Eventos
Mañá darán comezo as XVI Xornadas de Historia Local e o venres haberá o concerto de verán da Coral Polifónica de Ribadeo. O sábado inaugurarase unha exposición de Cris Andina no Forte de San Damián e pola noite o SonRock será o protagonista. E o domingo celebrarase o II Festival de Música Tradicional de Ribadeo.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “desde este xoves, 19 de xullo, e ata o domingo 22 se van desenvolver varias actividades relacionadas coa música e coa historia local de Ribadeo. Desde a intensa relación de Ribadeo co mar, a través dos corsarios, os ingleses e calquera perigo ou acerto que puidera vir polo mar, ata a música coral, tradicional e rock, pasando polo mundo da escena galega, a través dunha exposición fotográfica de Cris Andina”.
O edil ribadense relatou que “o xoves, 19 de...
leer másA VIII Festa Normanda presentarase o 24 de xullo cun desfile e churrascada na praza Conde de Fontao.
A oitava edición da Festa Normanda de Foz presentarase o martes da vindeira semana, día 24 de xullo, con varios actos.
A presentación oficial e o desfile darán comezo ás 20:00 horas na praza Conde de Fontao e correrán a cargo de Rosana & Pili e O Nabiño. A continuación haberá unha churrascada no paseo da Ribeira coa actuación de Dambara e música ambiente con Dani Rego. O prezo da ración, composta de churrasco, chourizo, pan e viño, será de 7 euros.
Organiza a asociación Desembarco Normando de Foz coa colaboración do Concello de Foz, a Deputación de Lugo, o CCA de Foz, O Nabiño de Mondoñedo e Rosana & Pili.
O grupo A Rebolaxe organiza a V Foliada Nordestía a fin de semana do 20 e 21 de xullo, coa colaboración do Concello de Cervo.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron a cita cunha representación do ente organizador.
O venres, 20 de xullo, a partir das 19:30 horas, terá lugar o Festival Folklórico Infantil cos grupos Mistura (San Ciprián), Amado Lar (Ferreira do Valadouro), Saíñas (Xove), Bágoas da Terra (Viveiro) e Arco da Vella (San Miguel de Reinante).
Ás 22:30 horas será a quenda do Serán da man dos anfritrións A Rebolaxe, Tombal Sessions, Airiños do Xunco e Ledicia.
Ás 00:00 horas será o concerto dos Viqueiras e a continuación foliada libre.
O sábado, 21 de xullo, ás 12:00 do...
leer másLa Concejalía de Turismo del Ayuntamiento de Viveiro organiza visitas guiadas gratuitas en los meses de verano.
El recorrido partirá de la Oficina Municipal de Turismo, sita en la avenida Ramón Canosa s/n, y serán dirigidas por Boris Vilar.
Los jueves y los sábados comenzarán a las 12:00 horas. Los jueves se realizará una visita a lugares de interés del municipio como entornos naturales y la lonja. Los sábados el recorrido discurrirá por el centro histórico de la villa.
Para participar es necesario anotarse en la Oficina de Turismo, número de teléfono 982 560 879, ya que las plazas son limitadas.
Este jueves, 19 de julio, se visitará el Souto da Retorta, desplazándose en Vivertren hasta Chaín, para luego continuar caminando hasta O Avó. El sábado, día 21, la...
leer másO Concello de Mondoñedo, a través da delegación de Turismo, reparte diferentes recursos informativos por varios establecementos hostaleiros da Mariña.
O Goberno local mindoniense proporciona, así, información directa a aquelas persoas que visiten restaurantes, hoteis ou casas de turismo rural de distintos puntos da comarca co obxectivo de“dar a coñecer os nosos recursos históricos, arquitectónicos, culturais, etnográficos e naturais”.Entre eles atópanse a Cova do Rei Cintolo, a Catedral de Mondoñedo, os obradoiros artesáns do barrio dos Muíños ou o roteiro Leiras Pulpeiro.
Polo momento, xa contan con esta nova información turística de Mondoñedo no restaurante Asador, Boavista, Louzao, El Millón, Nito e Hotel Ego; ademais de distintas casas de turismo rural da zona.
A alcaldesa, Elena...
leer másAs Concellerías de Turismo e Medio Ambiente e Absa organizan rutas á lonxa burelesa dende o vindeiro luns, 16 de xullo, ata o 31 de agosto. Trátase dunha nova iniciativa para dar a coñecer os atractivos turísticos de Burela, neste caso o porto pesqueiro.
A denominada Ruta da Lonxa desenvolverase para grupos de trinta persoas, en horario de 18:30 a 19:30 horas os luns, de 19:30 a 20:30 horas de martes a xoves e de 19:00 a 20:00 horas os venres. As persoas interesadas poden facer as súas inscricións de martes a venres na Oficina de Turismo, e os luns no Concello de Burela.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, sinalou que “desde o Concello de Burela, concretamente desde a Delegación de Turismo en colaboración coa de Medio Ambiente, imos iniciar unha nova experiencia, neste caso en colaboración con Absa,...
leer másO bus cultural de Barreiros comezará as súas rutas este sábado, 14 de xullo. Estas viaxes, organizadas pola asociación Mar e Monte coa colaboración do Concello desenvolveranse todos os sábados ata o 8 de setembro. O bus cultural sairá ás once da mañá das inmediacións do centro de saúde e durante dúas horas fará un percorrido por diferentes lugares de interese, sobre todo do interior, aínda que nalgunha ocasión tamén incluirá visitas ás praias de Barreiros. O prezo para os adultos é de 2 euros e os nenos e nenas viaxan gratis. Estas rutas prevén tamén unha parada gastronómica.
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, dixo que “o concello de Barreiros non é só praias, senón que tamén ten un interior que dá gusto coñecelo e visitalo. O Concello colabora coa asociación Barreiros Mar e Monte, que organiza estas viaxes culturais polo interior do...
leer másOs días 20 e 21 de xullo celebrarase a XX edición do Mercado Medieval de Alfoz, que terá lugar no Castelo do Castro de Ouro.
O mercado abrirá as súas portas o venres, en horario de 21:00 a 02:00 horas, e o sábado de 9:00 a 02:00 h.
Nestas xornadas haberá, entre outras actividades, ruta de sendeirismo, exposicións no interior da Torre, misa en latín, representacións teatrais, espectáculos de rúa, malabares, contacontos, vodas medievais, exhibición de aves rapaces, xogos medievais ecuestres, tiro con arco e degustación de produtos. Para rematar o programa haberá, nunha zona habilitada preto da torre, unha cea medieval con queimada e música folk.
O mercado ambientarase en 1483, ano no que foi apresado o Mariscal Pardo de Cela nas inmediacións da Torre do Homenaxe do Castelo do Castro, e...
leer másAcisa Ribadeo organiza o I Desfile de Charangas este sábado, 14 de xullo, ás 20:30 horas con saída desde a praciña de San Roque, a carón dos Cocos. A asociación amplía o prazo de inscrición ata o mediodía desa mesma xornada.
As charangas deberán estar dez minutos antes do inicio do acto nese punto para organizar a saída e a formación dos participantes.
A saída será a través da rúa San Roque ás 20:30 horas e o percorrido seguirá por Virgen del Camino, Luz Pozo Garza, Avenida de Galicia, Avenida de Asturias e rúa San Francisco para rematar no parque San Francisco. A organización pretende obstaculizar o menos posible o tráfico e dinamizar as rúas que tradicionalmente contan con menos eventos, xa que Acisa quere chegar ao máximo número de socios.
As charangas participantes encherán de música...
leer más