Eventos
O Concello de Cervo celebrará a XXXIII Festa da Maruxaina o sábado 11 de agosto. Ese día serán os actos centrais, pero xa o venres terá lugar a Pre-Maruxaina co gran chupinazo ás 19:00 horas, seguido da concentración de Maruxainos e Maruxainas na Praza dos Campos, onde haberá degustación de empanadas típicas galegas e bolos preñados. Ás 21:00 horas está previsto o nomeamento do Maruxaino e da Maruxaina de Honra 2018, a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina.
Xa o sábado, 11 de agosto, será o día grande. Ás 11:00 horas está previsto o chupinazo ao que seguirá o ritmo das charangas e gaiteiros que irán animando as rúas do pobo. Haberá tamén un taller de cestería; e ás 12:00 horas todos Os Maruxainos e todas As Maruxainas xuntaranse na Prazoleta, para percorrer o pobo ao son do corno e das gaitas.
Ás 12:30 horas...
leer másA comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo, na honra de Santa María do Campo e San Roque, empezou a recoller donativos polos domicilios. Ademais anuncia que o Mercado Pirata celebrarase do 16 ao 22 de agosto no parque de San Francisco.
Os membros da asociación cultural Santa María do Campo e San Roque, colectivo que organiza as festas patronais de Ribadeo, comezaron esta semana a campaña de recollida de donativos para os festexos polos domicilios ribadenses. Solicitan a colaboración dos veciños e veciñas porque a comisión está formada por poucos membros e orzamento das festas é elevado. Ademais explican que as persoas que non estean nas súas vivendas cando pasan a solicitarlles o donativo e queiran colaborar cos festexos poden facelo poñéndose en contacto con calquera membro da comisión ou ingresalo na conta que ten o...
leer másSiguen las visitas guiadas que organiza el Ayuntamiento de Viveiro. Habrá los días 25 y 26 de julio.
La Oficina Municipal de Turismo del Ayuntamiento de Viveiro continúa con las visitas guiadas programadas para estos meses de verano.
El próximo miércoles, día 25, organiza una visita guiada en el Vivertren por las zonas de Covas y Celeiro. Será a partir de las 12:00 horas y la salida tendrá lugar desde la Oficina de Turismo.
El jueves de esta semana, día 26, la visita será al casco histórico, y la salida también tendrá lugar a las 12:00 horas.
La Oficina Municipal de Turismo del Concello de Viveiro comunica que el sábado no habrá visita.
La reserva de plazas puede realizarse en la Oficina de Turismo, sita en la avenida Ramón Canosa s/n, y con el número de teléfono 982 56 08 79.
O parque de San Francisco será escenario de diversos espectáculos ao longo desta semana. Haberá citas para o público infantil e familiar e moita música. E o sábado en Porcillán terá lugar o concerto de Son do Sil.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “hoxe, martes 24, no parque de San Francisco ás oito e media da tarde as familias, e sobre todo os pícaros e as pícaras, que estean atentos porque vai aparecer un novo circo cun espectáculo titulado Baila un vestido verde con Pista Catro”.
O edil nacionalista contou que “tamén no parque de San Francisco, o día 25 de xullo, Día da Patria Galega, temos o concerto co que se conmemora esa celebración todos os anos en Ribadeo a cargo da Banda de Música Municipal de Ribadeo, que leva por título Concerto do Día da Patria, será ás oito e media”.
... leer másO Concello de Cervo convida a participar nos actos da Romaría de Sargadelos, na honra a Santiago Apóstolo.
Mañá martes, desde as 16:00 horas terá lugar a I Espetada Moura (pincho moruno en castelán); unha iniciativa xove dun grupo de mozos e mozas do municipio, que acompañados pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron hoxe a axenda de actividades. Haberá paintball, tiro con arco e rocódromo, de balde para as persoas asistentes. Será unha xornada solidaria, na que se recollerán alimentos para doar a unha ONG. Para o paintball hai anotadas 80 persoas, que conformarán 16 equipos.
Ás 20.00 horas está previsto que se comecen a servir as espetadas mouras, e a continuación haberá DJ.
Xa o mércores, 25 de xullo, ás 13:00 horas haberá misa solemne, seguida de procesión; e, a continuación, sesión...
leer másMariña Patrimonio organiza un desprazamento a Lourenzá o día 4 de agosto para coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da vila e dos seus vales. Para a ocasión contarase cun guía especializado, e ademais vanse xestionar as visitas guiadas ós edificios relixiosos (igrexas de Sto Adrano, Sto Tomé, S. Xurxo, mosteiro de S. Salvador, así como ao pazo de Tovar (incluídas as entradas).
No caso de que haxa un número suficiente de persoas, poderíase facer o desprazamento en bus con traxecto Viveiro - Foz - Lourenzá (con paradas intermedias), opción máis recomendable xa que hai que moverse de visita a visita.
Para máis información e para anotarse visitar o blog de Mariña Patrimonio na seguinte ligazón: https://mrpatrimonio.blogspot.com
A asociación Nordés Faladora organiza este sábado, 21 de xullo, un roteiro desde Bares ata as Grañas do Sor, guiado por expertos e coñecedores do patrimonio da bisbarra, que achegará aos participantes os puntos máis significativos da arte sacra da zona.
O filólogo Bernardo Penabade, a graduada en Conservación e Restauración Clotilde Lemoine, o Arcipreste do Ortegal e párroco de Santa María de Ortigueira F. Javier Martínez, e o párroco do Concello de Mañón e do Vicedo Cristóbal Rivas, xunto veciñas e veciños, achegaranse, ás dez da mañá, á parroquia de Santa María de Vares. Alí falarán da intervención sobre o retablo do século XV presente na igrexa. Sobre ás 11:30 horas visitarán Santa María de Mañón onde contemplarán exemplos da pintura mural galega dos séculos XV e XVI.
O percorrido rematará cara ás 13:00 horas...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión aos concellos pontevedres de A Guarda e Baiona. Será o 28 deste mes, sábado.
A actividade inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo, a comida, as entradas ao museo e ao castro de Santa Tecla con visita guiada, percorridos polas localidades de A Guarda e Baiona e seguro asistencia de viaxe. O prezo é de 50 euros por persoa.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
Unha das Festas con máis solera da Mariña teñen este fin de semana o seu epicentro en Xove. A parroquia de Lago celebra este fin de semana as súas Festas Patronais en honra á Virxe do Carme e a San Antón.
O amplo programa de actividades vai comezar o venres, 20 de xullo, cunha gran churrascada a partires das 8 da tarde no campo da festa, á que están citados tódolos xovenses e visitantes da Parroquia nestes dias. Cada ración vai incluir: churrasco de porco, ½ chourizo vermello, ½ chourizo criollo, patacas fritidas e pan.
Despois da churrascada, e para facer unha boa digestión movendo o esqueleto, unha gran verbena coa Orquestra Costa Dorada e o Grupo Tribal. Prevendo unha grande afluencia de público, a organización ten previsto amplos aparcamento no entorno do campo da festa co fin de facilitar a presenza de tódolos visitantes....