Eventos
O Concello lucense do Vicedo presentou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a celebración da “Romaxe Viquinga 2018”, que terá lugar os días 27 e 28 de xullo e que xurdiu tras o descubrimento dun posible asentamento viquingo no municipio. Na presentación interviñeron o alcalde-presidente do municipio, José Jesús Novo Martínez, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro Orol, o dúo artístico Queiman e Pousa, en representación da parte artística do evento, o senador José Manuel Barreiro e o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.
No acto presentouse a programación desta terceira edición da romaría, proxectouse un vídeo promocional con imaxes da pasada edición e Queiman e Pousa actuaron en directo con varias cancións do seu espectáculo nas que brillou a bela voz de...
leer másAs festas de Ribadeo, na honra de Santa María do Campo e de San Roque, contarán con dez actuacións musicais.
A asociación organizadora dos festexos anunciou que no San Roque, que se celebra o día 16 de agosto, actuarán a orquestra Palladium e a discoteca móbil Blanco y Negro.
E nas festas patronais de Santa María do Campo estarán as orquestras Los Satélites, Marbella, Gran Parada, Ritmo Joven, Gran Casino, Ibiza, La Favorita e Fénix, que actuarán nas verbenas programas para os días 5, 6, 7, 8 e 9 de setembro.
A Concellería de Cultura presentou hoxe a programación para este mes de xullo que inclúe, entre outras actividades, un concerto de jazz este xoves na praza da Mariña, o domingo 15 terá lugar unha nova edición do rastrillo popular solidario, o día 18 haberá cine ao aire libre, e a finais de mes, do 27 ao 29, celebrarase a Romaría do Monte Castelo.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “es una programación que se basa principalmente en las fiestas que coinciden en este mes de julio, la castrexa que ya pasó, el 6 y 7 de julio, y luego la romería del Monte Castelo que será los días 27, 28 y 29 de julio”.
O edil sinalou que “en verano dejamos un poco de lado las actuaciones en el auditorio, que creo que es mucho mejor en invierno y en otras épocas del año. El verano es más de estar en la calle, disfrutando de...
leer másO pazo de Tovar acollerá este sábado, día 14, a partir das 17:30 horas a segunda edición da Festa Campesiña, evento que organiza o Concello de Lourenzá e no que colaboran varias asociacións do municipio e a Deputación Provincial de Lugo. O cartel do festexo foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira Mercedes Dengra.
A rexedora municipal explicou que “esta cita é unha das máis singulares dentro do calendario lúdico do noso municipio. Conta co respaldo dos veciños e veciñas, representados nas distintas asociacións que colaboran na organización deste evento. É por tanto un punto de encontro, de reunión, no que todos os veciños acoden a este lugar a pasar un día en sociedade e a gozar dos encantos que esconde esta fermosa fortaleza”.
Ademais Rocío López anunciou que “o programa deste ano é unha...
leer másO Concello de Mondoñedo organiza un verán máis “Os Seráns de Lecer dos Xoves de Verán”.
A actividade comezou o xoves 5 de xullo e prolongarase durante todos os xoves do verán ata o 23 de agosto, e desenvolverase na Praza do Concello.
Programación
O programa inclúe xogos tradicionais, circo, concertos de música, teatro e títeres.
“Os Seráns de Lecer dos Xoves de Verán” inaugurou a súa edición do ano 2018 o xoves 5 de xullo na que Puzzle Animación desenvolveu xogos tradicionais.
O xoves 12 de xullo ás 20:30 horas a compañía Circo Chosco levará a cabo o seu espectáculo “Riscando o Ceo”.
O día 19 de xullo haberá dobre sesión. Ás 19:00 horas estará a Gaitaescola coa súa actuación “Troula fin de curso” e ás 21:00 horas a actuación de...
leer másTal e como confirmaron desde a organización “deseñouse unha programación variada coa que pretendemos chegar a todos os públicos”. Así, haberán teatro, humor e moita música de todos os estilos.
