Deportes

Etiquetas:
09/01/2018

A empresa BeOne, que xestiona a piscina municipal de Ribadeo, ten en marcha neste mes de xaneiro unha campaña de captación de socios que ofrece vantaxes como matrícula sen custo e a posibilidade de gozar de todas as instalacións do centro gratuitamente durante un día. Ademais os que entren na web beone.es/xuntos poderán conseguir un mes de balde.

As instalacións de BeOne en Ribadeo, que están na rúa Pintor Fierros, contan con “tres zonas: unha de auga cun espazo dedicado a zona spa, unha sala onde se dan actividades en seco e un ximnasio de musculación cunha parte de tonificación e outra de cardio”, explica o director do centro, Javier Canel, quen engade que “intentamos que as actividades da sala estean dirixidas á maior cantidade de usuarios, desde xente moi nova ata os máis maiores. Hai varios tipos de ofertas, con intensidades altas, ...

leer más
Etiquetas:
09/01/2018

A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza para o sábado, 13 de xaneiro, unha ruta polas Fragas do Eume no Camiño da Ventureira. O percorrido é de 8 quilómetros e dificultade baixa. A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela.

O prezo é de 20 euros para os socios e 25€ para os non socios. Inclúe autobús, comida e seguro. Para asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504, antes do xoves 11 de xaneiro ás 20:00 horas.

A organización recomenda levar calzado apropiado e bastón xa que a metade da ruta é próxima ao río polo que é esvaradía.

 

Etiquetas:
28/12/2017

O vindeiro 30 de decembro terá lugar o II Trofeo Solidario Praias de Barreiros CD de fútbol sala, que disputarán o CD Cubelas FS, o Trabada FS, o CDE Marino das Figueiras e o anfitrión. Os partidos darán comezo ás catro da tarde. A final está prevista para as 20:00 horas e ás nove da noite será a entrega de trofeos. 

Segundo explican desde o Praias de Barreiros “este maratón está feito para a recollida de alimentos non perecedoiros que se doarán ao Banco de Alimentos do Concello barreirense. Durante a xornada do Trofeo as persoas interesadas en participar nesta campaña poderá facer as súas doazóns desde as tres da tarde ás nove da noite no pavillón municipal de Barreiros”. E engaden que “xa desde o luns e ata mañá de 10 a 13 horas e de 17 a 21 está en marcha esta campaña”.

O II Trofeo Solidario está organizado...

leer más
Etiquetas:
26/12/2017

O Calendario Laranxa 2018 xa está á venda. Seguindo o lema desta tempada, "O Voso Legado, A Nosa Historia", o almanaque fai un repaso polos momentos máis destacados da traxectoria da Familia Laranxa, con especial protagonismo para a afección.

Un ‘dream team’ histórico, alá por 2003, con Juan Palmeiro, Beto, Bruzos, Julio Delgado, Bruno Soriano, Betiño e Sabá dá a benvida a 2018, un ano que tamén lembra a gran simbiose do brasileiro Renatinho coa Bancada Laranxa, o premio para a Mellor Afección de Prata (2007-08), o ascenso feminino a Primeira (2008-09), a primeira Copa de España que acolleu Vista Alegre (2011), o dobrete das Campioas (2012-13), as grandes xestas de Copa de España para o equipo masculino en Cidade Real e Guadalaxara (2015 e 2016), así como o título de Supercopa 2015 e Liga 2015-16 para as pupilas de Lucas e Julio Delgado....

leer más
Etiquetas:
26/12/2017

Despois de tres anos, a Fundación Imdecum recupera na súa programación de promoción de fútbol sala de base o Trofeo do Nadal Mariñán. Un total de 7 equipos, e 4 clubs, das categorías Biberón e Prebenxamín daranse cita mañá, 27 de decembro, no pavillón Vista Alegre de Burela.

ED Lourenzá, Santiago de Foz, Escolas Celeiro-Xove FS e Pescados Rubén Burela FS divertiranse ao grande sobre o parqué a partir das 16.00 horas con 9 partidos por diante. Todos os participantes recibirán o recoñecemento na cita cunha medalla, no acto de clausura, previsto para as 21.00 horas.

