Eventos
Desde la Junta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro explican que “por iniciativa de la alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, en representación del Concello se hicieron postales con franquicia incluida de modo que el usuario solo tendrá que escribirlas y depositarlas en correos y que le fueron concedidas a la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro. Las postales contienen cinco actos de la Semana Santa de Viveiro, que indudablemente es el principal reclamo turístico de nuestra ciudad”.
Y añaden que “dichas postales serán coleccionables, ya que la idea es que cada año se cambien las imágenes y así a través de ellas se puede configurar un álbum con las mismas. Estarán a la venta en la Oficina de Turismo, en el Multiusos donde se hace la entrega del Libro-Pregón y en cada una de las ocho Cofradías que constituyen la Xunta de...
leer másO Concello de Cervo ten aberta a inscrición para anotarse ao campionato de tute e parchís, que convoca cada ano desde a delegación de Servizos Sociais, que dirixe Pilar Armada.
Os veciños e veciñas interesadas en participar poden anotarse ata o vindeiro venres, 23 de marzo, na Casa da Cultura (982.59.51.57); e o día 27 dará comezo o campionato que se xogará na Casa do Mar de San Ciprián.
Os premios entregaranse o Día do Xubilado, o 1 de maio, como cada ano.
Mondoñedo retoma a vindeira fin de semana (sábado 24 e domingo 25) a celebración da XXIX Concentración Mototurística Ruta N-634 ‘A Invernal de Galicia’, coa que colabora o Concello, e que anualmente organiza o Motoclub Ruta N-634 da cidade.
A celebración desta concentración estaba prevista para o pasado 10 e 11 de marzo pero a organización veuse na obriga de suspender a programación de actos debido ás condicións meteorolóxicas que se deron durante esa fin de semana.
A implicación que o Motoclub Ruta N-634 deposita na organización desta concentración permite que o vindeiro fin de semana se retome a celebración dunha concentración mototurística que chega a súa 29 edición e que converte a Mondoñedo na primeira cidade, xunto a Sanxenxo, na que se organizou este tipo de eventos.
O presidente do Motoclub Ruta N-...
ACIA/CCA de Foz, o Concello e a súa Delegación de Medio Ambiente, Clínica Veterinaria Foz, Fauna e a protectora de animais focense organizarán a 1ª Feira Foz Canina. Xa comezaron as xuntanzas de traballo para levar a cabo este evento.
As datas que se barallan son as do 13 e 14 de outubro. Desde a directiva do Centro Comercial Aberto subliñan que “estamos iniciando os contactos e o traballo para facer unha programación atractiva na que estarán implicadas as propias clínicas, a protectora, os provedores, etc…”.
Neste evento, que se vai denominar 1ª Feira Foz Canina “haberá concursos, programas, conferencias, campañas de concienciación. Todo o que rodea ao mundo do can, ao mundo das nosas mascotas, estará presente nesta feira”.
O XI Encontro de Palilleiras celebrarase en Burela o vindeiro 12 de maio. Terá lugar na nave de redes e está organizado pola asociación As Encaixeiras coa colaboración do Concello. O alcalde, Alfredo Llano, subliña que a cita é un bo escaparate para amosar Burela e os seus atractivos turísticos.
O rexedor anunciou que “o XI Encontro de Palilleiras vai ser o 12 de maio, no porto na nave de redes, onde ven sendo Expomar e Produart, pola súa dimensión e pola cantidade de xente que contamos que veña, é xustificado que se faga alí”.
Alfredo Llano salientou que “é unha boa oportunidade para dar a coñecer o noso concello, o barco-museo, o Monte Castelo, os negocios, restaurantes e outro tipo de comercios que hai no noso pobo, que se dean unha boa volta, e que vexan o porto e as praias. É unha oportunidade que temos...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou esta mañá na presentación da programación da Semana Santa de Mondoñedo, que organiza a Venerable Orde Terceira de San Francisco, en colaboración co Concello e entidades locais. Durante o acto, no que tamén participou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, a rexedora quixo agradecer o compromiso que anualmente amosan os veciños e voluntarios que se involucran na celebración dunha Semana Santa, a que definiu de “bela e singular” e que este ano conta cun programa que inclúe novidades, como é a celebración dunha nova procesión o 23 de marzo, Venres de Dores.
