Eventos

Etiquetas:
14/09/2018

Burela continúa coa súa programación cultural deste mes de setembro con varias actividades que se desenvolverán esta fin de semana. Mañá, sábado, haberá unha exhibición de zumba e o domingo celebrarase unha nova sesión de cine infantil.

Este sábado, 15 de setembro, será a exhibición de zumba co instrutor Marco Uría. Dará comezo ás 20:30 horas e terá lugar na praza da Mariña.

E o domingo volverán as sesións do ciclo de cine infantil. Será no auditorio municipal ás 18:30 horas e con entrada de balde.

 

Etiquetas:
13/09/2018

A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Alfoz organiza o XXVII Festival da Terceira Idade o 7 de outubro.

A festa está dirixida a todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, que poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.

O programa de actividades para esa xornada dará comezo ás 12:30 horas, cunha misa na igrexa parroquial de San Pedro de Mor. A continuación celebrarase unha comida de confraternidade na Finca Galea.

As persoas interesadas en asistir a esta festa deberán inscribirse na Oficina de Servizos Sociais do Concello. O prazo remata o 3 de outubro.  

 

Etiquetas:
13/09/2018

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, presentou un ciclo de cinco roteiros que o Goberno da Deputación organiza en colaboración co diario dixital Historia de Galicia, para dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio natural e histórico da provincia de Lugo. No acto tamén participaron Xurxo Salgado, Coordinador do portal web Historia de Galicia e do proxecto Rutas de Historia, e Manuel Miranda, Presidente de Mariña Patrimonio.

O Executivo Provincial achega 4.500 euros para poñer en marcha esta iniciativa, que pretende achegar á cidadanía o patrimonio oculto que atesoura a provincia de Lugo, promovendo ao mesmo tempo o turismo activo e dinamizando a economía do rural lugués.Esta colaboración permitirá desenvolver cinco rutas de sendeirismo durante os meses de setembro e outubro, que transcorreran polos concellos de Xove,...

leer más
Etiquetas:
10/09/2018

Foz acollerá este domingo, día 16, dúas actividades do programa Espazos Sonoros, organizado pola Xunta de Galicia. Son unha visita á Frouxeira e un concerto na basílica de San Martiño. Ambas son gratuítas.

Para participar na visita á Frouxeira, que será ás 15:00 horas, hai que anotarse a través da dirección de correo electrónico actividades@espazossonoros.org. Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas, debendo aportar o nome completo de cada un dos participantes e un número de teléfono de contacto. O día da actividade terán que presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición.

O concerto na basílica de San Martiño de Mondoñedo está programado para as 19:00 horas e correrá a cargo do grupo VIVID...

leer más
Etiquetas:
07/09/2018

Na programación cultura de setembro do Concello burelés destaca a actuación de Luís Piedrahita, o día 28, no auditorio municipal ás 21:00 horas.

As actividades darán comezo este domingo, día 9, coa celebración do rastro solidario popular. Terá lugar na praza da Mariña de 10:00 a 15:00 horas.

O sábado 15 tamén na praza da Mariña terá unha exhibición de zumba. Está organizada coa colaboración de Ximnasio Breogán e dará comezo ás 20:30 horas.

O domingo 16 haberá cine infantil no auditorio municipal. A entrada será de balde e a proxección comezará ás 18:30 horas. O 23 volverá haber cine infantil no auditorio.

O venres 28 actuará o monologuista coruñés Luís Piedrahita, que presentará o seu monólogo Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas. Terá lugar no...

leer más
Etiquetas:
07/09/2018

A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar organiza o 15 e o 16 de setembro a Romaría de Santa Eufemia.

O día 15 ás 8:00 horas comezará a confección da alfombra floral a carón da capela. Ás 13:30 horas celebrarase a misa solemne na honra da Virxe do Carme e San Antonio cantada polo Coro de Cervo. Despois haberá sesión vermú a cargo da orquestra Emperadores. Ás 22:30 horas terá lugar a gran verbena amenizada pola orquestra Emperadores e o Dúo Epo-K.

O día 16 ás 13:30 horas será a misa solemne na honra a Santa Eufemia, cantada polo Coro de Cervo. Seguidamente haberá sesión vermú co Dúo Epo-K.

O Concello de Cervo colabora na organización destes festexos.

 

Etiquetas:
05/09/2018

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Padrón e Ribeira. Será día 16 deste mes, domingo.

A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo, a comida e o seguro de viaxe obrigatorio. Os participantes visitarán o mercado de Padrón, despois comerán e pola tarde farán un percorrido por Ribeira. O prezo é de 35 euros por persoa. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.

 

Etiquetas:
04/09/2018

Mondoñedo acollerá este venres, 7 de setembro, a cuarta edición da Festa da Xuventude. O concelleiro Alberto García explicou durante a súa presentación na que estivo acompañado do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que este departamento autonómico “sufraga integramente” a celebración que se desenvolverá na praza do Concello despois do festival “Mamá quero cantar” que comezará ás dez da noite.

Esta cuarta edición da Festa da Xuventude contará coa música de Hugo Torreiro e Carlos Bau que se unen no espectáculo denominado #DosEnPunto a través do que repasan os grandes éxitos da música pop española: dende Camilo Sesto a Los Suaves pasando por Alaska, Amaral ou Georgie Dann. A festa rematará cunha sesión dj.

A cita da comezo ás festas na honra á Virxe dos Remedios que se celebran na cidade mindoniense entre o...

leer más
Etiquetas:
04/09/2018

As Concellerías de Medio Ambiente e de Turismo organizan unha viaxe á Festa da Virxe da Barca en Muxía. Será o 9 de setembro e sairán dous autobuses, o primeiro ás 6:30 horas da praza do Concello cos peregrinos que están a realizar o Camiño de Santiago por etapas nese treito. O outro autocar partirá ás 8:00 horas coas persoas que queiran asistir á misa e á Festa da Virxe da Barca. En Muxía xuntaranse as dúas expedicións e compartirán un xantar a base de arroz á mariñeira, caldeirada de pescada, lacón asado, doces e café. O prezo por persoa é de 17 euros. Das 110 prazas ofertadas hai aínda 40 libres e a inscrición segue aberta. As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 618 752 560 e 676 445 465.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “é unha iniciativa da Delegación de Medio Ambiente e tamén da...

leer más
Etiquetas:
02/09/2018

A Pontenova acollerá o día 22 de setembro, sábado, a quinta edición da ruta ecuestre Equus Norte.

As actividades comezarán cun almorzo ás 10 da mañá no Mesón A Mina. O percorrido en cabalo empezará ás 10:30 horas e haberá un xantar ás dúas da tarde. Ás 16:30 horas terá lugar unha carreira de obstáculos a cabalo, despois haberá sorteos e música a cargo dunha discoteca móbil e pola noite farase unha degustación de pinchos.