Eventos
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, organiza para o 17 de decembro unha excursión desde A Mariña para visitar o Belén Artesanal en Movemento de Valga, en Pontevedra, e Padrón.
A viaxe empezará en Ribadeo e o autocar recollerá a participantes noutras localidades da Mariña. En Padrón visitarán a localidade e o mercado semanal e comerán. Despois desprazaranse ata Valga para ver o seu gran belén, declarado de interese turístico galego.
O prezo para participar na excursión é de 30 euros por persoa e inclúe o desprazamento en autocar, a comida, a visita ao Belén de Valga e o seguro de viaxe obrigatorio. Para a reserva de prazas hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
... leer másA Concellería de Cultura poñerá á venda anticipada a partir do vindeiro luns, 20 de novembro, as entradas para asistir ao monólogo de Enrique San Francisco, que terá lugar o 9 de decembro na Casa da Cultura. Ademais a partir do 1 de decembro tamén estarán á venda as entradas para presenciar o ballet clásico El lago de los cisnes.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “las entradas para el monólogo que vamos a tener aquí de Quique San Francisco, el día 9 de diciembre, sábado, a las nueve y media, van a salir a la venta en anticipada a 11 euros el día 20 de noviembre, el próximo lunes. A partir de las diez de la mañana, estarán a la venta estas entradas en la Biblioteca Municipal, también en la Casa da Xuventude y en el restaurante Mis en Plas, que la gente tome nota de los tres sitios porque hay un pequeño cambio en el local de...
leer másA asociación cultural Tá en Artes, que organiza a Semana das Artes da Mariña presenta este mércores, 15 de novembro, ás 20:00 horas na Casa de Administración de Sargadelos, a súa programación.
Esta nova programación inicia o camiño de homenaxear aos/ás artistas da Mariña para achegarnos ao seu labor. Este ano a homenaxe será a Juan Puchades Quiles e con tal motivo terá lugar unha exposición de antigos/as alumnos do artista a partires do 23 de marzo de 2018, na antiga Casa Cuartel de Mondoñedo. Organizan este evento xunto a Tá en artes, o Concello de Mondoñeo, o IES San Rosendo e a Deputación.
A Semana das Artes da Mariña, escaparate da arte da Mariña para todos/as os/as artistas que queiran participar, celebrarase a partires do 28 de marzo no Cenima de Foz. Esta actividade está organizada xunto a Tá en artes,...
leer másA asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza unha nova edición do magosto para este sábado, 18 de novembro.
Os actos terán lugar no local social e comezarán ás 19:00 horas cunha representación teatral a cargo do grupo Batán de Foz. A entrada será libre.
De seguido os asistentes poderán degustar castañas ao prezo de 1 euro a ración, e bocata de panceta por 1´5€ para os socios e 2´5€ para os non socios.
Dende a asociación de veciños do Burgo de Trabar animan a toda a xente a participar neste magosto.
A Festa de San Andrés terá lugar en San Ciprián o xoves, 30 novembro.
Ás 12:30 haberá misa cantada pola Coral do C.I.T; ás 14:30 horas xantar no Restaurante Buenavista, e á tarde haberá baile na Casa do Mar da man da orquestra Alma Latina.
Os interesados poden adquirir o seu tícket no propio Restaurante.
A cita está organizada pola Asociación de Mulleres de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo e o CIT.
Na presentación estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada; e representantes da Asociación Mulleres de San Ciprián e CIT.
A vindeira fin de semana, o sábado, 18 de novembro, a Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro vai celebrar, xa inmersos nunha climatoloxía outona, o xa tradicional Mercado de Outono.
Desde o Concello indican que aínda quedan prazas para que se anoten postos e poden facelo en horario de mañá no seguinte número de teléfono 982 57 15 16.
O 18 de novembro desde as 10 da mañá, pola rúa Andrés López Palmeiro haberá artesanía e produtos de tempada. A media mañá no posto do Concello farase unha degustación de caldo de castañas e ao remate da mañá sortearase entre todos os asistentes un lote de produtos.
A nota musical vaina poñer a SCR Ledicia, de Burela, dentro do programa Musiqueando da Deputación de Lugo.
A xornada rematará coa celebración do tradicional...
leer másO Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo; e ao Tenente Alcalde, Mario Rouco, presentaron este venres, na praza do Viveiró, a III Feira do Mel da montaña de Muras. Trátase da cita gastronómica que terá lugar os días 18 e 19 de novembro no municipio de Muras. O Goberno da Deputación colabora coa Feira cunha achega económica de 3.000 euros. Esta colaboración está enmarcada dentro do Plan Estratéxico de Turismo para poñer en valor os produtos autóctonos e contribuír así a desestacionalizar o turismo.
Vidal Baamonde destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta terceira edición da Feira do Mel, co obxectivo de potenciar e dar a coñecer este produto exquisito e de primeira calidade da nosa provincia, que se elabora no corazón da Serra do Xistral, ao tempo que dinamizamos a...
leer másCo fin de conmemorar o Día Internacional do Patrimonio, Mariña Patrimonio está a organizar para o día 18 de novembro unha visita guiada, libre e gratuíta, polo patrimonio eclesiástico do concello de Cervo. O percorrido polas diferentes igrexas comezará ás 10.00 da mañá na Igrexa de Cervo e, dependendo das persoas que se inscriban, continuarase en coches particulares ou en autobús. Ás 14.00h farase unha pausa para xantar e retomarase a actividade ás 16.00 horas diante da capela de San Cibrao no Porto.
Quen o desexe poderá participar no xantar que terá lugar no restaurante O Pedregal de San Cibrao; a data límite para anotarse é o martes 14 (prezo 12€)
Este roteiro enmárcase no conxunto de actividades programadas por diversas asociacións integrantes da Rede do Patrimonio Cultural.
As persoas...
leer másRibadeo súmase un ano máis á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero promovida por máis de 73 Concellos galegos #EnNegroContraAsViolencias. A Concellaría de Igualdade anima aos establecementos comerciais e de restauración, oficinas e negocios a tinguilos de negro do 23 ao 26 de novembro e á xente a asistir a un acto que se desenvolverá o 24 deste mes no Cantón.
Desde Igualdade lembran que “o ano pasado 17 Concellos galegos fomos quen de impulsar unha campaña de denuncia e mobilización social contra as violencias machistas nos nosos municipios. A boa acollida da campaña desenvolvida en 2016 polos Concellos de A Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Compostela, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas foi o punto clave que está motivando a participación de tantos municipios...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Igualdade, programa diferentes actos polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Así, o sábado 25 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián, haberá unha charla baixo o título Autoestima. Aprende a valorarte, a cargo de Prudencia Santasmarinas (Pencha).
A continuación, o grupo de teatro Ardora de San Ciprián, collerá o testigo representando un sketch dirixido por Paz Rodríguez Silva; co título Grandeza de ser muller.
En canto remate a obra, terá lugar unha parolada en feminino entre todas e todos os asistentes ao acto.
A programación do acto, organizado pola delegación de Igualdade que dirixe Pilar Armada, foi consensuada por todas as asociacións de mulleres do municipio; Alborada, Asoc. De...
leer más