A Semana Santa de Mondoñedo é organizada pola Fraternidade Local da Venerable Orde Terceira de San Francisco, fundada en Mondoñedo, o 24 de febreiro de 1734. Esta celebración foi declarada de Interese Turístico Galego...
leer másA galería ribadense de arte Terra Branca e o zoqueiro Alberto Geada poñen en marcha O Xogo das Zocas, que inclúe agasallos para os gañadores. O obxectivo desta iniciativa é facer promoción desa zona do interior da Mariña e da arte que se fai nesta comarca, arte en imaxes e arte en forma de zoquiñas.
Para conseguir cada un dos cinco premios hai que localizar unha das cinco pequenas zocas que o zoqueiro do Valadouro Alberto Geada escondeu na contorna das cinco marabillas do Val do Ouro: o castelo de Castrodouro, a fervenza Escouridal, o dolmen do Prado das Chantas, a cruz do Pau da Vella e Finca Galea. Despois de atopar cada zoca hai que levala á galería Terra Branca, de Ribadeo, onde os gañadores recibirán os agasallos, que consisten en figuras de cerámica, unha lámina, un reloxo ou un perfume de Terra Branca. Se a mesma persoa consegue...
leer másA Concellería de Cultura de O Valadouro organiza a XII edición do Mercado Tradicional de Primavera, que se celebrará os días 23 e 24 de marzo.
O venres 23, o programa comezará ás 21:00 horas con pasarrúas a cargo da A. C. Amado Lar, ás 21:30 horas será o pregón inaugural que ofrecerá Lionel Rexes, e ás 22:00 horas terá lugar unha exhibición de baile en zocas.
O sábado 24, o Mercado abrirase ás 10:00 horas. Entre as 11:00 e as 19:00 h. celebrarase unha exposición de vehículos clásicos, no aparcadoiro municipal a carón da piscina, e das 12:00 ás 18:00 horas, unha exposición de vespas clásicas na Avenida da Veiga. Tamén haberá Ludo-Enxebre para nenos e nenas de 3 a 12 anos, na praza, de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 . Terá lugar ademais un Foto-Enxebre de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 h, e Tiro con...
leer másPreto dun cento de persoas asistirán este venres, día 16, á VII Gala de Acisa, que se celebrará a partir das 21:30 horas no Parador de Turismo de Ribadeo.
Neste evento serán premiados os propietarios de O Bodegón, Florentino Martínez Peláez e Mercedes García López, que recibirán o recoñecemento a toda unha carreira empresarial. O premio como socio honorífico recibirano José Luis Méndez Morán e América López Oliveros, fundadores de Ferraxería Morán. E o galardón como socio do ano será para José Ramón Leal Segura, propietario de Galería Terra Branca.
Ao acto confirmaron xa a súa asistencia o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez....
leer másO club VespaFaba & Clásicos Lourenzá organizará tres eventos este ano. As actividades, nas que colabora o Concello, foron presentadas nun acto ao que asistiu a alcaldesa, Rocío López.
Os responsables do club salientan que a rexedora municipal “apoiou a este colectivo desde que iniciou a súa andadura, no ano 2015” e explican que “está integramente dedicado á defensa, conservación e promoción do patrimonio automobilístico. Aparte de recuperar e conservar os vehículos apaixónanos gozalos en distintos eventos, concentracións, exposicións ou rutas, en distintos puntos da Península: Galicia, Asturias, Castela e León, Madrid, Zaragoza, etcétera”.
Ademais anunciaron que organizarán “distintos eventos ao longo deste ano: o primeiro terá lugar o día 29 deste mes, Xoves Santo, e será a terceira Reunión de Amigos de...
leer más












