Deportes

31/08/2024

A primeira edición do torneo de balonmán 5x5 Concello de Viveiro celebrarase o sábado 7 e o domingo 8 de setembro no Pavillón Municipal de Viveiro, no cal participarán rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos en dúas categorías: sub 12 e sub 16.

Está organizado polo Club Balonmán Viveiro e o torneo é de participación libre. A data límite de inscrición dos equipos é o domingo 1 de setembro.

 

Etiquetas:
30/08/2024

Do 16 ao 30 de setembro estará aberta a inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno do Concello de Ribadeo. En total son 12 as disciplinas ofertadas: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hockei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica. 

O 16 de setembro darán comezo as escolas de fútbol e bádminton. O 18 será a quenda para o baloncesto, o día 23 iniciaranse as escolas de atletismo e fútbol sala e o día 30 a de tenis de mesa. 

Xa en outubro o día 1 comezarán a escolas de ximnasia rítmica e patinaxe, o 3 empezará a de hockei liña,  o 4 as de tenis e  natación e o 7 de outubro a de pádel.

As inscricións deben realizarse na Casa da Xuventude.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a...

leer más
Etiquetas:
30/08/2024

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta o domingo, 8 de setembro, para todos os afeccionados á natureza e ao sendeirismo. Nesta ocasión, será ata As Xanas, en Proaza, Asturias, para percorrer unha ruta de 8 quilómetros, de dificultade fácil e con traxecto lineal (ida e volta).

O prezo para participar é de 35 euros para os socios e 45 euros para os non socios, incluíndo o autobús, a comida e o seguro. A saída realizarase ás 8:00 da mañá dende a estación de autobuses de Burela. Recoméndase aos participantes levar bastón e calzado adecuado para garantir unha experiencia máis segura e cómoda.

As inscricións pódense realizar a través do grupo de WhatsApp da Asociación ou chamando aos números 666609875 e 676023177, antes do xoves 5 de setembro.

... leer más
Etiquetas:
30/08/2024

Será ás seis da tarde no Campo Municipal Pepe Barrera. O Atlético Villalonga e o Real Oviedo (2 equipos de 2ª RFEF) mediranse neste trofeo organizado polo Ribadeo FC.

Desde o club local subliñan que “volve o fútbol feminino a Ribadeo, un trofeo que chegou para quedarse”. 

Etiquetas:
29/08/2024

O Concello xovense presentou o tradicional Torneo Concello de Xove de Fútbol, que terá lugar o sábado 31 de agosto ás 18:15 no Campo Municipal de Fútbol de Xove. No acto de presentación estiveron presentes Demetrio Salgueiro, alcalde do Concello de Xove, Cristina Iglesias, concelleira de Deportes, e Antonio Meitín, presidente da Unión Deportiva Xove-Lago.

Este torneo enfrontará ao equipo local UD Xove-Lago contra a UD Folgueiro, nun partido que promete emoción e competitividade. A entrada ao evento será gratuíta para todos os asistentes.

Ademais, o domingo 1 de setembro ás 19:00, tamén no Campo Municipal de Xove, disputarase un partido entre a UD Somozas e o Viveiro FC. Para este encontro, a entrada será gratuíta para os socios, mentres que os non socios deberán abonar un prezo de 10 euros.

 

Etiquetas:
29/08/2024

O evento foi presentado esta mañá co Campo de San Francisco con asistencia do alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o xefe comercial de La Voz de Galicia en A Mariña e Ferrol, Luis García, o técnico municipal de Deportes, Iván López, así como representantes das empresas colaboradoras. 

A concentración dos participantes está prevista para as 10:30 horas das inmediacións da Casa do Concello. E a saída está prevista para as 11 da mañá. Haberá camisetas de regalo para todos os participantes, así como outros agasallos doados por BeOne, Decathlon, Deportes Docobo, La Moda Sport, Cerezo Bikes, Pillabikes, Club Ciclista Eo e Hola Ola. 

O Día da Bicicleta conta co patrocinio de Vegalsa. A xornada está promovida por La Voz de Galicia e RadioVoz. 

Desde a Concellería...

leer más
27/08/2024

As Escolas Deportivas de Lourenzá e o Concello organizan a vixésimo quinta edición do Día da Bici, que se celebrará estes venres, día 30 de agosto.

A saída do percorrido en bicicleta será desde a Praza do Conde Santo ás 17:00 horas, con destino á Cazolga, para facer un traxecto de 12 quilómetros, no que é obrigatorio usar casco. As inscricións para participar faranse na Praza do Conde Santo a partir das 16:00 horas.

Etiquetas:
26/08/2024

O Concello do Vicedo organiza unha subida do río Sor en kaiaks para este mércores, día 28 de agosto, ás 10 horas.

O percorrido partirá do porto do Vicedo, cruzando a ría, pasando por debaixo das pontes sobre o Sor, visitando a Illa de San Martiño, en Negradas, e rematando, río arriba, nas Ribeiras do Sor. A volta realizarase en vehículos da empresa Actividades Estaca.

As inscricións para participar poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95 ou do correo electrónico omix@concellodovicedo.org.

25/08/2024

O domingo 1 de setembro celebrarase no Campo Municipal de Alfoz unha festa para presentar a nova tempada futbolística.

A apertura de portas do evento será ás 14 horas e haberá unha sesión vermú coa actuación musical de Carta de Ajuste, coas súas versións de temas dos anos 80 e 90. Ao remate seguirá o DJ local Julián Gómez.

Ás 18 horas a festa seguirá dentro do térreo de xogo, cun partido amigable do CD Alfoz ante o CD San Ciprián.

 

Etiquetas:
22/08/2024

O día 30 de agosto, venres, volve o Torneo Celtas Praias de Foz, coa oportunidade de ver por primeira vez esta pretempada ao Club Baloncesto Río Breogán, de ACB, que se enfrontará a un equipo da máxima categoría inglesa, o Surrey Scorchers. Será ás 19:00 horas no pavillón Torques de Marzán.

As entradas están á venda desde este xoves, 22 de agosto, na tenda Megabyte Informática, da vila focega.