Eventos
A asociación Nordés Faladora organiza unha viaxe a Lugo o 22 de abril para visitar o Museo Provincial e a Catedral ademais do Castro de Viladonga e Fonmiñá.
A xornada comezará coa visita guiada que os participantes realizarán a partires das 11:00 horas ao Museo Provincial e posteriormente á Catedral de Santa María, onde se poden atopar os estilos románico, gótico, barroco, renacentista e neoclásico.
Durante a tarde, a partires das 16:00 horas, desprazaranse ao Castro de Viladonga que foi habitado entre os séculos II e V d.c., á Lagoa de Fonmiñá e ao Pedregal de Irimia, nacementos do río Miño.
A última parada do percorrido no Mosteiro de Santa María de Meira, farase se dá tempo xa que o horario estimado de volta cara O Vicedo e O Barqueiro é ás 20:00 horas.
A...
leer másA Concellería de Servizos Sociais organiza unha viaxe a Noreña (Asturias) para o vindeiro día 29 deste mes de abril. Esta actividade está dirixida a veciños/as empadroados/as en Burela de máis de 55 anos.
O prazo para inscribirse ábrese mañá, mércores, e os interesad@s deben anotarse no Concello en horario de 08:00 a 15:00 horas, agás mañá que ao estar en horario de Semana Santa é de 09:00 a 14:00 horas.
A viaxe e a comida son totalmente gratuítas, e a saída será desde a estación de autobuses de Burela ás 08:00 horas.
A edil Patricia Otero explicou que “ese sábado, 29 de abril, celébrase o mercado semanal en Noreña e os participantes aproveitarán tamén para coñecer o pobo ademais dos diversos atractivos, como por exemplo o monumento ao gochu”.
A concelleira de...
leer másO Concello de Mondoñedo impulsa unha nova iniciativa, no marco dun traballo conxunto coa ACIAM,coa que buscan reforzar a difusión da información turística a través da hostalería. En concreto, o Goberno de ElenaCandia e a asociación editaron manteis individuais coa información e os aspectos máis representativos da cidade.
A rexedora entregou esta mañá os cubremesas de papel aos representantes da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo (ACIAM) para o seu posterior reparto entre os negocios de hostalería do municipio.En concreto, fixo a recollida o seu presidente, Ángel JoséMarful.
Elena Candia explica que “a edición destes manteis é un pulo máis que permite ofrecer unha mellor información sobre os nosos recursos aos visitantes e turistas, para que podan coñecer con maior exactitude o enorme...
leer másA asociación Pomba do Arco, de Foz, organiza as xornadas de debate "Sentirmos a arte" entre os días 18 e 21 de abril.
O programa dá comezo o 18 de abril con Jorge Salgado, quen titula a súa intervención como O oco que non acouga. O mércores 19 Mercedes Rozas fala sobre A muller e a arte de resistencia. O xoves 20 intervén Daniel Caxigueiro co tema A fotografía como xogo creativo. O venres 21 rematan estas xornadas con Olga Osorio quen aborda O noso audiovisual.
As conferencias celébranse ás 20:30 horas no salón de actos do Cenima de Foz.
A oficina de turismo de Alfoz, ao igual que o Castelo de Castrodouro, terán un horario especial durante a Semana Santa.
Estas instalacións permanecerán abertas dende o luns, 10 de abril, ata o domingo, día 16, en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás, e de 16:00 a 19:00 horas ás tardes.
Na actualidade o Castelo de Castrodouro acolle tres exposicións. Unha delas é a recreación dunha antiga escola, e outra mostra refírese ao cambio climático, os seus efectos e as súas posibles solución. Ademais no Castelo tamén se pode visitar o Museo das Zocas, e o miradoiro ao aire libre no alto da torre. A entrada é gratuíta.
