Eventos
Este domingo, 2 de setembro, celebrarase un Touporroutou solidario en Foz.
Terá lugar no Pazo de Fontao, ás 20:00 horas, e será en beneficio dunha familia de Cangas de Foz.
Estará presentado por Tono e amigas/os, e contará coa actuación dos Kentakis, con Burunda e Olaia.
Haberá buses de balde, que sairán do porto ás 19:00 horas.
O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presenta este sábado, 1 de setembro, o número 2 da súa revista Candea Branca. O acto terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz ás 20:00 horas.
Esta segunda entrega abarca desde xaneiro de 2017 ata xullo de 2018 e presenta traballos literarios e de investigación de autores mariñáns. Neste número hai colaboracións de Arturo Mogo, Antonio Reigosa, Andrés García Doural, Xoan Ramón Fernández Pacios, Lola Sánchez Orol, Paco Piñeiro, Xosé Isidro Fernández Vilalba, Fran Bouso, Claudia Pena, Pablo Mosquera, Beatriz Yáñez, Rita Morrigan, Alfonso Otero Regal, Pedro Rubal, Isaac Ferreira, Ramón Hermida, Alberto Geada, Lionel Rexes, Xavier Pardiñas, Pepe Blanco, Susi Paz e Miguel Vila.
A publicación recolle ademais a sección de noticias do SEVA coas actividades organizadas polo...
leer másA parroquia de Rúa celebra este sábado, 1 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o tenente alcalde e edil de Medio Rural, Plácido Pérez, a edil de Cultura, Dolores García Caramés e varios membros da Asociación de Veciños.
A cita comezará ás 10:00 horas con todo tipo de actividades para todos os públicos: paseos a cabalo, a ruta de sendeirismo, e xa ao mediodía o Dúo Diamantes será o encargado da sesión vermú. Ás 14 haberá un xantar que será de balde ata 5 anos, 10€ de 5 a 10 anos e 20€ para os maiores de 10 anos.
Pola tarde, ás 18h terá lugar a Malla Tradicional e ás 20h haberá Xogos Populares para nenos e maiores.
... leer másAs festas patronais de Ribadeo, na honra de Santa María do Campo, comezan este sábado, día 1 de setembro, con teatro de monicreques e o pregón a cargo do profesor e escritor Carlos Álvarez Lebredo.
Os actos empezarán ás 19:00 horas no parque de San Francisco, onde a compañía Mircromina representará a obra de teatro de monicreques A familia unida. En caso de mal tempo este acto trasladarase ao auditorio municipal Hernán Naval. E ás oito e media da tarde no Teatro celebrarase o acto do pregón, no que actuará a Coral Polifónica de Ribadeo.
Carlos Álvarez Lebredo é fillo do músico Carlos Álvarez Fernández-Cid, de quen se celebra este ano o centenario do seu nacemento con varios actos na vila ribadense.
O pregoeiro das festas patronais de 2018 na honra de Santa María do Campo naceu en Ribadeo...
leer másA Pontenova acollerá a cuarta edición da Festa da Malla este sábado, día 1 de setembro.
Está organizada polo Concello e colaboran Amigos da Malla e a Deputación de Lugo.
A malla comezará ás doce do mediodía, ás 13:30 horas haberá sesión vermú e a partir das 14:00 celebrarase a comida con un menú composto por empanada, arroz caldoso, costela asada e postre. O prezo é de 15 euros para os adultos e os nenos maiores de 3 anos pagarán 12 euros.
Ás cinco da tarde continuará a malla e ata as 20:00 horas haberá actividades acuáticas no Pozo da Ola. Durante toda a tarde tamén se celebrarán torneos de billarda e doutros xogos populares.
Ás 21:30 horas haberá pinchos para cear e a partir das 22:00 comezará a música en directo.
Las visitas guiadas del Concello de Viveiro para la primera quincena del mes de septiembre darán comienzo el sábado, día 1, con un paseo por el Penedo do Galo y el monte San Roque, a las 10:00 horas. El domingo, 2 de septiembre, el Vivertren irá a Covas y Celeiro, a las 12:00 horas.
