Deportes
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola ruta dos Viñedos de Belesar, no concello de Chantada, para o 13 de abril, sábado. A distancia a percorrer son 10 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 10 de abril, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Miguel). O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.
O Concello de Cervo vén de dixitalizar o proceso de reservas da piscina olímpica municipal a través do enlace Espacios deportivos | Reservas de Espacios Deportivos - Concello de Cervo, que permite ás persoas usuarias formalizar o acceso de 10 bonos ou a entrada libre, previo pago a través desta plataforma, simplificando así todo o proceso.
Así o avanzou a rexedora, Dolores García Caramés, que recorda que neste mesmo espazo virtual tamén se pode reservar o acceso ás pistas de pádel e á pista de atletismo do complexo deportivo da Veiga, neste último caso as persoas usuarias deberán estar federadas e poderán reservar de xeito gratuíto a súa franxa horaria e recoller posteriormente a chave na piscina municipal.
Segundo explicou a alcaldesa “levamos tempo traballando nesta extensión da páxina web do Concello, co...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 14 de abril, domingo, a ruta dos Faros, desde Malpica, na Costa da Morte. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 45 euros para socios federados, 50 euros para socios non federados e 55 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 11 de abril e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Acisa e o Ribadeo FC poñen en marcha unha nova campaña na que sortearán 800 euros en vales de compra
Acisa e o Ribadeo FC únense para poñer en marcha unha nova campaña na que sortearán 800 euros en vales de compra.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explica que “con esta campaña o Ribadeo FC pretende recadar fondos para a súa entidade e Acisa premiar aos gañadores do sorteo con vales de compra para poder usar no comercio e na hostalaría asociados. Para participar é necesario comprar algunha das rifas que dende o Ribadeo FC poñerán á venda dende hoxe. E importante destacar que os ingresos producidos pola venda das rifas son integra e exclusivamente para o Ribadeo FC. O prezo de cada rifa é de 2 euros. As editadas están numeradas do 1 ao 3.000. Queda reservado á organización o dereito de ampliar o numero de rifas editadas para a realización do sorteo en caso de que as ventas sexan exitosas. As rifas poderán mercarse desde hoxe e ata o...
leer másRibadeo acollerá a Gladiator Family con carácter solidario o 28 de abril. O importe das inscricións desta proba de obstáculos infantil será doado integramente á Cruz Vermella ribadense.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “a carreira está dirixida a nenas e nenos de 3 a 11 anos. O diñeiro das inscricións será doado á Cruz Vermella de Ribadeo”.
O edil ribadense contou que “a proba, que está patrocinada por Banco Mediolanum a través do proxecto Mediolanum Aproxima, terá lugar o 28 de abril a partir das doce da mañá na praza de España. Nenas e nenos, acompañados dun adulto, disfrutarán dun día en familia facendo deporte, no que se enfrontarán a distintos obstáculos en dous percorridos, un de 500 metros para as idades comprendidas entre 3 e 5 anos, e outro de 900 metros para nenas e nenos...
leer másEsta fin de semana tivo lugar a presentación da carreira popular das praias á que acudiu a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o concelleiro de deportes, Dani García, xunto con membros da asociación organizadora A.C.D. Praias de Comado aos que lles agradeceron a “súa implicación en promover o deporte, especialmente entre a rapazada e, por crear un evento atractivo para Barreiros no que participan persoas de todas as idades”.
O evento deportivo conta con tres modalidades; ás 11:30 horas na praia de Altardarán comezo as probas infantís, á mesma hora, 11:30 terá lugar a saída da andaina desde a praia de Arealongaconchegada na praia de altar percorrendo todo o litoral barreirense. Xa, ás 12:00 horas, tamén na praia de Arealonga, terá lugar a saída da proba absolutana cal as e os participantes deberán salvar unha distancia de 9 km de area...
leer másO Vicedo acollerá unha carreira desde O Fuciño do Porco ata a praia de Caolín este domingo, 31 de marzo. Este evento deportivo está organizado pola Peña Ciclista Lar e o prazo de inscrición remata este mércores, 27 de marzo.
Haberá andaina, trail curto e trail longo. Os participantes serán trasladados en autobús desde o peirao de O Vicedo e ao finalizar as probas haberá duchas e pinchada no polideportivo de O Vicedo.
O Iberia Club de Fútbol anuncia que “chega o evento que a familia branquiazul agarda cada ano por estas datas, a nosa comida baile. Será o xoves 28 de marzo nos Colexios Vellos de San Miguel. Despois do éxito da pasada edición, onde pasamos a horario diúrno repetimos formato. Tamén como o ano pasado, antes do propio xantar haberá sesión vermú con DJ e bar aberto dende as 13horas”.
A organización do evento engade que “haberá sorteos, sorpresas e sobre todo un gran ambiente de festa nun ano ademais no que cómpre celebrar a traxectoria dos dous equipos, o sénior e o xuvenil, que están facendo unha gran tempada nos dous casos e que como non pode ser doutra maneira estarán representados pola práctica totalidade de ambas plantillas e corpos técnicos”.
As tarxetas para participar poden comprarse nos bares de San Miguel e a calquera...
leer másLa localidad de Ribadeo volverá a acoger el próximo 29 de septiembre la carrera de obstáculos Heroican Race. El evento fue presentado hoy en el Concello por representantes de la organización y de la empresa promotora Grupo BeOne: Marcos Pérez, Director de Carrera, Roberto Ramos, Director General de la compañía; y Matías Gago, Director de Producto e Innovación. Además contó con la presencia de varios representantes del Concello de Ribadeo, colaborador del evento: Daniel Vega, Alcalde de Ribadeo; Francisco José Silvent, Concejal de Deportes; y de Iván López; Técnico Municipal de Deporte.
La Heroican Race de Ribadeo será la IV edición de esta carrera que ya se celebró dos veces en la localidad y una tercera en Figuierido (Pontevedra). Los participantes de esta prueba tendrán que superar ocho kilómetros cargados de obstáculos que pondrán al...
leer másEste sábado, 23 de marzo, celebrarase a vixésimo sexta edición do Torneo Concello de Ribadeo de ximnasia rítmica, que organiza o club local Porta Norte.
Será no pavillón polideportivo municipal ribadense novo, situado na Avenida de Luarca. Na xornada de mañá, a partir das 09:15 horas, disputarase a Fase Norte Interescolar e pola tarde, desde as 16:00 horas, terán lugar as competicións de conxuntos niveis escolar, promoción e pre-base.