Eventos
A Festa do Maio de Lourenzá, que se celebrará o vindeiro luns, día 1, incluirá este ano como novidade o primeiro concurso infantil de sombreiros.
A Concellería de Cultura de Lourenzá está a programar a festividade do 1 de maio. Como tódolos anos Os Maios e a Madalena percorrerán as rúas laurentinas vestindo de cor e música todos os recunchos da vila. Como principal novidade este ano o Concello convocou o primeiro Concurso de Sombreiros do Maio, dirixido a tódolos nenos e nenas de 0 a 12 anos. Os sombreiros poden estar realizados con materiais diversos pero sempre facendo mención á conmemoración da data que se celebra: o maio ou a primavera . A Concellería de Cultura fai un chamamento aos veciños e veciñas para que ese día tomen a iniciativa e decoren os balcóns e portais das súas vivendas con flores e plantas facendo honra a esta...
leer másA praia dos Bloques e o Cargadoiro acollerán en maio as actividades do programa Corpo de muller. Trátase de talleres de reeducación postural ao aire libre.
Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM sinalan que “para pechar este semestre e despois da boa acollida destes talleres desde setembro ata abril, vanse impartir 8 horas de talleres de reeducación postural ao aire libre en maio”.
E subliñan que “o taller desenvolverase os luns e mércores desde as 18 ás 19 horas ao longo do mes de maio na praia dos Bloques e no Cargadoiro. Son un total de 10 horas as que conformarán esta oferta de taller de reeducación da columna. As interesadas deberán pagar a modo de matrícula 15 euros si se anotan os dous días da semana e 10 euros si só é un día á semana”.
O prazo para facer efectiva a...
leer másO Concello de Cervo celebrará a IX edición da Feira de Gando o domingo, 7 de maio. A cita, organizada en colaboración coa asociación Cabaleiros do Xunco, terá lugar no polígono industrial de Cuíña durante toda a xornada.
Así o anunciaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os edís de Deportes e Medio Rural, José Ramón Soto e Plácido Pérez, na presentación do evento, na que tamén estivo presente o presidente da asociación Cabaleiros do Xunco, Julián Otero, e varios membros da Xunta directiva deste ente.
Hai programadas actividades durante todo o día ao redor do gando. Deste xeito, dende as 8:00 horas ata as 14:00 horas, poderanse realizar transaccións comerciais no recinto feiral; ademais, pola mañá programáronse paseos gratuitos para os pequenos sobre cabalos de montura.
Xa pola...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz colaborará un ano máis coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro. A súa presidenta, Antonia García Fra, e o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, presentaron a campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 28 de abril ao 7 de maio.
Arredor de 50 locais asociados participan nesta campaña organizada para recadar fondos para a AECC. Neses establecementos haberá situadas unhas huchas para deixar os donativos que @s seus clientes queiran deixar.
Antonia García Fra e José Carlos Paleo fan unha chamada á solidariedade porque “toda axuda é importante”.
A Concellaría de Igualdade programa varias actividades para esta fin de semana. O sábado haberá un baño de sol e movemento no faro da Illa Pancha e o domingo será a viaxe ao Talaso de Xixón. Ademais desde mañá, venres, e ata o vindeiro mércores, 26 de abril, chegarán ás parroquias do rural técnicas de auto coidado e benestar para as mulleres.
Desde a Concellaría de Igualdade e desde CIM explican que “Corpo de Muller foi un programa posto en marcha o pasado setembro pola Concellería de Igualdade dirixido a aquelas mulleres que desexen mellorar a súa utilización corporal cun método de fisioterapia suave, progresivo e activo, a reeducación postural global . Como remate deste programa Corpo de Muller o sábado, 22 de abril, levárase a cabo un baño de sol e movemento no faro de Illa Pancha. Sairase andando ás 10.30 horas desde o Cantón para...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, valorou esta mañá o privilexio que supón desenvolver na cidade a iniciativa ‘No bico un cantar’, promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega. Na súa quinta edición, este proxecto rende homenaxe aos poetas mindonienses a través das voces dos alumnos e das alumnas dos conservatorios profesionais de música de Galicia. “A inclusión en ‘No bico un cantar’ converterá a Mondoñedo na capital da cultura galega o vindeiro día dous de xuño”, considera a rexedora.
Elena Candia participou esta mañá na presentación que se fixo da iniciativa no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo, na que tamén participaron o presidente do Consello da Cultura Galega,Ramón Villares;o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e o membro do...
leer másO Concello de O Valadouro conmemora o Día Internacional da Danza o día 29 de abril.
Baixo o lema de Somos un país que baila. Disfruta. Danza o 29 celebra a xornada cunha serie de actividades coa Asociación Cultural Amado Lar e o Club de Baile Deportivo Goldance. Darán comezo ás 20:30 horas e terán lugar na Casa da Cultura de O Valadouro.
Para rematar celebrarase unha master class gratuíta de baile social a cargo de Dimas Fernández Ron, profesor da Escola Goldance.
A deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, mantivo este martes un encontro cos alumnos de Secundaria e Bacharelato do IES Ánxel Fole, do Concello de Lugo, que participan dende hoxe e ata o 21 de abril na Semana Escolar con Maruja Mallo. Nesta programación de actividades que organiza o Goberno da Deputación participan 9.000 alumnos, de 44 centros de toda a provincia que coñecerán a vida e obra da pintora viveirense Maruja Mallo. Con esta iniciativa o Executivo Provincial súmase á homenaxe que a Real Academia Galega rendeu á artista Maruja Mallo con motivo do Día das Artes Galegas.
O primeiro día os alumnos fixeron unha pegada de carteis nos centros escolares. A continuación repartíronse os preto de 9.000 exemplares do libro que a Deputación pon a disposición do alumnado de ESO e bacharelato. Durante a semana lectiva...
leer másA Biblioteca Municipal de Ourol organiza o obradoiro titulado A ciencia é divertida o dia 22 de abril.
Esta actividade, dirixida a nen@s de 3 a 7 anos, consiste nun obradoiro de contos e experimentos. Os seus organizadores aseguran que nos primeiros anos da nosa vida movémonos pola curiosidade, e por iso é importante que os máis pequenos experimenten e gocen descubrindo.
O obradoiro dará comezo ás 11:00 horas do sábado 22 de abril, e terá lugar na Casa da Cultura-Biblioteca Municipal.
A inscrición pode facerse no número de teléfono 982 55 90 19, antes do venres 21 de abril.
Esta actividade inclúese no programa Ler conta moito.
A edil delegada de Servizos Sociais, Pilar Armada, sinalou que a inscrición avanza a bo ritmo “xa son uns 400 os pensionistas do Concello que se anotaron e recordamos que o prazo remata este mesmo xoves, 20 de abril”.
Segundo avanzou Armada, ese día, ás 12:00 horas, terá lugar unha misa cantada pola Coral Terramar, no Pavillón da Veiga, e logo os participantes gozarán dun xantar na carpa que se instalará para a ocasión na Praza dos Campos.
Haberá música durante toda a tarde. A sobremesa correrá a cargo de grupo tradicional Cantares do Brión, e logo xa á tardiña será o dúo Epo-k o que recollerá o testigo para o baile.
Armada sinalou que o Concello entregará un agasallo a cada un dos asistentes e, así mesmo, outorgaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes...
leer más