Eventos

Etiquetas:
29/01/2018

Burela participará en Xantar 2018, a Feira Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, subliñou que Burela estará presente cun stand no que se promocionarán tanto o bonito e outros produtos da pesca como o Barco Museo, as praias e as rutas xeolóxicas.

O edil burelés dixo que “desde a Delegación de Turismo do Concello de Burela queremos anunciar que imos ter presenza un ano máis na feira gastronómica Xantar. Seguimos apostando por este tipo de feiras que entendemos que son positivas para a promoción tanto dos nosos produtos pesqueiros como da nosa imaxe de pobo”.

O concelleiro de Turismo explicou que “imos ter presenza alí cun stand onde imos contar coa colaboración neste caso de Conservas Ares, que nos vai...

leer más
Etiquetas:
29/01/2018

O vindeiro sábado, 3 de febreiro, terá lugar en Barreiros a 1ª Cea Baile de Entroido, que organizan o CF Celta e as comparsas Habelas Hainas e Os Macanudos. Con eles colabora o Concello barreirense. 

A cea dará comezo ás 22:00 horas e celebrarase no polideportivo de San Cosme de Barreiros. O menú constará de sopa de cocido, cocido con morro, rabo, orella, lacón, botelo, costela salgada, carne fresca, patacas, garavanzos, chourizo e repolo. Ademais completarase con postre, viño tinto, auga e refresco, café e chupito. Será servida polo catering Chao dos Navais, e o prezo por persoa é de 20 euros.

Esta Cea Baile de Entroido estará amenizada por Discoteca móbil Eventec. Os asistentes poden ir disfrazados si o desexan. 

As persoas interesadas en participar nesta cea poden facer as súas...

leer más
Etiquetas:
29/01/2018

A inscrición para o desfile do Entroido de Viveiro será ata o 9 de febreiro ás 13:00 horas, no Teatro Pastor Díaz, e non se fará no momento do desfile.

O Concello de Viveiro establece as categorías de carrozas, comparsas, grupos, parella e individual. Entenderase carroza como vehículo con plataforma e un mínimo de catro participantes.

Poderán participar no concurso e ser beneficiario das axudas calquera particular, asociación ou entidade legalmente constituída así como os “grupos ocasionais” que cumpran as condicións previstas nas bases. Neste último caso, os seus integrantes deberán nomear un representante debidamente autorizado para actuar no nome do grupo. Os participantes poderán inscribirse unicamente nunha categoría: carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual.

Non estará...

leer más
Etiquetas:
27/01/2018

O vindeiro luns, 29 de xaneiro, de 8:30 a 14:00 horas terá lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela a segunda edición do ciclo de conferencias de imaxe Persoal. Esta ano o II Congreso de Imaxe Persoal leva por título "Adaptándose ao presente e ao futuro". Os contidos deste congreso están deseñados para o alumnado, profesorado de Imaxe persoal e para as empresas colaboradoras nos programas de FCT. 
 
O Dr. Salvador Ramos Rey, Director médico de Spa Loida (A Coruña), abrirá o congreso cunha conferencia titulada "O impacto do cancro na imaxe persoal". Tratará o impacto socio-sanitario do cancro na sociedade actual. Falará da atención na imaxe persoal dos pacientes en relación ás secuelas que provocan os tratamentos oncolóxicos desta enfermidade. 
 
A segunda conferencia "Cirurxía de trasplante de cabelo" coa técnica FUE será impartida por...

leer más
27/01/2018

La Junta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro ha elegido a Luis de Carlos Bertrán como pregonero de la Semana Santa 2018.

Desde la Junta de Cofradías indica que “la elección de Luis de Carlos como pregonero para la Semana Santa de Viveiro de Interés Turístico Internacional fue decisión unánime por parte de los miembros de las ocho cofradías que conforman la Junta, no sólo por su vinculación a Viveiro sino también por su trayectoria profesional a nivel nacional y del extranjero”.

Luis de Carlos Bertrán es socio director de Uría Menéndez desde 2005. Doctor en Derecho y licenciado en Ciencias Económicas y Empresariales por la Universidad Pontificia de Comillas (ICADE), se incorporó al despacho en 1983 y nombrado socio en 1991. Dirigió la oficina de Barcelona entre 1993 y 1995, y fue el responsable de la...

leer más
Etiquetas:
26/01/2018

O 9 de febreiro a Concellería de Servizos Sociais organiza o  FESTIVAL DE ENTROIDO da  Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de  Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas.

Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado, 10 de febreiro. O Programa para este día é o seguinte:
   -16:00 horas.- Pasacalles por Xove a cargo da “CHARANGA A CHOCA” de Ribadeo.
  -17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios  e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.
  -18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes...

leer más
Etiquetas:
26/01/2018

O Concello de Ribadeo, como cada ano, únese á celebración do Día Mundial dos Humidais. Así, neste 2018, o 3 de febreiro levaranse a cabo dúas actividades encamiñadas a aumentar a sensibilización e o coñecemento da Ría de Ribadeo como berce de diversidade biolóxica. 

Desde a Concellaría de Turismo subliñan que “como xa é coñecido, esta ría constitúe un dos principais humidais do litoral norte de Galicia, motivo polo cal está declarada como Humidal de Importancia Internacional, así como Zona de Especial Protección para as Aves ou Reserva da Biosfera, entre outras figuras de protección”.

E engaden que “desta vez, as protagonistas serán as aves, para isto contaremos coa colaboración de Carlos Sanjurjo, Gilberto Sánchez Jardón e Óscar Chao, todos eles afeccionados á ornitoloxía e grandes coñecedores do humidal situado...

leer más
Etiquetas:
26/01/2018

A décimo primeira edición do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, que organiza cada ano o Instituto de Educación Secundaria (IES de Foz) celebrarase nesta ocasión do 21 ao 23 de febreiro. Este evento será presentado en Lugo o vindeiro martes, día 30 deste mes, e na vila focense o 8 de febreiro.

O director do IES focense, Nicolás Asensio, anunciou hoxe que a presentación na capital da provincia desenvolverase no edificio administrativo da Xunta de Galicia o vindeiro martes, día 30, ás doce do mediodía e incluirá unha demostración barista e degustación de cafés, actividades que tamén haberá no acto que se celebrará en Foz o 8 de febreiro, xoves. 

Para a organización do décimo primeiro Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería o IES focense conta coa colaboración da...

leer más
Etiquetas:
25/01/2018

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Lalín para participar na Feira do Cocido, festa declarada de interese turístico nacional que cumpre a súa 50ª edición este ano. Ademais visitarán o Entroido desa localidade e tamén o famoso santuario da Virxe do Corpiño. Será o día 4 de febreiro, domingo.

O prezo para participar na excursión é de 35 euros por persoa e inclúe almorzo, comida do cocido típico de Lalín, o desprazamento en autocar e o seguro de viaxe obrigatorio.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.

 

Etiquetas:
24/01/2018

O Centro Social de Covas acolle o sábado, 3 de febreiro, un baile de entroido.

A festa dará comezo ás 17:00 horas e desenvolverase ata as 20:00 h.

Haberá una merenda e trofeos para os mellores disfraces, e o baile estará amenizado polo Dúo Suso.