Eventos

Etiquetas:
18/01/2018

Todo está listo en Ribadeo para a celebración da VII Festa do Comercio de Acisa, que terá lugar o vindeiro sábado, día 20. O xerente, Jesús Pérez, anima a participar no sorteo, que será dinámico e breve. As persoas que non poidan acceder ao Cine Teatro seguirán a cita desde a rúa, onde haberá son e proxección do que estea a acontecer dentro da instalación. 

O xerente de Acisa dixo hoxe: “lo primero que quiero recordar a todo el mundo es que la gala empieza a las ocho y media de la tarde, pero es importante que la gente se pase por el Cine Teatro a partir de las cuatro de la tarde porque habrá una mesa con una urna en la entrada para depositar las matrices de las rifas. La matriz es la parte pequeñita de la rifa y lleva el mismo número que la parte grande. Entonces simplemente hay que recortarlas, meter la parte pequeñita en la urna y...

leer más
Etiquetas:
17/01/2018

O vindeiro luns, 22 de xaneiro, darán comezo os talleres para a terceira idade que organiza o departamento de Servizos Sociais do Concello barreirense. Esta mañá foron presentados. 

O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “son uns talleres para a terceira idade, como se viña facendo xa en anos anteriores en San Cosme de Barreiros, pero agora lévanse tamén a San Miguel de Reinante e máis a Vilamar, para dar cabida a que poida participar toda a xente maior que queira”.

O rexedor dixo que “estes talleres consisten en traballar con distinto material para previr enfermidades como ao alzheimer e outras que poden xurdir sobre todo na xente maior. E ao mesmo tempo aproveitar para estar xuntos un día á semana, charlar, verse e contar as súas cousas. Sempre tiveron boa participación e esperamos que este ano tamén sexa así...

leer más
Etiquetas:
16/01/2018

Concello e Acisa asumen neste 2018 a organización do Entroido, ante a falla dunha comisión veciñal que se faga cargo deste evento. Contan coa colaboración dun pequeno grupo de voluntarios, que a título individual lles queren botar unha man. Hoxe presentouse o cartel do festexo, que xirará entorno a Hollywood. O programa, que incluirá a gala inaugural, o desfile do martes e a Queima do Entroido será presentado dentro duns días. Os organizadores traballan para pechalo canto antes. Os premios do desfile serán da mesma contía que en anos anteriores. 

O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “estamos aquí para presentar algo inédito para nós, tanto para Acisa como para o Concello de Ribadeo, porque as dúas partes estamos presentando o Entroido 2018 de Ribadeo. Isto é así porque este ano lamentablemente non demos conseguido unha comisión de homes...

leer más
Etiquetas:
15/01/2018

El auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acogerá el día 27 de este mes, sábado, a partir de las 19:00 horas un evento solidario a favor de dos protectoras de animales de A Mariña: Bigotes, de Burela, y Valadouro Alfoz. Está organizado por la iniciativa Creer es Crear, que promueven Juan Luis y Guillermo Amor, y el centro veterinario Anima Mundi, de Ribadeo. Cuentan con la colaboración del Concello de Ribadeo.

El evento se denomina EmocionArte y habrá charlas motivacionales a cargo de los organizadores, actuaciones del grupo de danza del vientre Dumtak de Nur y un espectáculo final con música y voz en directo que protagonizarán dos artistas locales que quieren mantenerse en el anonimato hasta la celebración del evento.

Los organizadores explican que EmocionArte “es un evento que se hace a favor de dos...

leer más
Etiquetas:
12/01/2018

As tarxetas para participar na cea de coroación do rei do Entroido de Foz poderán retirarse a partir do vindeiro martes, día 16, desde as nove da mañá na Delegación de Cultura do Concello focense.

O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou que “o próximo martes, día 16, ábrese o prazo para retirar as tarxetas para a cea de coroación do rei do Entroido, que se celebrará o día 27 deste mes na Sala Bahía. Poderanse retirar en días sucesivos ata o remate das prazas na Delegación de Cultura por parte dunha persoa responsable da mesa, previo pago das tarxetas. Non se reservarán telefonicamente nin por outro medio. O prezo será o mesmo que os anos anteriores, 25 euros por persoa”.

