Deportes
Este domingo, día 4 de agosto, ás 11:00 horas haberá en Viveiro unha marcha de 5 quilómetros, con saída dende Fonte de Covas e chegada na Praza do Náufrago, en Celeiro, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.
A organización anuncia que “ao finalizar a marcha obsequiarase aos asistentes cun tentempé e todo o recadado neste evento irá destinado a seguir mellorando a vida dos pacientes con cancro e as sÚas familias, e impulsar a investigación oncolóxica para conseguir un 70 por cento de supervivencia no ano 2030. ¡Inscríbete en https://enmarcha.contraelcancer.es/.../viveiro-en-marcha... e disfruta...
leer másOs Sendeiros de Foz invita a todos os interesados a participar no seu próximo andareiro de verán que terá lugar o sábado, 3 de agosto. A saída será ás 9:00 horas desde a Capela do Carme.
A participación é gratuíta para os federados, mentres que os non federados deberán abonar unha cota de 5 euros. A dificultade da ruta é media, polo que se recomenda levar equipo adecuado de sendeirismo.
Para anotarse e obter máis información, os interesados poden chamar aos teléfonos 670369017 e 606718482, ou enviar un correo electrónico a ossendeiros@yahoo.es. É obrigatorio anotarse antes do venres, 2 de agosto.
A falta de 20 días para a súa celebración xa hai máis de 270 inscritos para participar na VI Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explica que “este evento deportivo terá lugar o 17 de agosto. A categoría de cativos desenvolverase ás 20 horas no parque de San Francisco, os infantís e cadetes sairán ás 21:30 horas desde o faro, e a carreira absoluta partirá ás 21:45 horas desde Rinlo. Nestes momentos hai máis de 270 inscritos e agardamos incrementar esa cifra ao longo dos vindeiros días”.
O edil ribadense subliña que “esta carreira é de grande importancia tanto a nivel deportivo como turístico, xa que discorre grande parte polo litoral ribadense. Os participantes poderán gozar dunhas vistas envexables”.
A VI Carreira Nocturna está organizada...
leer másO CB Burela organiza un torneo de baloncesto 3x3 para os días 2 e 3 de agosto, venres e sábado, na Praza da Mariña.
Será masculino e feminino nas categorías sénior, U18, U16, U14, U12 e U10. Haberá 2.800 euros en premios e celebraranse concursos de mates, triplas e habilidades.
As persoas interesadas en máis información sobre este evento deportivo poden contactar coa organización a través do correo electrónico presidentecbburela@gmail.com ou do teléfono 637.56.23.48.
Las instalaciones del Real Club Náutico de Ribadeo acogieron la presentación de la XXXIV Semana Náutica, que tendrá lugar del 4 al 17 de agosto.
En el acto intervinieron el presidente del RCNR, Pablo Fernández, el diputado de Recursos Sostenibles de la Diputación de Lugo, Fran Cajoto, y el alcalde de Ribadeo, Dani Vega.
Habrá trofeos de vela libera, tradicional y crucero. El 6 de agosto tendrá lugar una jornada educativa sobre la protección del fondo marino, a cargo del Club Actividades Subacuáticas Illa Pancha. Y el día 7 bautismos de buceo, con CAS Costa de Lugo.
Para el 17 de agosto está previsto un concurso de pesca y la entrega de trofeos de la Semana Náutica. Ya el día 20 será cuando se celebre la tradicional Zalea a Abres.
Pablo Fernández anunció que el...
leer másO Concello de Cervo anuncia que a piscina de Río Cobo “será o escenario dunha divertida actividade acuática con motivo da Festa da Maruxaina:
Experiencia Sereas e Tritóns”. Esta actividade será o xoves 8 de agosto e está destinada a crianzas de 6 a 13 anos.
Está organizada pola Federación Española de Actividades Subacuáticas, coa colaboración do Concello de Cervo.
As persoas interesadas en máis información sobre esta actividade poden contactar coa organización a través do teléfono 629.08.35.48.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega a San Cibrao a terceira regata da Copa Deputación de Piragüismo, impulsada pola área de deportes coa participación dos clubs e da Federación Galega de Piragüismo. A proba, que se celebra este domingo 28 de xullo, está organizada polo Club de Piragüismo San Ciprián.
Na proba competirán 195 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia -Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo-. As saídas faranse de forma escalonada e por categorías a partir das 10.00 horas e ata as 11.30 horas.
O Vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro convidou ás afeccionadas e afeccionados a seguir a regata incluída na...
leer másViveiro acollerá o día 8 de agosto, xoves, a VIII Carreira Popular de Viveiro #TodosConAdry, que servirá para homenaxear ao atleta Adrián Ben no marco das Olimpíadas de París 2024.
O día 8 desde ás 20:00 horas na Praza Maior celebraranse as carreiras nas categorías Pitufos (2017 e posteriores); Sub10 (2015-2016); Sub12 (2013-2014); Sub16 (2009-2010); Sub14 (2011-2012), e Absoluta (2008 e anteriores).
A alcaldesa, María Loureiro, convida á veciñanza "a participar neste evento, que conta con categorías para todas as idades co obxectivo de promover o deporte para toda a familia".
Loureiro quixo desexar "todos os éxitos a Adrián Ben nesta nova cita olímpica, na que de seguro fará, como sempre, unha actuación espectacular".
Máis información en...
leer másHoxe foron presentados os Trofeos Emma Cuervo, que organiza o Ribadeo FC coa colaboración do Concello e da Xunta. Ao acto desenvolvido esta mañá acudiron, entre outros, os concelleiros de Deportes e Obras, Francisco José Silvent e Diego Dos Santos, o técnico municipal de Deportes, Iván López, e o xefe provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero.
A 73 edición do Emma Cuervo Masculino terá lugar o 6 de agosto ás 19:00 horas. O trofeo será disputado entre o CD Arenteiro e a SD Ponferradina.
E a cuarta edición do Emma Cuervo Feminino celebrarase o 31 de agosto ás 18:00 horas. Xogarán o partido o Atlético Villalonga e o Real Oviedo Feminino.
O Concello de Cervo abriu a piscina de Río Cobo este luns, 22 de xullo, e a instalación permanecerá aberta de luns a domingo, en horario de 15:00 a 21:00 horas, ata o día 31 de agosto.
Coa apertura da piscina de Río Cobo, o Concello de Cervo “incrementa a súa oferta de ocio nesta tempada estival con múltiples alternativas para desfrutar de Cervo e de todo canto pode ofrecer á veciñanza e ás persoas que nos visiten”.












