Eventos
A Concellería de Cultura anuncia que aqueles veciños e veciñas que queiran acudir á lectura do pregón das festas patronais de Burela deberán anotarse previamente na Casa da Xuventude. Os festexos arrancan este sábado, 29 de maio, co pregón que pronunciará o presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores e presidente da Confraría de Burela, Basilio Otero. A continuación terá lugar o concerto de Nostálgica.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “se hace así para completar el aforo de manera segura y tener el listado de todos los que asistan. En vez de hacerlo el mismo día del pregón, porque puede complicar más la situación, lo mejor es que la gente que quiera ir al pregón llame a la Casa da Xuventude al teléfono 982 58 11 41 y se anote. Allí dejarán el nombre, apellidos y un teléfono de contacto, e irán anotándolos...
leer másEste domingo, día 23, ás 13:30 horas no quiosco da música do Cantón laurentino o Concello de Lourenzá celebrará o Día das Letras Galegas coa colaboración da Banda de Música da localidade. Haberá música, recital e a entrega de premios do certame de poesía.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o programa consistirá nun recital poético onde se lerán poesías de Xela Arias e as premiadas no certame de poesía convocado pola Concellería de Cultura. A Banda de Música interpretará a Marcha do Antigo Reino de Galicia, Negra Sombra e o Himno Galego, que pechará o acto”.
Manuel Arango destacou que “dado o gran número de participantes e a calidade das obras presentadas ao certame de poesía o xurado decidiu conceder, ademais dos premios previstos, un accésit en cada categoría. Os gañadores recibirán 50...
leer másBurela celebrará as súas festas patronais cun formato adaptado aos tempos actuais que seguen marcados pola pandemia. Haberá pregón, animación musical polas rúas, actos relixiosos e a confección dunha alfombra floral na praza do Concello, entre outras actividades. O pregoeiro deste 2021 será Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores e presidente da confraría de Burela. A programación comezará o 29 de maio e rematará o 8 de xuño.
A presidenta da comisión organizadora das festas patronais de Burela, Toñi Eijo, anunciou que “o día 29 de maio, ás oito da tarde, temos o pregón a cargo de Basilio Otero. Elixímolo por estar na Confraría de Burela, que sempre apoiou e apoia as festas de Burela, en concreto tamén el. É presidente da Federación Nacional de Cofradías e Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Burela...
leer másBarreiros presenta a plataforma virtual AEscola, que será a ferramenta de divulgación cultural máis ambiciosa do concello e que servirá de carteleira de actividades, aula virtual interactiva e contará con espazos para os eventos das distintas asociacións culturais e centros educativos do concello.
"Este soporte facilitará que os seus contidos se poidan modificar e actualizar de forma constante, o que a converte nunha ferramenta actual e perdurable no tempo, así como traballar de forma coordinada desde as distintas áreas" sinala o concelleiro de dinamización, Daniel García.
A plataforma poñerase en marcha o luns 17 de maio cunha serie de actividades virtuais relacionadas coa conmemoración das Letras Galegas, as cales contarán con distintos niveis de dificultade.
Trátase dun espazo virtual...
leer másEl Pescados Rubén Burela FS acaba de lanzar su tienda online con las indumentarias oficiales de Primera RFEF Masculina y Femenina 2020-21, además de calzado y artículos novedosos.
Accesible a través de la dirección www.burelafs.org/tienda/ y con el eslogan “Siente los colores”, la Tienda Laranxa ofrece la posibilidad de adquirir de una forma muy sencilla los productos oficiales de la entidad, con tallas infantiles y adultas y modelos de hombre y de mujer.
Con unidades limitadas, uno de los artículos más demandados en los primeros días de apertura de la tienda ya está siendo la camiseta conmemorativa de la 4ª Copa en la Historia Laranxa, tras la reciente reafirmación del trono de Copa de S.M. La Reina en Las Rozas. Estas camisetas son además los primeros productos...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) continúa cos preparativos do X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que se celebrará en Ribadeo do 24 ao 27 de agosto con importantes novidades. Acollerá unha exposición en homenaxe a José Barro, o creador das fábricas de Chavín. O obxectivo é que esa mostra sexa itinerante por toda A Mariña. Durante o Fórum, ademais de charlas e obradoiros, tamén haberá unha exposición de vehículos novos con distintas marcas do sector.
Formación
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, declarou que “neste momento estamos dando formación a profesores que se van presentar a oposicións da nosa especialidade. Son catro cursos online. Tamén está programado un curso de bancada, que se vai facer no IES As Mariñas, de Betanzos. Ademais hai previstos tres cursos, para finais de xuño, de...
O Concello de Cervo programa unha serie de actividades culturais para conmemorar o Día das Letras Galegas que este ano están dedicadas á escritora, poeta, profesora e tradutora, Xela Arias.
Tal e como anunciou a edil de Cultura, Dolores García Caramés, este mesmo sábado, 15 de maio, o salón de actos do Concello acollerá o primeiro evento. Diáspora Teatro representará a súa obra “O Peirao”, de 45 minutos de duración, e pensada para toda a familia.
A función artéllase sobre contos para mirar ao redor, a nós mesmos e á natureza, para coidala e coidarnos.
Xa o propio Día das Letras Galega, o luns, 17 de maio, Teatro dos Ghazafelhos representará a obra “Monstros no Camiño”; no auditorio da Casa da Cultura, ás 12:30 horas. A peza está pensada tamén para toda a familia.
Ese mesmo día 17,...
leer másA Concellería de Cultura organiza un rastrillo popular solidario que se celebrará o 30 de maio, na Praza da Mariña, en horario de dez da mañá e tres da tarde. As inscricións poden realizarse xa na Casa da Xuventude. A cita terá lugar na fin de semana na que se desenvolverían as festas patronais de Burela, pero que un ano máis discorrerán de xeito moi diferente ao habitual.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “celebraremos aquí en Burela, a través de la Delegación de Cultura, un rastrillo popular solidario. Sería el día 30 de mayo, domingo, en horario de diez de la mañana a tres de la tarde. Se hará en la Praza da Mariña. Para inscribirse habría que llamar a la Casa da Xuventude de Burela, al 982 58 11 41, o bien mandar un mail solicitando la inscripción y adjuntando un teléfono a ...
leer másAs XXVIII Xornadas Técnicas e o XXII Encontro Empresarial de Expomar volverán celebrarse este ano de xeito telemático os vindeiros días 20 e 21 de maio.
A Fundación Expomar celebrará as súas Xornadas Técnicas na mañá do xoves 20 de maio baixo o título “2021: Odisea na Pesca”, nunha clara mención ás diferentes dificultades e desafíos que ten que afrontar o sector pesqueiro nesta época marcada pola pandemia da Covid-19.
A xornada, que será como sempre aberta ao público, terá lugar entre as 10:00h e as 13:30h a través dunha plataforma online e poderase acceder desde a web de www.expomar.com. Para asistir hai que rexistrarse previamente e a inscrición pode facerse xa desde a mesma web www.expomar.com/xornadas2021.
... leer más












