Eventos
A asociación Amigos da Gaita Galega, en colaboración co Concello de Ribadeo, organizan o Día da Gaita-Xira de Santa Cruz. Os actos terá lugar o sábado 5 e o domingo 6 de agosto.
Esta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, comezará o sábado ás 19:30 horas cun pasarrúas a cargo de Amigos da Gaita. Ás 20:00 horas, no Cine Teatro, terá lugar o pregón que correrá a cargo de Pablo Rodríguez “Vivín”, e deseguido actuarán as Escolas. Ás 23:00 horas celebrarase un concerto no parque de San Francisco que ofrecerá Tanxugueiras Quinteto.
O programa continuará o domingo, día 6, cun pasarrúas, a partires das 11:00 horas, a cargo de Quenindiole, Proxecto Xarope e Axóuxere de Roupar. Ás 12:00 horas terá lugar unha actuación das Escolas de Amigos da Gaita no Cantón dos Moreno, e a continuación a subida a Santa Cruz...
leer másO Concello acolleu a presentación esta mañá do XXXVI Festival Folclórico do Emigrante, que terá lugar o vindeiro sábado, 5 de agosto, en San Miguel de Reinante. No acto participaron o alcalde, Alfonso Fuente, e o director da asociación folclórica O Arco da Vella (organizadora do evento), Enrique Penabad, acompañados de varios membros deste colectivo.
Os actos desta tradicional cita xa darán comezo mañá, venres, coa VII Foliada de Música, na que participarán gaiteiros e pandereiteiras e na que haberá empanada, bolos preñados, cervexa, etc… Iso será ás 21:30 horas na pista do Souto.
E o sábado a partir das 22:00 horas celebrarase o XXXVI Festival Folclórico do Emigrante coa participación de Grupo de Danzas de Colombia, Dance Ensemble de Polonia e O Arco da Vella de San Miguel. Será no campo de fútbol. Os...
leer másTodo está listo en Ribadeo para a celebración da festividade do seu copatrón, San Roque. A comisión organizadora das festas patronais da vila ribadense preparou o programa das actividades que se desenvolverán ao longo día 16 de agosto.
Potentes bombas de palenque anunciarán a xornada. A partires das 11:30 horas sairán desde a Oficina de Turismo os Cocos e Cabezudos, que estarán acompañados do grupo de gaitas da asociación Amigos da Gaita para percorrer as principais rúas da vila.
Ás 12 da mañá haberá misa solemne na capela de San Roque, seguida de procesión e concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo.
E xa pola noite a partir das 22:00 horas dará comezo a festa verbena, que estará amenizada polo Grupo Fénix e Disco Móbil Blanco y Negro.
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López, o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, a xefa territorial de Cultura da Xunta en Lugo, Maria Jose Gómez, presentaron a XXVI Edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se celebrará os dias 11, 12 e 13 de agosto nas vilas céntricas da cidade. Fixérono na Praza da Catedral de Mondoñedo, o epicentro desta celebración, que cada ano atrae a miles de visitantes.
Campos Conde destacou que “dende o Goberno da Deputación renovamos a nosa colaboración cunha das citas turísticas e culturais máis importantes do municipio mindoniense, a través da que se xera riqueza e emprego e, polo tanto, e se dinamiza a economía local”. O Presidente remarcou que o organismo provincial é o principal impulsor deste evento, pois realiza unha achega económica de 32.000 euros...
leer másLos residentes en las calles Diputación y San Lázaro, en la zona conocida popularmente como A Regueira, están organizando un almuerzo que tendrá lugar el próximo 25 de agosto (viernes) en el restaurante Casa Domingo, de Cubelas, a partir de las 14:00 horas.
El precio de la comida será de 20 euros y las tarjetas para participar en este encuentro vecinal se pueden adquirir en la tienda de Sargadelos, situada en la calle Reinante, 22.
Los organizadores animan “a todas aquellas personas que en algún momento de su vida residieron en este barrio a asistir a este encuentro, en el que recordaremos vivencias de nuestro paso por esta zona de Ribadeo”.
