Eventos
A Delegación de Cultura do Concello de Foz continúa coa súa primavera cultural e programa seis actividades para este mes de maio.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “en maio, o mes das letras galegas, o Concello de Foz achégase máis ás nosas letras e á música. E coa chegada do bo tempo os eventos culturais comezan a tomar as rúas focegas, para poder chegar a máis xente, respectando sempre as medidas sanitarias”.
Inés López explica que “esta primeira semana de maio, contaremos cun documental de Carlos Lorenzo: Vértice de versos. Será este xoves, día 6, na Casa da Cultura ás 19.30 horas. Este documental fai un percorrido pola poesía contemporánea galega. Neste 17 de maio homenaxea a Xela Arias, referente tamén na nosa lírica. Contaremos coa presenza do director e de Emma Pedreira e Yolanda...
leer másO Concello celebrará o Día das Letras Galegas o 23 deste mes, domingo, cun recital poético e un concerto da Banda de Música de Lourenzá.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “o domingo 23 de maio celebramos o Día das Letras Galegas coa lectura das poesías premiadas no concurso convocado polo Concello e un concerto da Banda de Música de Lourenzá. O acto terá lugar as 13:30 horas no quiosco da música do Cantón. Ademais os membros do coro da escola de música recitarán poemas de Xela Arias, escritora a que este ano se dedica o Día das letras Galegas”.
O Concello celebra o tradicional Maio este sábado, día 1, cunha exposición na praza do Conde Santo.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “este sábado Lourenzá celebra o tradicional Maio.
Este ano, por mor da pandemia, farase dun xeito un pouco diferente e non haberá o percorrido habitual polas rúas da vila. Como alternativa e en recordo a esta festividade doutros anos o Concello colocará na praza uns Maios estáticos e unha exposición fotográfica en lembranza a edicións pasadas. Esta mostra instalarase mañá, venres, e poderá verse ata o luns”.
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, o Concelleiro de Comunicación e Relación Institucionais do Concello de Foz, Carlos García, e representantes dos guías de turismo que realizarán as actividades, presentou nos Xardíns do Pazo de San Marcos o programa de actividades que a institución provincial pon en marcha con motivo do Día da Transrománica. Esta iniciativa, que celebra a súa xornada internacional o domingo 9 de maio, contará na provincia con 14 rutas que se levarán a cabo nunha xornada de portas abertas ao románico da provincia.
Os itinerarios serán de balde e cun máximo de 8 persoas por visita, e estarán dirixidos por un guía oficial de turismo. No caso de Meira e de Foz, os concellos...
leer másA axenda cultural de Burela para o mes de maio inclúe teatro para os máis pequenos, música coa actuación de Susana Seivane, un concerto enmarcado no Osa do Mar e o 29 de maio será o pregón das festas patronais, seguido do concerto do grupo Nostálgica. Aínda que non haberá uns festexos coma os que se celebraban antes da pandemia Concello e comisión organizadora programarán algunha actividade adaptándose ás medidas de seguridade e aos aforos en vigor “e confiando, sobre todo, en que o ano que ven sexa distinto", dixo José Díaz, o concelleiro de Cultura.
O edil bureles anunciou que “empezaríamos el sábado 8 de mayo, a las seis y media, con una actuación del grupo de Teatro Ghazafelhos, que se llama Acuario, enfocada al público infantil y tendrá un coste de 2´5 euros. El sábado 15 recuperamos por fin los conciertos en el auditorio con la...
leer másO Concello de Muras organiza, coa colaboración da Asociación Obradoiros Artesáns da Terra Cha, a quinta edición da Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o 22 de maio.
O evento terá lugar na fraga de A Veiga, á beira do río Eume ao seu paso pola vila de Muras, nunha contorna de vexetación autóctona en pleno corazón do Xistral. A organización anuncia que será un pouco diferente aos anos anteriores desenvolvéndose segundo as indicacións sanitarias que cómpren.
Este encontro cultural de artesanía, música e gastronomía inclúe mostra de artesanía, demostracións en vivo, obradoiros para adultos e nen@s, charlas sobre emprendemento sostible no rural e actuacións de música, maxia e gastronomía.
O evento conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
AciaFozCCA colaborará por cuarto ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro, a través da campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 26 de abril ao 2 de maio.
A delegada da AECC en Foz, Nieves Moreda, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, foron os encargados de presentala.
Arredor de 50 locais asociados participan nesta campaña organizada para recadar fondos para a AECC. Neses establecementos haberá situadas huchas para deixar os donativos que @s seus clientes queiran depositar.
Nieves Moreda dixo que “como el año pasado hubo una interrupción por culpa de la pandemia, vamos a empezar otra vez con actos de los que se pueden realizar en este momento. Este que acabamos de presentar es uno, porque no hay contacto físico de persona a persona...
leer másO Centro de Interpretación do Camiño do Norte en Mondoñedo acollerá a segunda sesión do ciclo de encontros Xacobeo Peregrinas, enmarcado na programación do Xacobeo 2021-2022, e que contará coa participación da actriz e humorista Sara Escudero, a poeta Yolanda Castaño e a regatista olímpica Ángela Pumariega.
Así o anunciaban esta mañá en Lugo a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que estiveron acompañadas na presentación polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Xacobeo Peregrinas é un perfecto exemplo do que está sendo a programación do Xacobeo 21-22: unha iniciativa descentralizadora, aberta e integradora, na que estamos a aproveitar as novas tecnoloxías para achegar novas perspectivas e experiencias arredor do Camiño de Santiago a...
leer másO delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiron hoxe á colocación dunha campá no Fuciño do Porco que forma parte dunha iniciativa de promoción turística impulsada conxuntamente polos concellos do Vicedo e Portomarín. Tamén estiveron os respectivos alcaldes, Jesús Novo e Juan Serrano.
Así, o novo elemento instalado hoxe, procedente dun barco pesqueiro, irá acompañado dunha placa que advirte de que aqueles que toquen a campá adquiren a “obriga” de visitar Portomarín. Neste municipio xa hai outro sino idéntico que anima a ir ao Vicedo.
Arias destacou o feito de que ambos municipios se puxesen dacordo para impulsar “esta singular iniciativa” que, de seguro, vai incentivar o “tránsito de visitantes entre os dous concellos, entre o interior...
leer más