Eventos
A programación cultural do Concello de Foz para a segunda quincena deste mes inclúe actividades de danza, música, teatro e a cabalgata de Papá Noel.
A Sala Bahía, de Foz, acollerá este sábado, 15 de decembro, un obradoiro infantil e xuvenil de danza urbana e contemporánea, ás doce do mediodía, e un espectáculo de danza infantil ás 18:30 horas. O obradoiro de danza urbana e contemporánea é para rapaces e rapazas a partir de 9 anos de idade. Para participar hai que anotarse na Delegación de Cultura do Concello de Foz. E o espectáculo de danza infantil que haberá na Sala Bahía a partir das 18:30 horas titúlase Gaia e corre a cargo de Entremans, de A Coruña, con coreografía e interpretación de Kirenia C. Martínez e Estefanía Gómez. Está dirixido a maiores de 3 anos e ten unha duración de 50 minutos. O prezo das entradas é de 1,5 euros para...
leer másA programación de Nadal organizada polo Concello de Lourenzá comezará este domingo, día 16, cun obradoiro e espectáculo de maxia. E rematará coa cabalgata dos Reis Magos o 5 de xaneiro.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que “este próximo domingo, 16 de decembro, a partir das cinco da tarde, Hermanager Producións trae á carpa situada no Campo dos Bolos o espectáculo Apren-Deimi e un obradoiro de maxia. Desta maneira o Concello de Lourenzá colabora coa celebración do Mercado de Nadal que organiza a ACIAL durante a fin de semana”.
Manuel Arango engade que “o venres 21 de decembro o grupo Trípode porá en escena a obra Cousas de vellos. Será na escola de San Adriano ás 19:30 horas. O domingo 23 de decembro ás 17 horas Fran Rei presenta o espectáculo cómico O conto de Barriga Verde. Será na carpa situada...
leer másO Concello organiza unha Festa de Nadal que se celebrará o 22 de decembro. Os destinatarios son os máis pequenos e as máis pequenas da casa. O evento terá lugar no pavillón municipal de San Cosme de 16:00 a 19:00 horas.
Haberá inchables, obradoiros e animación musical. Os nenos e nenas que participen nesta festa recibirán a visita de Papá Noel. E rematarán a xornada disfrutando dun chocolate con churros.
O Concello de Barreiros convida a tod@s, especialmente aos máis pequenos da casa, a participar nesta Festa de Nadal do 22 de decembro.
A Sala Bahía, de Foz, acollerá este sábado, 15 de decembro, un obradoiro infantil e xuvenil de danza urbana e contemporánea, ás doce do mediodía, e un espectáculo de danza infantil ás 18:30 horas. Son actividades organizadas pola Delegación de Cultura do Concello focense.
O obradoiro de danza urbana e contemporánea e para rapaces e rapazas a partir de 9 anos de idade. Para participar hai que anotarse na Delegación de Cultura do Concello de Foz.
E o espectáculo de danza infantil que haberá na Sala Bahía a partir das 18:30 horas titúlase Gaia e corre a cargo de Entremans, de A Coruña, con coreografía e interpretación de Kirenia C. Martínez e Estefanía Gómez. Está dirixido a maiores de 3 anos e ten unha duración de 50 minutos. O prezo das entradas é de 1,5 euros para nenos e de 2,5 para adultos.
... leer másO programa Aquí?... coma de 20!!! está a preparar unha árbore de Nadal moi especial e pide axuda. Ademais desde o departamento de Servizos Sociosanitarios informan que do 7 de xaneiro ao 31 de maior terá lugar nas parroquias unha nova edición da actividade denominada Envellecemento activo.
Desde a Área de Servizos Sociosanitarios explican: “en primeiro lugar compartir con todos e todas vos un proxecto común para o que precisamos axuda. Estamos a ganduxar para facer unha árbore de Nadal, o tempo corre e temos ata o 22 de decembro para telo listo. Todas aquelas persoas que estean interesadas en colaborar deixámosvos un contacto para toda a información que precisedes. Contactade con Susana Álvarez, a dinamizadora sociocultural do Concello de Ribadeo no teléfono 652984054”.
