Eventos

Etiquetas:
05/02/2021

Debido á actual situación de pandemia o IES de Foz vese obrigado a adiar o que sería o XIV Campionato Internacional de Baristas, que se viña celebrando todos os anos. Co fin de facer algo simbólico e non perder o espírito barista, dende a organización do evento decidiron facer unha serie de videoconferencias orientadas a Escolas de Hostalería os días 10, 11 e 12 de febreiro, entre as 09.00 e as 12.10 horas. 

Estas actividades serán emitidas por Webex en aberto e tamén se gravarán para que aqueles que non poidan conectarse nese horario poidan visualizalas máis tarde. O alumnado do centro asistirá ás
charlas dende as súas aulas, sempre mantendo os protocolos COVID.

A dirección do IES de Foz destaca que “o evento contará cun total de 12 relatores, que a través de charlas relacionadas co café achegarán un pouco...

leer más
Etiquetas:
04/02/2021

Satisfacción en Ribadeo tras coñecerse que é o pobo máis popular da provincia de Lugo. Os datos aparecen recollidos nun estudo de Musement, elaborado a partir do volume de buscas en Google, no que propón unha visita aos 50 pobos máis populares  de todo o estado.

Musement sinala que a pandemia do covid19 e as limitacións da mobilidade durante o 2020 influíron de xeito notable no incremento do turismo de proximidade, que seguirá a ser unha tendencia neste ano que se acaba de estrear. Foron moitos os que optaron por redescubrir as súas cidades de residencia habitual e outros moitos os que buscaron pequenos paraísos lonxe das multitudes, pero cerca dos seus fogares. O pobo máis buscado da provincia de Lugo foi Ribadeo. 

O alcalde, Fernando Suárez, declarou que “realmente é unha satisfacción poder ver que nestes...

leer más
01/02/2021

A escritora, profesora da Universidade de Vigo e estudosa especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, Rexina Rodríguez Vega (Rexina Vega), foi designada como Cunqueiriana de Honra de 2021. Así o decidiu este sábado 30 de xaneiro por maioría a comisión designada a tal efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, entidades promotoras da distinción, durante unha reunión telemática na que os membros deliberaron despois de que cada un presentara unha candidatura e a promovera de forma argumentada.

Entre os sobresaíntes méritos intelectuais que Rexina Vega atesoura como estudosa e investigadora da obra de Álvaro Cunqueiro, a comisión quixo destacar o gran número de publicacións que desde fai30 años a ensaísta viguesa deu a coñecer en torno á vida e obra do autor mindoniense. Así, referiu títulos coma a súa guía de lectura...

leer más
Etiquetas:
27/01/2021

A Rede Museística reforza a programación en liña para manter a súa actividade de difusión da arte e do patrimonio malia o peche ás visitas presenciais, seguindo as restricións anunciadas pola Xunta de Galiza ante o avance da pandemia.

Os museos provinciais inician este mércores un proxecto pensado para todos os públicos con relatos mediados, ao vivo, a través dos seus perfís en Facebook. A proposta inclúe parladoiros, escape rooms, obradoiros e xogos que levarán ás usuarias e usuarios a coñecer as diferentes coleccións e salas dos museos.

As sesións programaranse todos os días ás 17.00 horas:

Os martes, xoves e sábados dende o Museo Provincial de Lugo. 

Os mércores dende o Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo.

Os venres dende o...

leer más
Etiquetas:
25/01/2021

Baixo o lema 'Entroido na casa, verán na praza? (Fagámolo posible)', o goberno municipal de Viveiro convida á veciñanza a participar subindo un vídeo co seu disfrace a www.viveiroentroido.com

A Concellaría de Cultura do Concello de Viveiro organiza este ano un desfile dixital de disfraces co obxectivo de manter viva a tradición do entroido no municipio.
Por este motivo, e baixo o lema 'Entroido na casa, verán na praza? (Fagámolo posible)', o goberno municipal de Viveiro convida á veciñanza a participar subindo un vídeo co seu disfrace a www.viveiroentroido.com

