Eventos
Preto dun centenar de veciños acompañarán o próximo domingo, 17 de novembro, á alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, a participar como concello invitado na XV Feria de la Alubia y la Hortaliza en Casar de Periedo, localidade do concello de Cabezón de la Sal (Cantabria). A viaxe inclúe degustación do cocido montañés.
Ademais de Lourenzá, nese evento participarán como concellos invitados os de La Bañeza (León), Saldaña (Palencia) e Arnuero (Cantabria).
O concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango, explica que “nesta feira, declarada de interese turístico rexional, os veciños da localidade son os verdadeiros protagonistas trasladándonos por un día á vida dos anos 40 do século pasado. Está prevista a instalación de máis de 200 postos de venda de produtos hortícolas e de artesanía. O Concello de Lourenzá estará...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Astorga o día 23 deste mes, sábado, con comida do típico cocido maragato.
A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo, seguro de viaxe, visita a Astorga e comida do típico cocido maragato na localidade de Castrillo de los Polvazares . O prezo é de 45 euros por persoa.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.
O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo, e o tenente de alcalde, Mario Rouco, presentaron este luns,na praza do Viveiró, a V Feira do Mel de Montañas de Muras.Este encontro gastronómico que terá lugar esta fin de semana no concello de Muras contará con postos de venta de mel,concursos de calidade, música, degustacións gratuítas, obradoiros para menores, artesanía e ata cunha excursión micolóxica. Tamén contará cunha xornada técnica e formativa dirixida a mellorar a profesionalización na apicultura e o control sanitario das explotacións apícolas. A Deputación colabora con este evento cunha achega de 4.000 euros para contribuír a poñer en valor os produtos autóctonos e tamén a desestacionalizar o turismo.
O Deputado de Participación Cidadá salientou que “colaborando con...
leer másCon motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 23 de novembro, sábado, unha saída á cidade de Lugo para coñecer parte do seu patrimonio, concretamente aquel que se atopa fóra da muralla. Como vén sendo habitual neste tipo de actividades organizadas por Mariña Patrimonio, a visita será guiada e contará con actividades que se desenvolverán ao longo do día. Nesta ocasión pola mañá visitaranse os barrios da Ponte e do Carme e, tras unha pausa para o xantar, coñecerase un interesante e enigmático conxunto arqueolóxico que se atopa no lugar de Adai.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de novembro e todas as persoas que queiran participar nesta actividade poderán obter máis información no blog de Mariña Patrimonio:...
leer másMañá, 8 de novembro, celebrarase a V Festa da Castaña organizada pola Concellería de Cultura e a asociación Asadores de Burela. A cita terá lugar na praza de abastos a partir das 19:00 horas.
O edil José Díaz explicou que “aínda que estaba previsto que a festa tivese lugar na praza da Mariña, debido á previsión de mal tempo que dan para mañá trasladamos a celebración á praza de abastos”.
O programa dará comezo ás 17:00 horas cun obradoiro de confección de zonchos (colares de castañas) que se celebrará ata as 20:00 horas. A actividade estará dirixida para os máis pequenos e pequenas por monitoras do Centro Medioambiental Gaia.
Ás 19:00 horas comezará o reparto dos cornetes de castañas acompañadas de viño e bolos preñaos, ao prezo de 2 euros. A festa estará amenizada no apartado musical...
leer másO alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e varios membros da asociación A Rebolaxe, presentaron o Magosto que terá lugar este próximo sábado, 9 de novembro, a partir das 19:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián.
A cita está organizada por este colectivo coa colaboración do Concello de Cervo, que anima a veciños e visitantes a participar na actividade na que haberá castañas, bocadillos, touciño, salchichas, música, karaoke e sorteos.
Xa ás 20:00 horas está prevista a actuación de Pakolas co seu espectáculo infantil “As parábolas de Pakolas”, como colaboración especial do Concello de Cervo para este evento.
Esta fin de semana volve o 8º Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O evento descansou durante a pasada Ponte de Todos os Santos e os días 8 e 9 de novembro chega a San Cibrao, Ribadeo e O Valadouro.
O Mes da Maxia comezou o pasado 25 de outubro e rematará o 30 de novembro. No evento participan 17 establecementos hostaleiros: restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense e 4 Magos: Rafa, Teto, Kiko e Pi.
A Mancomunidade xunto cos locais participantes que ofrecen unha coidada oferta gastronómica baseada en produto local, galego e de tempada, agardan que o Mes da Maxia sexa un motivo para que os mariñáns saian cear e pasen unha noite completa e agradable, se dean desprazamentos...
leer másBurela estará presente na vindeira Feira de Abril en Sevilla. Alí fará promoción turística. O Concello foi elixido para acudir a esta cita polo Lar Gallego da capital andaluza, segundo deu a coñecer hoxe o concelleiro Ramiro Fernández Rey.
O edil de Turismo explicou que “fomos elixidos este ano para participar na Feira de Abril, de Sevilla, por unha invitación que nos fai o Lar Gallego de Sevilla para dedicar ao concello de Burela esta edición do evento no que se refire á súa caseta. A nosa participación vai consistir basicamente nunha promoción turística de Burela na Feira de Abril. A caseta do Lar Gallego vai estar decorada con fotos e pinturas de Burela”.
Fernández Rey dixo: “entendemos que é unha maneira estupenda de promocionar Burela e desde logo estamos agradecidos ao Lar Gallego por elixir a Burela para...
leer másO concelleiro de Cultura en Burela, José Díaz, anunciou que xa están á venta en ataquilla.com as entradas para asistir aos tres espectáculos dos que gozarán bureleses e mariñáns en decembro. O día 20 será o musical infantil Vaya Santa Claus, o día 25 terá lugar a actuación da Compañía Nacional de Danza de Ucrania e o 27 Manuel Manquiña chegará a Burela con Relatos Negros. Xan Carballal, director da Escola de Música de Burela, subliña a importancia da presenza na localidade da Compañía Nacional de Danza de Ucrania, xa que se trata dun grande espectáculo de música e danza a cargo dun dos mellores elencos do mundo. Por este motivo Carballal recoméndalle ao seu alumnado que se achegue a disfrutalo.
O edil de Cultura contou que “temos á venta en ataquilla.com entradas dispoñibles para ver a Manuel Manquiña o 27 de decembro ás oito da tarde. É...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Portugal, con visitas a Lisboa e Óbidos, durante a ponte do 6 ao 8 de decembro.
A actividade inclúe a viaxe en autocar os tres días, pensión completa en hoteis de 3 estrelas con buffet libre, seguro de viaxe e excursións con guía durante todo o circuíto. O prezo é de 215 euros por persoa.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.