Eventos
Esta fin de semana tiveron lugar en Mondoñedo e A Pontenova as xornadas de portas abertas das Rutas de Artesanía que o organiza A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O 29 e o 30 de xuño rematan en Viveiro e Burela. Aínda quedan prazas libres, pero é necesario inscribirse.
No novo material informativo, que está dispoñible na páxina web e nas oficinas de turismo da comarca, proponse ao visitante coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica a través da proximidade e sabedoría dos artesáns da Mariña Lucense, principais protagonistas desta iniciativa. A nova proposta consta dunha serie de itinerarios nos que o visitante pode adentrarse no oficio do artesán e disfrutar dos valores naturais, culturais e gastronómicos da localidade onde se ubican e da súa contorna...
leer másO Concello de Xove presentou a súa programación de verán, para nenos, mozos e adultos.
63 nenos e nenas de 0 a 9 anos participarán no programa de conciliación, que funcionará desde o 24 de xuño ata o 4 de setembro. O Concello agarda que participen nas mañás divertidas, para rapaces de entre dez e 16 anos, arredor de trinta persoas. Así preto de 100 menores se beneficiarían da programación matinal do Concello de Xove.
Outra das actividades para as vindeiras semanas será o Verán Xove, que inclúe actividades deportivas como os kangoo jumps previstos para os venres e pensados para nenos maiores de doce anos. Tamén haberá fútbol sala e fútbol, ciclismo, sendeirismo, bádminton ou bolos.
Unha das principais novidades do programa para este 2019 é que todos os domingos haberá xogos e actividades...
leer másO Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a desfrutar das Festas na Honra de San Luis, en Figuerido.
A cita, organizada pola Asociación Socio-Cultural Ponte da Salgueiriña coa colaboración do Concello, será o 21, 2 e 23 de xuño.
A programación comezará o venres 21, a partir das 22:30 horas, cunha Gran Verbena a cargo do Grupo Pontevedra e o dúo Merengue.
O sábado, 22 de xuño, ás 9:00 horas, terá lugar o chupinazo que anuncia o inicio do día grande das Festas. Ás 11:00 horas haberá pasacorredoiras a cargo dos gaiteiros de Airiños do Xunco, de Cervo. Ás 13:30 horas terá lugar a misa solemne na honra de San Luis no campo da festa; e, a continuación, haberá sesión vermú a cargo do Grupo Alma Latina.
Á noite desde as 22:30 horas, haberá festa rachada a...
leer másA asociación A Rebolaxe organiza a Festa de San Xoán en San Ciprián o 23 de xuño.
O programa de actividades dará comezo ás 13:00 horas con Mi rollo es el rock en sesión vermú. A partir das 19:00 horas haberá xogos tradicionais para nen@s e adult@s e ás 19:30 horas poderá degustarse chourizo, panceta e salchichas.
Ás 20:30 horas actuará Cacharela; ás 22:00 The Lazy Bones, e ás 24:00 horas dará comezo a fogueira. Ao longo da tarde celebraranse sorteos dun circuíto spa, Cd´s de Sés e de Lazy Bones e un xamón. Haberá aparcamento no estanco da praia do Torno.
Colaboran na organización: Concello de Cervo e Deputación de Lugo.
Con motivo da edición da nova guía sobre as Rutas de Artesanía que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou o pasado venres, día 14, organízanse nas fins de semana de xuño unhas xornadas de portas abertas a obradoiros e recursos de distintas localidades da Mariña Lucense. Esta fin de semana é a quenda de Mondoñedo e A Pontenova. Estas accións realízanse no marco do convenio firmado coa Axencia de Turismo de Galicia.
No novo material informativo, que está dispoñible na páxina web e nas oficinas de turismo da comarca, proponse ao visitante coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica a través da proximidade e sabedoría dos artesáns da Mariña Lucense, principais protagonistas desta iniciativa. A nova proposta consta dunha serie de itinerarios nos que o visitante pode adentrarse no oficio do artesán e disfrutar dos...
leer másO Ribadeo Indiano sorteará unha viaxe a Cuba para dúas persoas o vindeiro 14 de xullo. Este venres, día 21, ás sete da tarde remata o prazo para adherirse a esta campaña que organizan Acisa xunto ao Concello coa colaboración de Estrella Galicia e Banco Sabadell. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo animan aos establecementos comerciais e hostaleiros da vila a sumarse a esta iniciativa, sexan ou non socios da patronal.
Segundo confirman desde a organización a día de hoxe son 120 os locais que participarán nesta importante campaña, 109 son socios de Acisa e o resto non.
Desde Acisa subliñan que “este venres, 21 de xuño, ás sete da tarde remata o prazo de adhesión a esta iniciativa. O que non o faga en tempo e forma despois non poderá sumarse”, de aí que insistan en...
leer másA asociación de veciños de Rúa Candelaria, en Cervo, organiza unha churrascada de San Xoán o sábado, 22 de xuño.
A festa dará comezo ás 20:00 horas no recinto da escola de Rúa e haberá churrasco, chourizos e torresmos. Tamén se celebrará unha verbena que estará amenizada polo grupo Vivarium.
A churrascada será de balde para os socios e o prezo para os non socios é de 6 euros. Os tíckets estarán á venta no recinto da festa a partir das 19:00 horas.
Colaboran na organización deste evento o Concello de Cervo e Panadería Pastelería Abad de Burela.
A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o Folión 2019 na noite do vindeiro domingo, 23 de xuño.
A festa dará comezo ás 21:00 horas e terá lugar no parque Concepción Arenal.
Haberá unha sardiñada popular e dende o Concello convidan a todos a participar, acudindo con todo o que se queira queimar sempre que non contamine.
Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 29 de xuño un percorrido polo patrimonio civil e relixioso máis salientable do concello de A Pontenova. Aínda que dos detalles da xornada se informará máis polo miúdo, adiántase que se contará coa inestimable colaboración de Carlos Miranda Trevín para a visita do patrimonio relixioso (Conforto e Vilameá) e do antropólogo Miguel Losada para a visita etnográfica en Vilarxubín. Nesta xornada tamén se coñecerá o patrimonio relacionado co ferro.
Por outro lado, se o número de persoas interesadas en participar na visita o permite, os desprazamentos faranse en bus, que partiría de Viveiro e faría as paradas intermedias necesarias ata A Pontenova. Neste lugar dará comezo a xornada, que se desenvolverá dende as 10:00 ata as 19:00, cunha pausa para o xantar de 14:00 a 16:00.
Para...
leer másUn ano máis o mercadiño indiano constituirá un espazo dentro do VI Ribadeo Indiano para a mostra de produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios.
O mercado desenvolvérase na Rúa San Roque durante o día 13 de xullo en horario continuo desde as once da mañá ata a finalización do Festival de Habaneras, que será aproximadamente sobre as dez da noite.
A organización deixará que cada stand contemple a posibilidade de pechar en horario de mediodía de 15:00 a 17:00 horas, neste caso a vixilancia e seguridade correrá a cargo dos expositores/as.
En todo caso será obrigatorio manter a apertura dos postos de 11:00 a 15:00 horas e a partir das 17:00 ata a finalización do Festival de Habaneras, que se desenvolverá na mesma rúa.
As persoas que desexen...
leer más