Eventos
O 17 de xullo o pavillón Torques de Marzán, en Foz, acollerá un workshop de danza que impartirán os bailaríns Iago Alonso e Pablo del Pozo.
Segundo subliñan desde a Concellería de Xuventude e Deportes “estes dous profesionais achegarannos á danza clásica, moderna, urbana e contemporánea nunha completa xornada que se iniciará ás once da mañá e rematará ás sete e media da tarde”.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 652 508 534 (Iago).
O Concello de Barreiros anuncia que, ademais dos roteiros en kaiak recentemente anunciados, tamén organizará rutas ambientais guiadas a pé por un tramo da marxe da Ría do Masma. Serán os días 16 e 30 de xullo e 13 e 27 de agosto.
Serán gratuítas para os/as participantes e discorrerán polo trazado do Camiño Natural do Cantábrico dende a praia de Altar ata a ponte do tren situada pouco despois da Lagoa dos Patos completando unha distancia aproximada de 8 quilómetros (ida e volta) a realizar nunhas tres horas.
Durante o percorrido, acompañado por un/unha guía especializado/a, poñerase o foco na importancia deste ecosistema cunha ampla diversidade de tipos de hábitats e de especies de flora e fauna propios destes humidais. Tendo en conta que esta ría constitúe un dos puntos estratéxicos de Galicia para a observación...
leer másEste domingo, 27 de xuño, arrinca a XX edición do Mercado dos Domingos. Na cita, que organizan o Concello e A Sucadoira, participarán 14 produtoras e produtores da zona. Na presentación o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, lembrou que se celebrará na contorna da praza de abastos todos os domingos de 9 a 14 horas desde o 27 de xuño ao 10 de outubro.
O edil ribadense explicou que “o Concello de Ribadeo organiza o Mercado dos Domingos en colaboración coa Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira. Trátase dun mercado de produtoras e produtores da nosa zona, que pon en valor a economía de proximidade, que potencia o consumo de tempada e saudable, que coida do medio e que beneficia, loxicamente, a nosa economía local e apoia e dinamiza a vila de Ribadeo”.
Pablo Vizoso contou que “este mercado...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este xoves no paseo lucense do Rato o programa de Actividades Fluviais que a institución provincial porá en marcha este verán en 10 concellos da provincia.
Na rolda de prensa estiveron presentes tamén a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e alcaldes, alcaldesas e representantes municipais da maioría das localidades nas que terán lugar estas accións de lecer. En concreto, asistiron os rexedores de Alfoz, Jorge Val; Guitiriz, MarisolMorandeira; Láncara, Darío Piñeiro; Navia de Suarna, José Fernández; Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico; e Trabada, Mayra García Bermúdez; e o tenente de Alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro.
As Actividades Fluviais son totalmente gratuítas e están dirixidas a un...
leer másA Concellaría de Igualdade organiza o 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI, diversas actividades que terán lugar no parque de San Francisco destinadas a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos. Haberá unha ximkana, un mural creativo, marionetas diversas, obradoiros de pulseiras creativas e flashmob. Para a xente moza e adulta está programada unha proxección no Teatro ás 20:00 horas. Ademais na Casa do Concello lucirá, desde hoxe, a bandeira LGTBI.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, contou que “a Concellería de Igualdade, con motivo da conmemoración o 28 de xuño do Día Internacional do Orgullo LGTBI, vai desenvolver unha serie de actos para evidenciar que Ribadeo é unha vila que acolle e que respecta a todas as persoas. Como ben di o lema que escollemos este ano, Por un Ribadeo de cores, no que cada quen será o que...
leer másO 1 de xullo, xoves, comeza unha nova edición das visitas guiadas gratuítas organizadas polo Concello de Viveiro. Ese día consistirá nun percorrido no Vivertren de Covas a Celeiro. O venres 2 será polo casco histórico, o sábado 3 farán unha ruta polo monte San Roque e o domingo 4 haberá un percorrido no Vivertren ao Souto da Retorta.
Para participar nesta actividade gratuíta, que se desenvolverá todos os días ata o 30 de setembro, é necesaria reserva previa e o aforo é limitado. As saídas son ás 11:00 horas desde a estación de autobuses de Viveiro.
Os interesados en obter máis información e facer a reserva poden facelo a través do correo viveirovisitas@gmail.com ou do teléfono 634.631.641.
Hoxe foi inaugurada en Ribadeo a oficina de información ao peregrino. Esta actuación forma parte dun dos obxectivos do obradoiro dual de emprego RibadeoXCamiño, que botou a andar en decembro. A instalación estará atendida polo alumnado do devandito obradoiro de luns a venres. De luns a mércores o horario será de 10:30 a 15:00 horas e os xoves e venres de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 horas.
Na súa intervención o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, manifestou que “eu recuperei unha parte da presentación que tivéramos alá polo mes de decembro, cando se iniciara o obradoiro e recordo que nos marcábamos dous obxectivos, un deles era o deseño, planificación e desenvolvemento da oficina de información ao peregrino e o por outro lado, o centro de interpretación do Santuario das Virtudes, ao mesmo tempo que se buscaba, ao ser un...
leer másO Concello do Valadouro organiza unha nova edición do seu Ludiverán. Será do 5 de xullo ao 31 de agosto. As actividades están orientadas a rapaces e rapazas nados entre os anos 2009 e 2017 e terán lugar entre as dez da mañá e a unha do mediodía.
Terán preferencia, sempre por rigorosa orde, os que se inscriban entre os días 21 a 25 de xuño. Desde o Concello recomendan que a inscrición se faga preferentemente por medios telemáticos (sede electrónica ou e-mail cultura@valadouro.gal). Se non fose posible farase en persoa nas oficinas da Casa da Cultura con cita previa no 982571516 ext.1 de 10:00h. a 14:00h e de 16:00 a 20:00h de luns a venres.
Bases e modelo para a solicitude https://bit.ly/3zzWH8F
O Concello de Riotorto organiza o Campamento de Verán 2021, dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos. Vaise desenvolver do 2 ao 7 de agosto.
As persoas interesadas poden inscribirse na Casa do Concello, no número de teléfono 982 346 222, ata o 30 de xullo. O número de prazas é limitado a 30 participantes. O prezo é 30 euros para os empadroados no concello e 50 para os non empadroados.
A actividade terá lugar dos días 2 ao 7 de agosto (ambos incluídos), en horario de 10:00 a 14:00.
No campamento, adaptado á normativa actual fronte ao covid 19, desenvolveranse obradoiros, excursións, xincanas, multideporte, busca do tesouro e outras sorpresas.
A Casa do Concello laurentina acolleu esta mañá a presentación das dúas novas audioguías ficcionadas para Lourenzá e Alfoz, que se unen ás que levan uns anos de percorrido en Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Trátase dun proxecto da Mancomunidade de Concellos da Mariña no que colaboran a Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, na súa intervención dixo que “dende a Mancomunidade vense traballando na dinamización e promoción da Mariña Lucense como un destino turístico rico e diverso do norte de Galicia, onde produtos asociados a un turista curioso, respectuoso e sensible co territorio como son é turismo slow, aplicado ao turismo cultural, de natureza, gastronómico, entre outros, funcionen como produtos tractores da demando turística ao territorio”.
Cajoto sinalou...
leer más