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, o Delegado da Xunta en Lugo,Jose Manuel Balseiro, e o Presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón, presentaron a “XI Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto”, que se celebrará o 16 de abril. Fixérono na Forxa de Jomaca de Espasande de Abaixo, cunha demostración en vivo da elaboración dun fouciño artesán a cargo do ferreiro JoseMaría Cabo.
Campos Conde avanzou que o Goberno da Deputación pon a disposición do Concello de Riotorto 20.000 euros para a Feira do Ferro. Trátase da mesma cantidade que xa achegou o ano pasado, convertendo a Deputación ese ano na institución pública que máis invistiu nesta cita. A cantidade que facilita para este ano forma parte dos 224.132 euros que o Executivo Provincial leva ao...
leer másA Concellería de Cultura organiza este domingo, día 9, unha nova edición do rastrillo popular solidario. Terá lugar na praza da Mariña entre as 10:00 e as 15:00 horas.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, lembrou que “este domingo, 9 de abril, tendremos una nueva edición del rastrillo solidario popular que organizamos desde finales de 2015. Ya van muchas ediciones, una vez al mes cada segundo domingo, y seguimos luchando por consolidarlo tanto nosotros como la gente que asiduamente se suele apuntar los domingos”.
O edil socialista sinalou que “ahora llega el buen tiempo además y estoy convencido de que tendremos más puestos todavía. Iremos ambientándolo poco a poco con el objetivo de dar un toque un poco diferente a Burela los domingos, y alegrarlo con esta iniciativa siempre con carácter solidario”.
... leer másO Concello presentou este mediodía o programa de rutas que vai desenvolver durante a Semana Santa. Organizadas polas Concellerías de Turismo e de Medio Ambiente, terán lugar desde o martes, día 11 de abril, ao sábado 15.
Na presentación os responsables destes departamentos, Ramiro Fernández Rey e Noelia María Ben salientaron “a importancia destas rutas e o atractivo que poden supor para veciños e visitantes durante estes días na vila”.
O concelleiro de Turismo contou que “desde o Concello de Burela as Delegacións de Turismo e a de Medio Ambiente imos recuperar de cara a esta Semana Santa como un atractivo turístico máis, as rutas xeolóxicas. Vanse facer durante toda a Semana Santa, e como novidade imos ter unha ruta polos montes de Burela que se vai facer o día 15, sábado, ás cinco da tarde”.
... leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares e as edís de Cultura e Turismo, Dolores García Caramés, e Manuela Méndez, respectivamente, presentaron o programa da Semana Santa Cultural do municipio.
Unha axenda que se inaugurará este mesmo sábado co concerto do recoñecido arpista e músico polivalente Rodrigo Romaní, integrante durante máis de vinte anos do Grupo Milladoiro e que a partir do ano 2000 comezou a publicar discos en solitario.
A día de hoxe ten no mercado tres traballos: Albeida (2000), Cantos Caucanos (2003) e As arpas de Breogán (2012), e nestes intres está a preparar un novo disco que avanzará en primicia neste concerto.
Ademais, tal e como sinalou Caramés, “ao longo da semana proxectaremos películas para todos os públicos. Este mesmo domingo, por exemplo, será a quenda do filme a Praia dos Afogados,...
leer másA Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu esta mañá a presentación da Semana Santa de Burela, unha cita que vén gañando en importancia nos últimos anos e que, nesta ocasión, celebra a súa 27 edición.
No acto participaron o delegado territorial José Manuel Balseiro, que serviu de anfitrión, acompañado de Oliva Cabanas, presidenta da Confraría do Santísimo Cristo e de María Santísima das Dores, Jesús Álvarez Piñón, párroco da localidade, o diseñador do cartafol anunciador, José Míguez Ríos, e Mª José Gómez, xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Delegación Territorial, ademais dun bo número de membros da confraría e da unidade pastoral.
Os asistentes aproveitaron a ocasión para convidar aos lucenses a achegarse ata esta localidade e participar nas celebracións e procesións que forman parte do...
leer más