Eventos

Etiquetas:
02/02/2018

Este venres, 2 de febreiro, comezan as Festas da Candelaria na parroquia de Rúa, no concello de Cervo, que se prolongarán ata o vindeiro domingo, día 4.

Hoxe, venres, a partir das 22:00 horas, haberá verbena coas orquestras Ritmo Joven e Capitol.

O sábado, 3 de febreiro, ás 13:00 horas terá lugar unha misa cantada e procesión. A continuación celebrarase unha sesión vermú coa orquestra Compostela, e pola noite a verbena estará amenizada polas orquestras Compostela e Panamá.

O domingo, 4 de febreiro, ás 13:15 horas haberá unha misa cantada e procesión, e a continuación a sesión vermú coa orquestra Abanico que volverá a actuar na verbena a partires das 20:30 horas. 

Os festexos terán lugar nunha carpa pechada con calefacción.

Estas festas...

leer más
Etiquetas:
01/02/2018

Esta fin de semana en Ribadeo, durante o sábado 3 e o domingo 4, a partires das 12:00 horas poderanse mercar filloas no contorno do Teatro colaborando dese xeito co entroido ribadense.

Tamén o domingo, 4 de febreiro, o grupo Elefante Elegante presenta o espectáculo A danza da choiva para nenos e nenas de 3 anos en diante. Nesta representación, que trata sobre qué acontecería se de súpeto deixase de chover para sempre, conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques. Será ás 17:30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é 3 euros e a duración da obra 50 minutos.

 

Etiquetas:
31/01/2018

A Concellería de Deportes organiza unha viaxe á neve este domingo, 4 de febreiro, á estación de esquí de Leitariegos. O alcalde, Alfonso Fuente, comunica que aínda quedan prazas libres e anima a participar nesta actividade.

O rexedor barreirense lembrou que “o próximo domingo, día 4, dende a Concellería de Deportes faise unha viaxe á neve, unha visita a Leitariegos. Neste momento aínda nos queda algunha praza, polo tanto animar a toda aquela xente que queira participar nun día na neve a que se anoten”.

O alcalde puntualizou que “non é necesario ir esquiar, senón simplemente a pasar o día vendo unha estación de esquí, pasando un día en familia na neve”.
Alfonso Fuente Parga dixo que “os que queiran participar teñen que chamar ao Concello ou ao noso concelleiro ao teléfono 661 431 536”. 

 

Etiquetas:
30/01/2018

Tras o éxito da cea de coroación do Rei do Entroido focense a festa continúa o xoves, 8 de febreiro, coa celebración do Xoves de Comadres nunha cea-baile no Restaurante Leytón ás 21:30 horas, organizada por AFFAMER e a Asociación de Amas de Casa de Foz.

O venres, 9 de febreiro, terá lugar o Pregón do Entroido 2018 a cargo de Fálame Sempre. Será na Sala Bahía ás 20:00 horas. De seguido desenvolverase o Concurso de Coplas a partires das 20:30 horas tamén na Sala Bahía.

O sábado, 10 de febreiro, ás 10:00 horas será o fogonazo e durante todo  o día actuará Perkusiona Escolas de Batukada. Ás 17:00 horas dará comezo o Desfile de Entroido no que se repartirán máis de 7.000 euros en premios. Ao remate haberá unha chocolatada no Campo da Cabana. Ás 23:30 horas terá lugar un Gran Baile na Sala Bahía coas orquestras Gran...

leer más
Etiquetas:
30/01/2018

O programa de Entroido organizado polo Concello de Burela desenvolverase dende 11 ata o 14 de febreiro.

O domingo, día 11, será o Día do Desfile que dará comezo ás 17:00 horas con saída dende a rúa do Ril. As inscricións para participar poden realizarse na Casa da Xuventude, por correo electrónico en acasadaxuventude@burela.org, no local social da S.C.R. Ledicia sito na rúa do Ril número 4 ou o propio día do desfile entre as 16:00 e as 16:45 horas.