Ademais este departamento municipal anuncia...
leer másA galería ribadense Terra Branca acollerá este venres, 14 de decembro, a presentación da Axenda Feminista 2019 do Observatorio da Mariña pola Igualdade, que está dedicada ás artistas visuais galegas.
Nese calendario cada mes a protagonista é unha muller e unha imaxe súa, ademais aparece unha pequena entrevista sobre o seu traballo como artista e unha valoración con perspectiva de xénero. Desde o Observatorio indican que o obxectivo é dar a coñecer e por en valor o traballo de 12 mulleres galegas, en diferentes ámbitos, neste caso nas artes visuais”.
O propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, explica que “nos agradó la propuesta que nos plantearon desde el Observatorio da Mariña pola Igualdade como galería de arte que somos y porque la mujer está muy presente en nuestras creaciones”.
... leer másO Concello de Mondoñedo agasalla aos visitantes que esta ponte se achegan á localidade, de maneira que os turistas que se aloxen en calquera establecemento local poderán desfrutar de balde das audioguíasficcionadas ‘Merlín e familia. Un paseo emocionante polo Mondoñedo de Cunqueiro.’
Estas audioguías, realizadas por la Compañía de Teatro Chévere e financiadas pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense e o Concello de Mondoñedo, teñen unha duración de 45 minutos e propoñen un percorrido da mesma duración desde a Oficina de Turismo de Mondoñedo ata o cemiterio Vello guiados por "Rula" que, xunto cos mindonienses, nos debuxan o escenario dunha cidade entrañable e máxica, o Mondoñedo de Cunqueiro.
As persoas aloxadas nos esteblecemento locais poden recoller as audioguías na Oficina de Turismo municipal. Os...
leer másA Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, de Cervo, organiza diversas actividades navideñas que deron comezo este xoves, 6 de decembro, cun obradoiro para adornar o local social de cara ao Nadal.
O domingo 16 haberá unha recollida de alimentos para colaborar con Cáritas de Cervo.
O domingo 23 terá lugar a visita de Papá Nöel ao local da asociación a partires das 16:30 horas.
O luns 31 celebrarase unha xuntanza no local social para despedir o ano e brindar polo 2019. Será entre as 19:00 e as 20:30 horas.
O Salón de Actos da Deputación acollerá os días 18 e 19 de decembro unha xornada de turismo agroalimentario e desenvolvemento local, na que participarán 15 expertos relacionados con proxectos turísticos na provincia. Así o avanzou este martes en rolda de prensa o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e no que se trataran temas como as novas oportunidades como agroturismo ou as claves para a creación de produtos de enoturismo. A xornada, enmarcada dentro do Plan Estratéxico de Turismo, inclúe unha visita a Ruta da faba de Lourenzá. A inscrición é gratuíta.
Vidal Baamonde sinalou que “dende o Goberno da Deputación coñecemos as posibilidades e o potencial turístico desta provincia, por iso, a través destas xornadas pretendemos favorecer un intercambio de ideas que poida xerar sinerxías e servir de impulso deste tipo de turismo na...
leer másEste venres, 7 de decembro, ás 19:00 horas, terá lugar a inauguración do belén a tamaño real Viveiro ante o berce.
Este belén, instalado no atrio da igrexa de Santa María, poderá visitarse ata o día 13 de xaneiro. Está considerado como un dos máis importantes de Galicia e destaca pola dimensión das súas pezas, pola extensión do seu conxunto e polo enclave histórico-monumental no que está situado.
Pode considerarse como un dos referentes do Nadal galego e dende o Concello constatan como cada ano se incrementa o número de visitantes, sendo frecuente recibir chamadas de asociacións e de centros educativos, tanto de Galicia como de fóra da Comunidade, pedindo información para organizar excursións co fin de visitalo.