“A situación epidemiolóxica impide a celebración do tradicional desfile de disfraces e carrozas, pero o entroido de Viveiro é unha das citas do ano e non queremos...

leer más
Etiquetas:
24/01/2021

A Deputación de Lugo abriu a través dos Servizos Audiovisuais unha páxina en Facebook de Maiores Lugo 3.0, o programa do organismo provincial co que se promove o uso das novas tecnoloxías entre os lucenses de máis de 55 anos, así como a súa autonomía persoal. O obxectivo é que os maiores da nosa provincia poidan seguir activos desde as súas casas mentres non sexa posible impartir a programación habitual de cursos presenciais por mor da pandemia da Covid-19.

Esta iniciativa formativa e interactiva está dirixida especialmente aos maiores, aínda que está aberta a todas as persoas que queiran participar, xa que os seus contidos poden interesar a calquera cidadán, independentemente da súa idade. Deste xeito, facilítase unha nova vía para que os maiores, que en moitos casos viven sós, poidan seguir en contacto nestes tempos nos que a Covid-19...

leer más
Etiquetas:
19/01/2021

A Delegación de Cultura do Concello de Ribadeo anuncia que pospón a súa programación de xaneiro e febreiro “por mor da situación da pandemia, á espera de volver a partir do mes de marzo”.

Esta fin de semana estaba  previsto que actuase na vila ribadense a cantante cubana Jamila Purofilin e que o día 31 de xaneiro a compañía teatral Chévere representase Curva España. A maiores había programados os espectáculos de Raquel Queizás e Fátima Fernández, para nenas e nenos,  que tamén terán que esperar.

 

07/01/2021

O Concello de Mondoñedo vén de acordar a constitución dunha comisión permanente que será a encargada de designar cada ano o Cunqueiriano ou Cunqueiriana de Honra.

Formarán parte desta comisión o Alcalde da cidade, Manuel Ángel Otero Legide (en calidade de presidente), o Concelleiro de Cultura da mesma, Alberto García Fernández (ou as persoas nas que estes deleguen), ambos os dous en representación do Concello de Mondoñedo, entidade promotora; o fillo do escritor, César Cunqueiro; o Coordinador de Actividades e Publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, Armando Requeixo (en calidade de secretario); o xornalista e cunqueiriólogo, Miguel Somovilla; o Técnico de Actividades Culturais e Turísticas do Concello de Mondoñedo, Abel Vigo García  e mais o cunqueiriano ou cunqueiriana de honra do ano precedente, nesta ocasión Víctor F. Freixanes,...

leer más
Etiquetas:
04/01/2021

Os Reis Magos estarán en Ribadeo mañá, martes, de cinco a sete da tarde no parque de San Francisco, no palco da música. Debido ás circunstancias actuais, derivadas da pandemia do covid, non haberá cabalgata. As nenas e os nenos poderán ver aos Reis, pero non poderán falar con eles, xa que hai que manter a distancia de seguridade. Pero por primeira vez na historia as súas Melchor, Gaspar e Baltasar van ofrecer o seu discurso de xeito virtual para todas as nenas e nenos, que o poderán seguir a través do facebook do Concello de Ribadeo, despois do seu paso polo parque.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez, dixo que “todo o mundo é sabedor das circunstancias actuais ás que nos temos que enfrontar por mor da pandemia do covid e sabemos tamén que o noso concello está tendo un problema importante de casos, que aínda que focalizado principalmente...

leer más
04/01/2021

As súas Maxestades de Oriente, como non podería ser doutro xeito, non faltarán este ano á súa tradicional cita cos pequenos de Cervo. 

Estarán mañá, 5 de xaneiro, na Casa da Cultura en San Ciprián de 16:00 a 19:00 horas, e no salón de actos da Casa do Concello, a partir das 19:30 horas, onde tamén haberá unha actuación infantil da man da asociación Airiños do Xunco. 

A recepción dos Reis Magos realizarase por quendas e baixo un estrito protocolo de seguridade e hixiene.