Eventos
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Festa do Marisco de O Grove con visita á Illa de A Toxa. Será o día 6 de outubro, sábado.
A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo e o seguro de viaxe obrigatorio. O prezo é de 30 euros por persoa.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
A Rede Museística da Deputación ofrece un total de 36 actividadesaos escolares da Provincia, que terán lugar nos catro museos que conforman dita rede: O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor. Así o avanzou no Museo Provincial de Lugo, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. As inscricións realízanse no Departamento de Didáctica de cada Museo. Para máis información pódese consultar http://redemuseisticalugo.org/index.asp. No acto estivo acompañada pola Directora do Museo Provincial, AureliaBalseiro e a Xerente da Rede Museistica, Encarna Lago.
García Porto explicou que a Deputación “pon a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso escolar 2018/2019 coa idea de fomentar o achegamento do...
leer másHoxe presentouse na Praza do Centro Cívico de Xove a II Concentración DE Vehículos clásicos e Históricos, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense, nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias.
A concentración vaise desenvolver en Xove o vindeiro sábado, 29 de setembro, durante todo o día.
A organización conta, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a Comarca.
Para realización desta xuntanza, fíxose unha convocatoria, que vai estar aberta ata o mesmo día da concentración. Nestes momento as inscricións tanto de coches como de motos van a moi bó ritmo.
O Programa de actividades vai ser o seguinte:
-De 9:00 a 11:00 horas.- Recepción e...
O Concello abriu o prazo de inscrición para participar no XV Mercado do Nadal, que terá lugar en Ribadeo do 6 ao 9 de decembro. Este evento “quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e o deseño, plataforma onde se visualice o seu traballo e talento creativo e innovador”, sinalan desde a Concellaría de Desenvolvemento Local.
E subliñan que “no Mercado do Nadal poderán participar artesáns con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal e sexan de autoría propia, tamén produtos de gastronomía artesanal e creadores, artistas pola súa vertente de creatividade e deseño: artistas plásticos, gráficos, dixitais, xoguetes, moda, etc… que teñan capacidade para exhibir e vender pezas suficientes e que a creación sexa de autoría propia e a distribución sexa a pequena escala...
leer másO Concello de Burela celebrará este sábado, 22 de setembro, diversos actos con motivo do 50 aniversario do barco museo Reina del Carmen. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, anunciou que haberá unha charla e unha visita ao barco. Os tripulantes do boniteiro e os guías turísticos deste museo flotante serán os protagonistas deste día e recibirán un recordo do mesmo. Xa pola tarde haberá unha xornada de portas abertas e todas aquelas persoas que o desexen poderán visitar o barco museo de xeito totalmente gratuíto.
O edil de Turismo, Ramiro Fernández, contou que “o día 22 imos celebrar o 50 aniversario do barco boniteiro Reina del Carmen. Imos celebrar ese aniversario desde a primeira vez que saíu faenar ese barco, que é emblema turístico de Burela”.
O concelleiro burelés dixo que “vai ser algo sinxelo,...
leer másO Concello de Lourenzá presentou o cartel da vixésimo oitava edición da Festa da Faba, que se celebrará do 5 ao 7 de outubro. A autora é Aixa Paz Mora, natural de Lourenzá e licenciada en Belas Artes. A alcaldesa, Rocío López, tamén anunciou que a pregoeira da Festa da Faba 2018 será a xornalista e locutora de radio Marta Docampo, laurentina afincada en Madrid. O pregón será o día 6, sábado, ás 12:00 horas.
A rexedora explicou: “hoxe presentamos o cartel desta 28 edición da Festa da Faba de Lourenzá. A autora é unha muller, Aixa Paz Mora, natural de Lourenzá e que cursou Belas Artes”.
Rocío López salientou que “non é fácil dar cun cartel que transmita a esencia desta festa, a esencia do val e a esencia da faba. Todo iso que os laurentinos e todos os que nacemos aquí coñecemos de primeira man e que queremos, pero...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, recibiu onte a un grupo de mozos e mozas que participaron nunha ruta guiada á Cova do Rei Cintolo entre os que se atopaba a visitante número 12.000 dende que comezaron as visitas guiadas á cavidade. Por ese motivo, a rexedora local fixo entrega dun diploma acreditativo e convidou a Lidia Riobó a coñecer a cova máis extensa de Galicia de xeito gratuíto.
O Goberno local destaca que “no presente ano 2018 se están superando todas as cifras de visitas á cova rexistradas nos anos anteriores”. De feito, as cifras de mediados de setembro amosan un incremento do 5% sobre o final de setembro do ano pasado. Igualmente, o mes de agosto pechousecun incrementodo número de visitantes por riba do 35% con respecto ao ano 2017.
Agora mesmo xa se superanun 2% as cifras do peche de campaña do...
leer másA parroquia de Cervo celebra a Festa na Honra da Virxe das Dolores esta fin de semana.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e os membros da A.C. Virxe das Dolores, Juan José Pardo e Federico Lage, presentaron o evento.
A cita comezará o sábado 22 coa preparación da alfombra floral ás 12:00 horas. A esa mesma hora, dará comezo a V Festa Popular dos Callos; que se reanudurá pola tarde, e que estará amenizada por DJ FDB.
Ás 22:00 horas comezará a Gran Verbena a cargo da orquestra Salsarena; seguida da actuación de Tania Veiras, que fará unha homenaxe á canción galega.
Xa o domingo 23 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial e a continuación terá lugar o pasarrúas e a procesión acompañada da banda TAU de Viveiro.
...
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Presidente da Comisión das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto Cabana deron conta, este luns, no Pazo de San Marcos, do convenio de colaboración entre as dúas entidades para promocionar as Feiras das San Lucas de Mondoñedo. Celébranse dende o ano 1.156 e están consideradas as máis antigas de Galicia e unha das mais antigas de Europa. Comezan o día 17 e rematan o 21 de outubro. Esta colaboración supón un investimento de 20.000 euros por parte do organismo provincial, convertendo así á Deputación no principal patrocinador desta cita.
Campos Conde remarcou que “dende o Executivo Provincial é un autentico privilexio promocionar unha feira con tanta tradición, xa que conta con 862 anos de historia, e esta considerada unha das mais antigas de Europa. E facémolo co obxectivo depromover,...
leer másDo 16 ao 22 de setembro desenvolverase en Burela a décimo segunda Semana Europea da Mobilidade cun amplo programa de actividades. Este domingo de nove da mañá a dez da noite estará pechada ao tráfico a rúa Pardo Bazán, entre Curros Enríquez e Eijo Garay. Durante todo o día haberá mesas informativas, xogos, unha ruta ciclista, unha ruta xeolóxica polo Cantiño, un paseo a cabalo para nenos e nenas con cabaliño de pau, inchables e tamén unha merenda e chocolatada.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, que presentou a SEM esta mañá dixo que “por 12º ano consecutivo o Concello de Burela organiza a Semana Europea da Mobilidade entre o 16 e o 22 de setembro. Esta iniciativa europea anima ás cidades a introducir e promover medidas de transporte sostible e invita aos cidadáns a probar alternativas ao uso do automóbil”.
... leer más












