que contará cunha estrutura circular instalada no exterior da Casa da Xuventude para que a mocidade poida gozar desta actividade ao aire libre”.

A programación continuará...

leer más
23/06/2026

A Deputación de Lugo abriu o prazo para que todas as persoas interesadas poidan inscribirse na nova programación de actividades gratuítas e de lecer que organiza a institución provincial para este terceiro trimestre do ano. O calendario inclúe 12 propostas que tratan de fomentar o lecer saudable e a educación ambiental nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionadas pola propia Deputación. A programación estenderase dende o 16 de agosto ata o 3 de outubro e inclúe un total de 190 prazas para toda a veciñanza.

As actividades na Reserva Terras do Miño iniciaranse a semana do 31 de agosto ao 4 de setembro co obradoiro Rematando o verán, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 15 prazas e está dirixido a nenos e nenas.

A...

leer más
28/05/2026

O Concello de Lourenzá organiza o programa de actividades de dinamización infantil Tempo de lecer. Está destinado a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2022. E desenvolverase desde o día 22 de xuño ata o 4 de setembro de 9:00 a 14:00 horas, aínda que tamén haberá servizo madrugadores, de 8:00 a 9:00 horas.

O Concello de Lourenzá explica que este programa inclúe “obradoiros, xogos cooperativos, xincanas, saídas, actividades interxeracionais e moita diversión para desfrutar das vacacións facendo amizades e aprendendo”.

As bases para solicitar praza e os formularios están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Lourenzá.