Deportes

Etiquetas:
12/05/2024

Presentouse no entorno das praias de Caolín e Vidreiro a cuarta edición do Trail do Vicedo, acto que contou coa presenza do alcalde, José Jesús Novo Martínez; membros do Club Lar Trail e Montaña, coorganizadores do evento; e Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, impulsora deste trail. O evento terá lugar o domingo 19 de maio.

A organización anuncia que “igual que os anos anteriores hai tres probas: un trail de 25 quilómetros, outro de 15 quilómetros e unha andaina, tamén de 15 quilómetros, que discorren por unhas paraxes espectaculares como son o entorno do Fuciño do Porco, as praias de Area Grande, Xilloi, Caolín e Vidreiro. Hai que destacar algunhas novidades respecto a outras edicións: acúrtase o trail longo a uns 25 quilómetros; hai varios tramos novos, sobre todo no inicio do trail longo e en zonas da costa onde se pasa máis cerca do...

leer más
Etiquetas:
12/05/2024

Os días 25 e 26 de maio, sábado e domingo, celebrarase en Riotorto a segunda edición do Trail e Andaina Os Muíños. Esta proba está organizada pola Asociación de Veciños da Ferreira e o Concello de Riotorto.

O sábado día 25 será a andaina, de 14 quilómetros, a partir das 16:00 horas. E o domingo 26 ás 09:30 horas comezará o trail longo, que percorrerá un traxecto de 27 quilómetros, e o trail corto sairá ás 10 da mañá e será de 17 quilómetros.

As inscricións para participar poden realizarse ata o 21 de maio en www.galitiming.com.

10/05/2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa unha nova edición da Copa Deputación de Piragüismo, unha liga provincial de seis regatas, que se celebrarán en  Portomarín, Ribadeo, San Cibrao, Viveiro, Foz e Lugo entre maio e setembro.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o deputado de Mocidade, Daniel García, presentaron a competición en Foz, xunto a representantes do Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo e da Federación Galega de Piragüismo.

A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs de augas tranquilas da provincia a posibilidade de participar en competicións...

leer más
Etiquetas:
07/05/2024

O pavillón municipal de Ribadeo, situado na Avenida de Luarca, acollerá este sábado, día 11 de maio, o segundo Randori Judo Lugo, competición que contará con 180 participantes.
Este evento deportivo está organizado por Judo Lugo, Concello de Ribadeo e Federación Galega de Judo e D.A.

O segundo Randori Judo Lugo disputarase nas categorías infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e minis. As competicións iniciaranse as 10:15 horas.

Na presentación do evento participaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; o xefe territorial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; o técnico municipal de Deportes, Iván López; e o director técnico do club Judo Lugo, Iván Carballeira.

O concelleiro de Deportes ribadense destaca que “eventos...

leer más
07/05/2024

A Escudería A Pontenova acaba de presentar o cartel da décimo primeira edición da carreira automobilística Subida A Pontenova, que se disputará os días 6 e 7 de xullo deste ano 2024.

É unha proba do Campionato Galego de Montaña e a Federación Galega de Automobilismo destaca que é “unha das carreiras con mellor trazado e seguridade de todo o certame”.

06/05/2024

A sexta edición do Rally Mariña Lucense celebrarase os días 10 ,11 e 12 de maio. Será a cuarta proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2024.

Constará de 4 treitos diferentes, todos eles a dobre pasada,
tendo un total de 280,94 quilómetros, dos que 88,56 son cronometrados.

A súa base estará no concello de Viveiro e transcorrerá tamén polos municipios de O Vicedo, Ourol, Cervo e Xove.

05/05/2024

A Pontenova acollerá o día 11 de maio, sábado, a décimo quinta edición da Concentración de Sendeirismo que organizan o Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas.

Os participantes percorrerá a nova ruta das minas, de 10,1 quilómetros e con dificultade media.

As actividades empezarán ás 09:30 horas coa concentración na Praza dos Fornos dos participantes, que sairán ás 10:00 horas cara ó comezo da ruta. Para as 14:35 horas está previsto o remate da andaina e o xantar, a base de bolos de liscos, bolos preñados, sobremesa e bebidas. E ás 16:00 horas haberá sorteo de agasallos entre os participantes.

Para participar hai que inscribirse previamente e o prazo remata o 9 de maio.

Etiquetas:
02/05/2024

Hoxe tivo lugar a presentación do agardado "Campus de Verán Fundación Celta by Cabreiroá 2024" no Concello de Barreiros. O evento contou coa presenza da alcaldesa, Ana Ermida; e o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Dani García, xunto co coordinador da Fundación Celta de Vigo, Manu Gómez, e membros das directivas dos equipos locais colaboradores.

Dirixido a nenos e nenas de 4 a 16 anos, tanto do municipio como doutras localidades, o campus ofrece a oportunidade de mellorar a súa formación futbolística a través das metodoloxías lúdico-educativas de adestramento da canteira do RC Celta. Ademais, fomenta valores como o compañeirismo, a superación, xunto cunha educación integral.

O campus desenvolverase en Barreiros do 29 de xullo ao 2 de agosto, nos campos de fútbol dos equipos locais, Celta de...

leer más
30/04/2024

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, anuncia que o Maratón Autonómico Urbano 2024 de Special Olympics Galicia celebrarase o día 25 de maio no municipio. O evento convocará, entre participantes e organización, a unhas 350 persoas.

Este maratón está organizado por Special Olympics Galicia, promovido pola Asociación de Pais de Persoas Con Discapacidade Intelectual de Viveiro (ASPANANE), e coa colaboración da federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual FADEMGA - Plena Inclusión Galicia, do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo.

... leer más
Etiquetas:
28/04/2024

A asociación Terras de Lourenzá organiza un fin de semana de rutas de sendeirismo do xoves 16 ao domingo 19 de maio, pola montaña palentina, en Cervera de Pisuerga. Farán tres rutas (venres, sábado e domingo), de diferente distancia e dificultade.

A saída será o xoves ás 16:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 13 de maio, chamando ao teléfono 647.06.70. 54 (Javier). O prezo é de 230 euros para os socios do colectivo organizador e de 280 euros para os que non o son. As prazas son limitadas.