Deportes
O vindeiro sábado, 20 de abril, os pavillóns de Ribadeo acollerán as finais provinciais de fútbol sala do programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte.
Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes, contou que “a xornada arrincará no pavillón grande (da Avenida de Luarca) ás 10 da mañá, onde se disputarán 4 semifinais. Para as 14:00 horas está previsto o xantar. E xa pola tarde a partir das 16:00 horas terán lugar as finais e o partido para decidir o 3º e o 4º posto. No pavillón pequeno (situado na rúa Alfredo Deaño) haberá varios partidos entre as dez da mañá e as catro da tarde”.
O edil ribadense explicou que “a cerimonia de entrega de premios terá lugar ás 20:00 horas no pavillón da Avenida de Luarca. En total daranse cita en Ribadeo 160 xogadores de oito equipos procedentes de Guitiriz, Burela,...
leer másViveiro acollerá este sábado, día 20 de abril, o Campionato Galego Junior de Taekwondo, que terá lugar no pavillón polideportivo municipal.
O evento foi presentado nun acto que contou coa participación da alcaldesa, María Loureiro. Participaron tamén Amaya Vilar, presidenta da entidade organizadora, ACD Ujeong; o xefe do servizo provincial de Deportes, Manuel Otero Méndez; e o presidente do Centro Deportivo Jansu e representante da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Quintana.
María Loureiro sinala que “é unha marabillosa noticia que este evento deportivo de ámbito galego se desenvolva na nosa vila. Dende o Concello seguimos traballando por apoiar e impulsar todo tipo de deportes no municipio, que son ademais o mellor xeito de promover un estilo de vida saudable”.
Ribadeo acollerá do 9 ao 29 de xullo unha concentración da selección de baloncesto U18 feminina. No pavillón municipal España enfrontarase a Hungría, Croacia e Polonia nun Torneo Internacional preparatorio para o Campionato de Europa do 18 ao 20 de xullo.
Ata Ribadeo se desprazaron representantes das Federacións Española e Galega de Baloncesto: Julio Bernárdez, presidente da FEGABA, Susana Fernández, directora xeral da FEGABA, José Ignacio Hernández, director deportivo da FEB, e Nacho Jiménez, coordinador de seleccións da FEB. No Concello mantiveron un encontro co alcalde, Dani Vega, co concelleiro e co técnico de Deportes, Francisco José Silvent e Iván López, e co presidente do CB Ría de Ribadeo, José Ramón Vázquez.
Silvent comentou que “estamos encantados de volver traer baloncesto de primeiro nivel a Ribadeo...
leer másA Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe a presentación da carreira por montaña polos montes de Viveiro Camovi – Gran Premio Xacobeo, que chegará á súa 13ª edición a vindeira fin de semana – sábado 20 e domingo 21 de abril –. A Administración galega patrocina un ano máis esta cita, organizada polo club deportivo Camovi.
A secretaria territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, participou na presentación xunto co xefe do servizo de Deporte, Manuel Otero; a xefa da área de Turismo, Paloma Vázquez; o presidente da Camovi, Felipe Martínez; un dos organizadores da carreira, Horacio Albo; ademais de representantes doutras institucións implicadas no evento.
A carreira suma 900 inscritos nas distintas modalidades: distancias de 42, 21 e 10 quilómetros; carreira de remudas de 42 quilómetros; andaina e Camovi Kids,...
leer másEste luns abre o prazo de solicitude das bolsas para pilotos de rally que convoca a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. As achegas están dirixidas a deportistas federados nalgunha das federacións oficiais de automobilismo, de calquera categoría, nas modalidades de rally de asfalto, terra e montaña e vehículos históricos, e con residencia na provincia.
As bolsas oscilan entre os 300 e os 2.500 euros, dacordo cos resultados acadados polas persoas solicitantes nas probas disputadas nos campionatos galegos, estatais e internacionais, do posto acadado na clasificación xeral do Campionato Galego e da participación nas probas do Campionato Galego que se disputan na provincia de Lugo – Rally da Mariña, Rally San Froilán, Subida a Chantada e Subida á Pontenova, tal e como se recolle nas bases dispoñibles, xunto aos formularios de solicitude, na...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, participará o 27 de abril, sábado, nunha marcha en apoio á Senda do Navia, que se celebrará no municipio asturiano de Illano.
Os Sendeiros explica que “habrá dos rutas fáciles, una de 6 kilómetros y otra de 10. Tendremos bolsa de avituallamiento, comida de confraternidad y baile”.
A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 19 de abril e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
... leer másO pavillón municipal de Ribadeo acollerá o 27 de abril unha exhibición de Jiu-Jitsu Xaponés. Será a partires das 19 horas.
No evento deportivo participarán alumnado e profesorado das Escolas de Ribadeo e Vegadeo. A exhibición está organizada pola asociación EO DO Jiu Jitsu Comarca del Eo e FEJJYDA coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Participaron na presentación o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico de Deportes, Iván López, e Miguel Ángel Villanueva, presidente da asocicación EO DO Jiu Jitsu Comarca del Eo.
Hai uns días deu comezo a actividade de Surf dentro das nosas Escolas Deportivas Municipais. Esta actividade será impartida por monitores de La academia del surf, empresa barreirense que desenvolve a súa actividade na praia de Coto.
Desde a organización sinalan: “se tedes ganas de que a vosa rapazada se suba á onda do surf e goce do mar aínda estades a tempo. Podedes inscribilos nesta actividade acudindo ao Concello e cubrindo a ficha de inscrición alí mesmo. Esta actividade prolongarase durante os meses de abril, maio e xuño con: 1 hora á semana (30€/mes) ou 2 horas á semana (45€/mes), a escoller no momento da inscrición”.
Para máis información as persoas interesadas poden consultar as bases na web municipal, no apartado de deportes ou directamente a través desta ligazón. Tamén nas oficinas municipais dan máis...
leer másO club focego Os Correcamiños 4x4 organiza o campionato de supercross Memorial José María Michelena que se disputará en Alfoz o 14 de abril, domingo.
Esta proba será válida para o Trofeo Galego de Supercross e para o campionato asturiano deste deporte.
O prezo da entrada é de 5 euros, pero os nenos e nenas poderán acceder gratis.
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a ruta de Poncebos a Bulnes, en Asturias, o sábado 13 de abril. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son. Inclúe autobús e seguro. Para a comida pódese levar bocadillo para comer durante o camiño, pero tamén hai restaurantes na zona. A saída será ás 07:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade moderada, con 9 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
A organización explica que “este roteiro levaranos, nun curto pero intenso paseo, dende Poncebos ao típico pobo de Bulnes, en pleno corazón dos Picos de Europa, a través da Canal do Texo, un impresionante desfiladeiro formado por un antigo glaciar que partía da...
leer más