Deportes

11/09/2024

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme e San Miguel presentaron a oferta de actividades que programarán para esta tempada que dará comezo no mes de outubro.

Ambas entidades traballaron de forma coordinada nas últimas semanas co obxectivo de non solapar propostas de actividades na medida do posible para facilitar así a inscrición e a conciliación das familias do municipio.

Por un lado, o Concello de Barreiros presenta as actividades deportivas para crianzas e adultos, un total de 13 disciplinas, 7 para as crianzas e 6 para as persoas adultas. Como novidades inclúense as actividades de Karate e Skate, coa que se busca complementar os meses anteriores á oferta de Surf por ter unhas características similares ambas disciplinas. As outras disciplinas serán atletismo, fútbol sala, natación...

leer más
Etiquetas:
11/09/2024

A pasada media noite pechouse o prazo de inscrición para participar na X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar este sábado, 14 de setembro. A cifra é de récord, en palabras do concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent. 

O edil ribadense asegurou: “estamos moi contentos cos datos de inscrición na X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Pechamos a inscrición esta noite con 937 corredores e corredoras, que é un auténtico récord para esta proba”.

Silvent subliñou que “cada ano son máis os atletas que se animan a participar na media maratón Ribadeo-As Catedrais. Moitos veñen acompañados das súas familias ou de amigos e pasan a fin de semana na nosa vila, co que iso supón para os hoteis, para os restaurantes e para o comercio. Deporte e turismo van moi unidos nestes eventos deportivos, que contribúen á...

leer más
10/09/2024

O día 21 de setembro, sábado, a partir das 18:30 horas terá lugar a sexta edición da carreira Mondoñedo Monumental, que organiza o Concello mindoniense. Todas as probas terán saída e chegada na Praza da Catedral.

A entrega de dorsais será a partir das 16:00 horas. Ás 18:30 empezará a carreira de cativos (non competitiva para nenos e nenas nacidos no 2017 e anos posteriores), nunha distancia de 200 metros. Ás 18:35 saíra a sub-10 (para nenos e nenas nacidos nos anos 2015 e 2016), cunha distancia de 950 metros. Ás 18:45 empezará a sub-12 (para nenos e nenas nacidos nos anos 2013 e 2014), nunha distancia de 1.900 metros. Ás 19:05 sairán as de sub-14 e sub16 (nenos e nenas nacidos desde o 2009 ata o 2012), cunha distancia de 2.850 metros. E ás 19:15 horas será a saída da carreira absoluta.

Etiquetas:
09/09/2024

Desde este mércores e ata o domingo, día 15 de setembro, disputarase o III Torneo de Pádel Concello de Viveiro. Haberá varias categorías: Primeira Masculina, Segunda Masculina, Terceira Masculina, Mixta e Feminino.

Na presentación do campionato participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o segundo tenente de alcalde, Xesús Fernández, e membros do Club de Pádel Ego de Viveiro.

 “O pádel é un deporte en auxe moi practicado por persoas por todas as idades en Viveiro”, asegura a alcaldesa, María Loureiro, que agradece o traballo do Club de Pádel Ego de Viveiro.

 

Etiquetas:
09/09/2024

Praias de Comado organiza a oitava edición do Trail Monte Comado, en Reinante, que se celebrará o 13 de outubro.

A proba terá as distancias de 26 km. 1400+ e 12 km. 700+. As persoas interesadas en participar poden obter máis información e inscribirse en www.maiskmmsbarreiros.gal ou www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com. 

O Concello de Barreiros coorganiza esta actividade coa que colaboran a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, Deporte Galego e Protección Civil de Barreiros.

 

Etiquetas:
09/09/2024

Medela MTB organiza a segunda edición de Mini BTT o domingo 29 de setembro.

A prova terá lugar no Polígono de Cuiña en San Ciprián-Cervo a partir das 10:00 horas.

As persoas interesadas poden inscribirse na web da Federación Galega de Ciclismo e obter máis información no facebook medelamtb.

O Concello de Cervo colabora na organización deste evento así como Rodabell, Cerezo Bikes e a Federación Ciclismo Galego.

 

Etiquetas:
09/09/2024

A A.D.C. Alboi de Viveiro organiza o Trail Penedo do Galo. A proba terá lugar o domingo 22 de setembro.

O Trail Penedo do Galo consistirá en 15 km. de andaina, 750 mt+, 18´5 km. de trail e 850 mt+.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición en www.galitiming.com e obter máis información no whatsapp 603 34 89 37, no correo electrónico alboiadc@gmail.com, en facebook AdcALBOI e en instagram adcalboi.

O Concello de Viveiro e Protección Civil colaboran na organización desta actividade.

 

Etiquetas:
09/09/2024

O campo do Árbol do Valadouro acollerá o vindeiro sábado, 14 de setembro, un torneo de fútbol base organizado pola Concellería de Deportes do Valadouro e a AD Río Ouro, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O deputado de Mocidade Daniel García, o concelleiro de Deportes do Valadouro, EliseoTeijeiro, e representantes do club organizador presentaron o torneo, que reunirá máis dunha vintena de equipos das categorías alevín, benxamín e prebenxamín de clubs de Lugo e Asturias e que será un dos primeiros en celebrarse na provincia tras o parón da actividade competitiva e de adestramentos que supón o verán.

O deputado Daniel García valorou “a colaboración entre o concello e ao club para organizar este evento e para ofrecer ás nenas e nenos do concello alternativas de ocio saudable ao longo do ano”e incidiu...

leer más
Etiquetas:
07/09/2024

Xove celebrará o Día da Bicicleta o día 22 de setembro, domingo, desde as 11:00 horas.

A organización do evento anuncia: “o día 22 de setembro de 2024 ás 11 da mañá vamos celebrar o Día da Bici en Xove. As inscricións serán antes da saída e todos os menores de idade necesitarán unha autorización paterna. Para os máis maiores será un percorrido duns 10 quilómetros e para os pequenos farase unha pequena ruta circular. Tamén contaremos con estruturas de pump track na Praza do Concello antes da ruta e haberá un avituallamento ó rematar a ruta e un sorteo”.

Etiquetas:
06/09/2024

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o xerente da piscina municipal, Martín Rodríguez, presentaron hoxe, venres, os cursos e as actividades deportivas que haberá este curso nas instalacións.

“Mantemos todos os cursos de natación para os nenos e ampliamos as actividades dirixidas ás persoas maiores”, asegura María Loureiro, que considera “prioritario ofrecer aos veciños e veciñas a posibilidade de practicar actividades para manterse en forma”.

Natación Infantil ofertase para nenos e nenas nados entre 2019 e 2020, mentres que Natación Nenos será para os nados entre 2011 e 2018. As escolas ofertaranse para os nados entre 2018 e 2009.

A preinscrición farase de maneira presencial e posteriormente sortearanse as prazas. Cada neno poderase pre-anotar nun único grupo e asignaráselle un...

leer más