Ánxel Paleo engadiu que “a cea estará amenizada por Disco Moraima e dende a organización agradecemos que todos os asistentes acudan...

leer más
12/01/2018

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Fonsagrada para degustar o tradicional cocido dese municipio. Será o día 21 deste mes, domingo, e os participantes tamén visitarán Meira e Santa Eulalia de Oscos.

O prezo para participar na excursión é de 35 euros por persoa e inclúe almorzo, comida do cocido típico da Fonsagrada, o desprazamento en autocar e o seguro de viaxe obrigatorio.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.

 

 

Etiquetas:
11/01/2018

Música, cine, teatro, os IES literarios e dous certames conforman a axenda cultural do Concello de Ribadeo para o primeiro trimestre de 2018. O programa foi presentado esta tarde por Farruco Graña. 

O concelleiro de Cultura dixo que “antes de entrar no que é a presentación da axenda cultural deste trimestre en Ribadeo queremos nomear dúas convocatorias moi interesantes e con premio. Presentámolas no seu día mais lembrámolas por entrarmos xa  de cheo nos prazos en que poden presentarse os traballos. A primeira é o II Certame literario e de artes plásticas xuvenil Concello de Ribadeo, que busca premiar propostas creativas de mozas e mozos dos concellos da Mariña. Un premio de 500 euros recoñecerá os traballos gañadores en cada categoría e o prazo de presentación remata o 31 de marzo deste ano. Tedes toda a información na web do Concello, no...

leer más
Etiquetas:
08/01/2018

A axenda cultural do Concello de Burela para o primeiro trimestre deste 2018 inclúe monólogos, teatro, cine, rastrillo popular e o musical infantil El gato con botas. Por Burela pasarán estas semanas figuras como El Sevilla, Luís Zahera, Miguel Lago ou Carlos Blanco, entre outros. Tamén estarán na localidade o Coro  Uganda Natumayini, o grupo de jazz Sumrrá e o mentalista televisivo Jeff Toussaint.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, salientaba hoxe na presentación desta axenda que “los objetivos los mantenemos igual o parecidos a los del 2017. El año pasado nos funcionó bien, tanto en respuesta de público como en todo en general. Entonces mantenemos esa idea de combinar artistas de cualquier tipo tanto en música como baile, humor y teatro de primer nivel con teatro aficionado de la zona, y con esas cosas que siempre estamos programando...

leer más
Etiquetas:
08/01/2018

En Lagoa, Alfoz, celébranse os días 27 e 28 deste mes de xaneiro as festas na honra a San Vicente.

O sábado 27, ás 21:30 horas, terá lugar a Festa dos Callos con verbena amenizada pola orquestra Gran Parada. Haberá queimada gratuíta, e instalaranse mesas e bancos nun recinto con carpa completamente pechada e calefacción. Ademais sortearase un fin de semana para dúas persoas no Balneario de Carballo.

O domingo 28, ás 13:00 horas, celebrarase a misa solemne seguida de procesión. Haberá tamén sesión concerto e actuación do Grupo Tribal.

Organiza a comisión de festas e Asociación de Veciños, coa colaboración do Concello de Alfoz e a Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
06/01/2018

O local das asociacións de A Pontenova acollerá unha cea guateque o día 13 de xaneiro de 2018, sábado, ás 21:30 horas. Este evento está organizado pola asociación local de mulleres rurais coa colaboración do Concello de A Pontenova.

Despois da cea, a partir das 23 horas, haberá baile con música dos anos 60 a cargo do dúo Karmín. Os organizadores animan aos participantes a asistir caracterizados dos anos 60.

O prezo das entradas é de 20 euros para os adultos e 10 para os nen@s. Os tiques poden recollerse ata o 11 de xaneiro en Teresa roupa para todos e O Lar de Balbina, establecemento que servirá a cea.