Este programa continuará el martes 4 con la visita a la exposición Artes de Pesca a las 12:00 horas. El jueves, día 6, está previsto un recorrido por el casco histórico a partir de las 12:00 horas y el sábado, 8 de septiembre, por el paseo fluvial Alcalde Cerdeiras, que comenzará a las 12:00 horas. El domingo, día 9, el Vivertren irá al Souto da Retorta a las 12:00 horas.
Completarán las visitas guiadas del Concello de Viveiro en la primera quincena de septiembre, un recorrido por el casco histórico a partir de las 12:00 horas tanto el...
leer másA Ría de Abres de Trabada énchese mañá sábado día 25, dende ás 16:00 ata as 19:00 horas,coas actividades lúdicas, deportivas-fluviais, gratuítase abertas para todos os públicos, que o Goberno Provincial leva entreos meses de xullo a setembro a Concellos da provincia. A Deputada de Economía e Facenda e Alcaldesa de Trabada, MayraGarcíaBermúdez convidou a todos os veciños e visitantes a achegarse a este entorno e desfrutardestas actividades completamente gratuítas para todos os públicos. Ademais avanzou que, o domingo día 26 ás 22:00 horas na praza do Concello, haberá unha proxección de cine, coa emisión da película Gru 3.
Con esta iniciativa o Goberno da Deputacióncontribúe a poñer en valor os recursos naturais e paisaxísticos, xa que as actividades desenvólvense en enclaves únicos, como son os Riós e as praias fluviais da provincia....
leer másAPAGA organiza a sétima edición do Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará en Ribadeo entre os días 28 e 31 deste mes de agosto. O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, estivo acompañado na presentación celebrada na tarde de onte no hotel O Cabazo polo presidente da Deputación, Darío Campos, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, e o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente. Este ano celebraranse, por primeira vez, algunha das actividades do programa en Madrid e en Pamplona, posto que APAGA conta cada vez con máis socios fora de Galicia.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “o día 28 imos ter unha actividade, que é exclusivamente para técnicos de empresa, relacionada co...
leer másO Concello colabora coa organización das festas de San Bartolo, que se celebran do 22 ao 24 de agosto en San Cosme de Barreiros e nas que por primeira o programa dos festexos ten unha duración de catro días. As tres primeiras xornadas festivas celébranse na zona da praia de Altar e o sábado as actividades terán lugar na praza do Concello. Ese día, o 25 de agosto, será a gran cea popular diante do Concello na que os organizadores esperan reunir unhas 400 persoas. Os tíckets poden adquirirse ao prezo de 18 euros. As festas de San Bartolo daban comezo onte cunha sardiñada e verbena, e seguirán hoxe con sesión vermú e verbena. Mañá, festivo local, haberá misa, procesión e tamén verbena.
O presidente da comisión organizadora dos festexos, Jesús Palmeiro, explicou que “este mediodía actúa el Arco da Vella, luego hay la sesión vermú y por la...
leer másA segunda edición da Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos celebrarase en Xove o 29 de setembro.
As persoas interesadas en participar neste encontro poden facer a súa inscrición a través dos números de teléfono 652 36 46 10 (Javier Fernández) e 689 74 52 18 (Manuel Cora). Tamén pode realizarse no facebook Autoclásico da Mariña Lucense. O custe é de 25 euros por persoa.
Xove tamén acollerá o IX Encontro de Palilleiras o día 6 de outubro. As persoas que queiran participar poden facer a súa inscrición no propio Concello, no número de teléfono 982 59 20 01, ou no 982 59 26 86 e no 679 89 42 19. O prazo remata o 20 de setembro. En canto aos vendedores que queiran participar na feira cos seus produtos, tamén teñen de prazo ata o 20 de setembro, e deben facelo por correo electrónico no e-mail...
leer más