Ao remate do desfile, na carpa instalada na Praza do Concello, haberá unha chocolatada coa actuación dun dj e procederase á entrega de premios.

Os premios na categoría de Carrozas serán de 500 euros para o primeiro e 250€ para o segundo, ao igual que nas modalidades de Charangas e Comparsas. Na...

leer más
Etiquetas:
30/01/2018

O 11 de febreiro terá lugar o Festival de Entroido Infantil e Xuvenil 2018, que organiza o Concello barreirense a través da Concellería de Cultura e da Oficina Municipal de Infomación Xuvenil.

Ese día de 17:30 a 20:15 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro haberá baile, música e desfile de disfraces infantil e xuvenil con premios para os disfraces individuais, parella e grupo e tamén agasallos para todos os participantes. Os rapaces e rapazas asistentes gozarán tamén da actuación de Chrystian Magic. A festa contará coa animación e o acompañamento dos cabezudos.

Desde o Concello animan a nen@s e rapaces a asistir a esta cita co Entroido en Barreiros. 

 

Etiquetas:
30/01/2018

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación dos campionatos de baristas que celebrará o IES de Foz entre os días 21 e 23 de febreiro.

Trátase da undécima edición do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, e da sexta edición tanto do Campionato Internacional de Cata de Cafés das Escolas de Hostalería como do  Campionato Internacional de Baristas Profesionais.

Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, o director do centro, Nicolás Asensio, e o profesor encargado da coordinación dos certames, José Ríos, entre outros.

Etiquetas:
30/01/2018

Mondoñedo celebra o seu tradicional desfile de Entroido o sábado 17 de febreiro. O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García; e o de Deportes, Industria e Promoción Económica, Manuel Tapia, presentaron o cartel anunciador dos festexos deste ano, durante os que se repartirán 5.000 euros en premios, con seis galardoados na categoría de comparsas e cinco na de grupos, ademais dos individuais. 

Alberto García asegurou que dende o Goberno local “amosámonos anualmente comprometidos coa celebración do Entroido e coa importancia de incluír novidades e cambios na súa programación, que permitan dinamizar e impulsar o tradicional desfile da nosa cidade, ao que acoden participantes chegados de diferentes puntos da comarca e mesmo de fóra da Mariña”.

Pola súa banda, o edil de Deportes, adiantou que as...

leer más
Etiquetas:
29/01/2018

Burela participará en Xantar 2018, a Feira Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, subliñou que Burela estará presente cun stand no que se promocionarán tanto o bonito e outros produtos da pesca como o Barco Museo, as praias e as rutas xeolóxicas.

O edil burelés dixo que “desde a Delegación de Turismo do Concello de Burela queremos anunciar que imos ter presenza un ano máis na feira gastronómica Xantar. Seguimos apostando por este tipo de feiras que entendemos que son positivas para a promoción tanto dos nosos produtos pesqueiros como da nosa imaxe de pobo”.

O concelleiro de Turismo explicou que “imos ter presenza alí cun stand onde imos contar coa colaboración neste caso de Conservas Ares, que nos vai...

leer más
Etiquetas:
29/01/2018

O vindeiro sábado, 3 de febreiro, terá lugar en Barreiros a 1ª Cea Baile de Entroido, que organizan o CF Celta e as comparsas Habelas Hainas e Os Macanudos. Con eles colabora o Concello barreirense. 

A cea dará comezo ás 22:00 horas e celebrarase no polideportivo de San Cosme de Barreiros. O menú constará de sopa de cocido, cocido con morro, rabo, orella, lacón, botelo, costela salgada, carne fresca, patacas, garavanzos, chourizo e repolo. Ademais completarase con postre, viño tinto, auga e refresco, café e chupito. Será servida polo catering Chao dos Navais, e o prezo por persoa é de 20 euros.

Esta Cea Baile de Entroido estará amenizada por Discoteca móbil Eventec. Os asistentes poden ir disfrazados si o desexan. 

As persoas interesadas en participar nesta cea poden facer as súas...

leer más