 

Etiquetas:
24/12/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, deseñou un nova edición do programa Xuventude no Nadal, dirixido aos mozos e mozas de entre 12 e 25 anos.

A edil de Xuventude, Dolores García Caramés, achegouse ata o IES Marqués de Sargadelos para presentarlles as actividades aos rapaces, que se desenvolverán os días 26, 27, 28 e 29 de decembro,

En concreto, o martes 26 de decembro, a partir das 17:00 horas, no Pavillón da Veiga, haberá volei 3x3, baloncesto 3x3 e fútbol 3x3; ademais de pádel e ultimate; que é un deporte de equipo que se xoga con frisbee.

O mércores 27 de decembro, tamén a partir das 17:00 horas, no Pavillón da Veiga, os rapaces poden practicar sumo e loita, divertirse no rocódromo, na pista americana, nos karts a pedais, na barredora, no toro ou coa zorb ball....

leer más
Etiquetas:
14/12/2017

Foi presentada a segunda edición da Run Foz Run Nadal, que terá lugar o día 24 deste mes. Participaron no acto  Manuel Eiras e Marcos Loureiro, do Club Atletismo Ría de Foz, e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

Na presentación explicaron que “na proba haberá diferentes categorías para que todas as persoas que o desexen poidan participar, desde pícaros ata veteranos C. Tanto a saída como a meta será a Praza Rosalía de Castro e a distancia para a carreira absoluta será de 5 quilómetros. A primeira saída será ás 16:30 horas para a categoría dos/as máis pequenos/as e a absoluta iniciarase ás 17 horas”.

Tamén comentaron que “o ano pasado a participación superou todas as expectativas e agardamos que este ano se sumen máis a esta tarde de deporte con gran ambiente festivo, antes de sentarse á mesa coa familia”.
 ...

leer más
14/12/2017

O Concello de Cervo acollerá o sábado 23 de decembro, véspera de Noiteboa, o X Campionato de Nadal de Nihon Taijitsu, nas modalidades de Kata e Combate, neste útimo caso na categoría adulto.

O evento foi presentado polo rexedor cervense, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e o presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.

O escenario da competición, que comezará ás 17:00 horas, será o Pavillón da Veiga de San Ciprián, 

Xa confirmaron a súa asistencia os campións galegos de todas as categorías; así estímase que serán medio cento os participantes, entre nenos e adultos, os que competirán no tatami instalado para a ocasión no Pavillón da Veiga; dos cales o...

leer más
Etiquetas:
13/12/2017

A Deputada Provincial pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, xunto ao Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, mantiveron este mércores un encontro con alumnos do programa de ximnasia de mantemento do municipio, co que colabora o organismo provincial.O Goberno da Deputación achega 8.000 euros para a organización de cinco actividades a través das Escolas Deportivas Deportivas Municipais: patinaxe, ximnasia, ioga, fútbol sala e ximnasia de mantemento, nas que participan 85 veciños e veciñas.

García Bermúdez subliñou que “achegamos 8.000 euros ao Concello de Alfoz para a organización de diferentes actividades a través das Escolas Deportivas facilitando a práctica deportiva a veciños do Concello de todas as idades. Facémolo porque consideramos que investir en deporte é investir no benestar dos lucenses. Neste sentido cómpre subliñar que a...

leer más
13/12/2017

O Concello de Cervo, coa colaboración da Asociación Anxuela, organiza a III Carreira San Silvestre que sairá da Praza dos Campos o 31 de decembro, día de fin de ano; como é tradicional.

Así o anunciou o edil de Deportes do Concello de Cervo, José Ramón Soto, na presentación do evento, que tivo lugar na Praza dos Campos de San Ciprián; na que estivo acompañado polas edís de Xuventude e Servizos Sociais, e os rapaces que colaboran na organización da cita deportiva.

A saída está prevista para as 11:30 horas da Praza dos Campos. As inscricións anticipadas pódense formalizar ata o día 30; chamando ou enviando un whatsapp ao número de teléfono 691.65.66.00 ou un correo electrónico a sansilvestre@gmail.com. Os participantes poderán anotarse tamén ese mesmo día, na Praza dos...

leer más