Las personas interesadas en obtener más información sobre esta comida pueden dirigirse a los siguientes contactos y teléfonos: Paco Roibás (639 136...
leer másA Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu esta mañá a presentación da Mostra Folklórica Internacional, unha cita que ao longo das súas trinta e nove edicións converteuse, en palabras de José Manuel Balseiro, “nun dos máis importantes escaparates de cultura, da danza, do arte e da tradición en Galicia”.
O programa deste ano contempla un amplo número de actividades que se desenvolverán durante catro días -os vindeiros 3, 4, 5 e o 6 de agosto-. O domingo, será a quenda do peche estelar que sempre se corresponde coa Gran Gala Internacional da Mostra, todo un espectáculo que achega a Viveiro as diferentes culturas do mundo.
Durante a presentación da Mostra, ademais do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, que fixo de anfitrión, tamén participaron membros do colectivo organizador como a presidenta...
leer másA sétima edición da Festa Normanda de Foz presentarase este sábado, 5 de agosto, cun evento que se celebrará na zona portuaria focense.
Os actos comezarán ás oito da tarde coa presentación oficial da festa e desfile a cargo de Rosana&Pili na praza Conde de Fontao. A continuación na explanada do porto haberá churrascada con churrasco, pan, chourizos, viño e salsa normanda do IES de Foz. O prezo da ración é de 6 euros. Estará amenizada con música ambiente a cargo dun DJ.
Dende mañá, 1 de agosto, e ata o 30 de setembro, levaranse a cabo por terceira vez as Xeorutas en Ribadeo, que se encadrarán dentro do proxecto denominado Arcos e Cantís, realizado en colaboración cos Concellos de Burela e Cedeira, e que ten como obxectivo principal un turismo diferenciado empregando a xeodiversidade do territorio como fío condutor.
Segundo explica a concelleira de Turismo, Ana Martínez, “estas Xeorutas se presentan como itinerarios interpretativos e informativos sobre a riqueza xeolóxica e sobre o patrimonio natural presente na costa de Ribadeo. O que busca é redescubrir e valorizar o noso patrimonio natural a través da súa interpretación e coñecemento promovendo así como cambio actitudinais fronte a súa conservación, aquilo que moitas veces se dí é necesario coñecer para conservar”.
A edil...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza as XXII Xornadas de Historia Local de Foz, que terán lugar do 31 de xullo ao 3 de agosto, na Casa da Cultura Poeta Manuel María ás 20:30 horas.
O programa comezará o luns, 31 de xullo, coa proxección do documental Riquezas lucenses e a conferencia titulada A salgazón e a conserva no Cantábrico galego, que ofrecerá Xosé María Leal Bóveda.
O martes, día 1 de agosto, intervirá Ramón Eiras Fernández con Así falan os focegos. O mércores 2, Xosé Ramón Veiga Alonso abordará o tema Mariñáns nas Cortes do século XIX.
As xornadas rematarán o xoves, día 3 de agosto, coa conferencia que ofrecerá André Pena Graña sobre Os bretóns no norte galego.
O Eido Dourado, en Barreiros, segue acollendo diversas actividades ao longo deste verán. O vindeiro 3 de agosto terá lugar unha sesión de Chikung para a saúde. Para participar non se precisa experiencia previa. Os asistentes realizarán movementos armónicos e suaves, acompañados dunha respiración axeitada e consciente para o benestar persoal. O Chikung axuda a fortalecer o corpo físico, mental e emocional.
A sesión desenvolverase de 19:00 a 20:30 horas no Eido Dourado. E será impartido por unha profesora titulada.
Ademais o Eido Dourado segue a organizar os laboratorios creativos, que imparte Lucía Vila, artista mariñá e profesora de educación plástica. Desenvólvense os mércores en horario de sete a oito da tarde ata o vindeiro 16 de agosto. A experiencia está a resultar un éxito neste segundo ano.