Eventos
A programación cultural de Ribadeo para esta última semana de agosto inclúe unha exposición de esculturas, un recital de poesía, música, unha malla, un espectáculo para os máis pequenos e cine ao aire libre.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “despois de termos visto a actuación de Migallas Teatro no parque de San Francisco este pasado martes, dispoñémonos agora a contemplar as esculturas de César Castaño na Sala de Exposicións de Turismo. Esta exposición vai ser inaugurada este xoves, 24 de agosto, e vai permanecer aberta ata o 23 de setembro”.
O edil nacionalista contou que “este mesmo xoves, ás sete da tarde, vai haber un recital de poesía de escritoras e escritores da veciña comarca asturiana do Eo-Navia. Poemas e algún que outro texto en prosa van ser recitados por varios dos seus...
leer másA Concellería de Xuventude do Concello de Mondoñedo organiza a terceira edición da Festa da Xuventude que terá lugar o venres 8 de setembro, a partir das once da noite e ata entrada a madrugada na praza do Concello.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, presentou hoxe o cartel da festividade, deseñado pola mindoniense Julieta Vargas. Estivo acompañado pola propia artista, xunto aos djs mindonienses, VítorPumariño e Alberto Leivas.
García avanzou que “esta edición a Festa da Xuventude conta de novo cun variado programa, no que tamén ten un especial protagonismo o alumnado da Escola de Música, que interpretará diferentes actuacións que están de moda no panorama musical actual”.
O cartel inclúe un ampla variedade de estilos e formacións, onde...
leer másO día 7 de outubro vaise celebrar en Xove o VIII Encontro de Palilleiras.
A Concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, ven de abrir o prazo de inscrición para participar neste encontro. Todas as persoas interesadas poderán anotarse chamando ao número de teléfono do Concello 982 59 20 01, á profesora de bolillos Mercedes Barro ao 679 894 219, ou á profesora de bordado Carmen García ao 982 59 26 86. O prazo de inscrición remata o 18 de setembro.
Ademais continúa aberta na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo de Xove, a exposición Coas nosas mans X, organizada pola Concellería de Servizos Sociais. Trátase dunha mostra de traballos de bordado e bolillos que se clausurará o 24 de agosto.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos colabora coa comisión do Entroido na organización do II Guateque que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de agosto, a partir das 20:00 horas no parque de San Francisco.
O presidente de Acisa e tamén responsable da comisión do Entroido, David Martínez, explica que “dado que a primeira edición desta festa foi un éxito e debido a que a xente o pedía pola rúa, foi por iso que decidimos organizar esta segundo edición do Guateque, na que haberá comida e bebida”. Martínez anima “á xente a caracterizarse dos anos 60 e 70 e a achegarse ao parque de San Francisco, onde poderemos gozar de boa música lembrando grandes éxitos daquelas épocas e aproveitaremos para mover o esqueleto con eses ritmos. É unha festa moi familiar e onde o ambiente é estupendo. Pensamos que é a antesala do final...
leer másO 24 de agosto comezan no concello de Mañón, en O Barqueiro, as VII Xornadas Memoria dun tempo, organizadas pola asociación Nordés e que se desenvolverán ata o sábado 26.
Nesta edición as xornadas están totalmente dedicadas ao papel da muller dende a perspectiva da memoria histórica, e o xoves 24 intervirán Victoria Martíns Rodríguez e Ángel Rodríguez co relatorio O compromiso coa igualdade: unha visión de futuro desde a análise do pasado. Previamente proxectarase o seu documental Digna Rabia, ás 20:00 horas no salón de actos do Concello de Mañón.
O venres 25, participará Montse Fajardo Pérez quen forma parte do equipo redactor do programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra, e é tamén autora de ...
leer másO Concello de Cervo convida a veciños a visitantes a asistir á XXXIX edición da Queimada Popular de Cervo, declarada de Interese Turístico Galego, que se celebrará mañá sábado,19 de agosto, ao longo de toda a xornada.
A cita, organizada pola Asociación Cultural Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo, arrincará ás 10:00 horas co XXI Mercado Tradicional. Xa ás 12:00 horas terá lugar o tradicional paseo das Autoridades polo Mercado acompañados do grupo de gaitas Medio Quiñón.
Ás 13:00 horas será o pregón por parte das Autoridades, e o son das gaitas amenizarán toda a tarde.
Os visitantes poderán xantar nos diferentes postos instalados para a ocasión.
Coa chegada da noite, as meigas tomarán Cervo. Ás 23:00 horas está prevista a baixada da comitiva da...
leer másIntensa axenda cultural a que se desenvolverá desde hoxe, venres, e ata o 22 de agosto en Ribadeo. O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anima a asistir a estas propostas nas que haberá moita música, gastronomía e teatro para os máis pequenos e pequenas.
O edil nacionalista contou que “esta fin de semana volve no noso calendario cultural chea de actos. Hoxe venres, 18 de agosto, imos poder gozar da música de Mónica de Nut co seu concerto Raíces aéreas (con arpa e voz). Será no Cantón dos Moreno ás 20:30 horas. E coma sempre, se o tempo non acompaña, verémonos no Teatro”.
Farruco Graña relatou que “o sábado vai ser un día especial por partida dobre, tanto culinaria como musical. Pola mañá será a XII Festa da Carne ao Caldeiro, que se celebrará a partir das 13 horas no Campo da Festa de Remourelle. Tamén en...
leer másEste domingo, día 20, celebrarase a quinta edición da Feira de Gando en Cangas de Foz organizada polo Concello focense. A principal novidade este ano terá lugar o sábado, cando haberá unha ruta de tapas con exaltación de carne de poldro. O evento foi presentado polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; os concelleiros Pedro Fernández Manín e Maite López Rego; e representantes dos colectivos colaboradores, que son Cabaleiros de Cangas, Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, Asociación de Veciños San Pedro e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo.
Javier Castiñeira, salientou: “estamos presentando a quinta edición da Feira de Gando de Cangas e o hai que agradecer aos promotores, xente xoven afeccionada aos cabalos e ao gando en xeral, sobre todo por manter unha tradición moi importante nunha parroquia...
leer másA feira Foz Market abría onte as súas portas na explanada portuaria focense con food trucks, salón do automóbil, ocio infantil e actuacións musicais aos mediodías e polas noites. A entrada a Foz Market é gratuíta e a feira prolongarase ata o vindeiro domingo, día 20. Na súa apertura foi visitada polo alcalde de Foz, Javier Castiñeira, o presidente de ACIA/CCA de Foz, José Carlos Paleo, e outros membros da Corporación Municipal.
O rexedor focense salientou que “estamos nun sitio incrible, na zona portuaria, nun ambiente estupendo. A verdade é que tanto as food trucks, como a zona infantil e de automóbiles fan un recinto que está moi visitable”.
Javier Castiñeira quixo “recomendar a todo o mundo que disfrute dunha fin de semana apaixonante aquí en Foz con cantidade de actividades. Foz Market para todo tipo de...
leer más