O mércores, 11 de xullo, a Asociación de Enfermos Mentais da Mariña representará a súa obra Teatro contra o bullyng, eres único. Será ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura.
O xoves, 12 de xullo, O Bordelo actuará coa súa peza teatral Depende. Ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.
O venres, 13 de xullo, será a quenda do Grupo de Teatro Ardora de San Ciprián, coa súa obra Flor de Outono. Ás 21:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura.
Xa o sábado, a partir das 19:30 horas, na Praza dos Campos, terá lugar un show de maxia e humor, a actuación de Brais e...
leer másEn Burela está aberto o prazo de inscrición nas primeiras rutas biosaudables, que organiza a Concellería de Servizos Sociais en colaboración coa Fundación Siel Blue. Vanse realizar os luns, mércores e venres desde o 9 de xullo ao 7 de setembro.
A edil Patricia Otero explicou que “se encuentra abierto el plazo de inscripción para las primeras rutas biosaludables que se organizan desde la Delegación de Servicios Sociais del Concello de Burela. Estas actividades se realizarán los lunes, miércoles y viernes comenzando el próximo 9 de julio y terminando el 7 de septiembre. El punto de encuentro será a las 11.00 horas en la Plaza del Concello”.
A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “la inscripción, que es gratuita, hay que realizarla en el Concello. Está abierta a todas las edades. Con la rutas biosaludables...
leer másAs festas do Carme de Foz serán pregoadas nesta ocasión polo mestre e investigador da historia local Antón Niñe o 13 deste mes, venres. Ese mesmo día actuará nos festexos o grupo musical Dos pájaros y un trío, que ofrecen un espectáculo tributo aos cantautores Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat co que levan desde 2009 triunfando en moitas localidades españolas.
O presidente do colectivo SempreFoz, que organiza das festas do Carme da vila focense, e concelleiro de Cultura focense, Ánxel Paleo, anunciou hoxe que “o venres 13 de xullo darán comezo as festas do Carme de Foz na igrexa parroquial co pregón a cargo de Antón Niñe. E desde SempreFoz, como comisión organizadora, queremos dar o noso agradecemento a Antón Niñe, mestre e investigador da historia local, por aceptar a nosa proposición de ser o pregoeiro das Festas do Carme de Foz. Anton...
leer másO Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, acompañados de ducias de veciños, inauguraron un novo aparcadoiro de autocaravanas, que financiou a Deputación con 36.000 euros en terreos de titularidade municipal. Ten capacidade para 40 vehículos e atópase na parroquia de San Pedro de Mor. Trátase da única instalación desta natureza na Mariña interior lucense.
Santos Ramos destacou a importancia desta nova área “para o impulso turístico na zona, e para a difusión do patrimonio histórico, paisaxístico e cultural da comarca”.Nestes senso apuntou que “este tipo de proxectos contribúen a incrementar o número de visitantes de Alfoz, promovendo o turismo, e a xeración de riqueza, nun entorno natural e único como é o deste Concello mariñán”.
Val Díaz agradeceu a...
leer másA Delegación de Medio Ambiente do Concello de Barreiros organiza a Romería de Santo Estevo do Ermo, que se celebrará o vindeiro sábado, 7 de xullo.
O programa de actos dará comezo ás 10:00 horas cunha ruta a pé que sairá dende o Concello. Ás 12:30 horas será a misa e despois a procesión, ás 13:30 horas haberá unha degustación de empanada de sardiñas e ás 14:00 horas terá lugar a sesión vermú co Dúo Epok.
Pola tarde, a partir das 16:00 horas haberá xogos infantís con agasallos para os gañadores, un torneo de tute e o concurso de fotografía Santo Estevo 2018. Ás 19:00 horas terá lugar a entrega de premios.
A xornada rematará cunha actuación musical do Dúo Epok que comezará ás 20 horas.
A asociación Mar e Monte colabora coa Delegación de Medio Ambiente do Concello...
leer más