Eventos
25/05/2016
O 23 de xuño celebrarase en Lourenzá A Queima do Xanciño. Ás 21:00 horas terá lugar a procesión do Xanciño polas rúas da vila e despois no recinto feiral haberá sardiñada, churrasco e chourizos a prezos populares.
Estas actividades para a noite de San Xoán están organizadas pola Asociación Conde Santo e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos ACIAL de Lourenzá. Colabora o Concello de Lourenzá.
25/05/2016
Este domingo, 29 de maio, celebraranse xogos de campamento Altair nas Festas de Burela. Terán lugar entre as 16:00 e as 19:00 horas na Praza do Concello, con motivo do Dia do Neno.
Están dirixidos a nenos e nenas de entre 7 e 13 anos e a inscrición está aberta ata o venres anterior, día 27 de maio. Os interesad@s poden anotarse na Casa da Xuventude de Burela ou por internet en chaodecastro.wordpress.com. As prazas son limitadas a 20 e as actividades adáptanse ao número de participantes e ao grupo de idade.
Para máis información nos números de teléfono 685 325 153 e 659 737 312; en...
leer más 20/05/2016
Este sábado, 21 de maio, o Complexo Cultural Regal Xunqueira celebra o Día dos Museos.
A programación iniciase ás 11:00 horas coa proxección do audiovisual realizado pola produtora madrileña Mapama sobre Regal Xunqueira e Regal Cerámica.
A continuación haberá unha visita guiada aos museos e a inauguración das pezas adquiridas durante o pasado ano. Trátase dunhas placas de cerámica realizadas por Laxeiro, Virxilio e De Dios. A asistencia é gratis e inclúe tamén a xornada do sábado pola mañá aberta ao público.
20/05/2016
Este sábado, 21 de maio, o Auditorio Municipal de Ribadeo acolle a celebración dun festival a favor da loita contra o cancro.
Ás 20:00 horas dará comezo este festival que contará coas actuacións de A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, o Grupo da Danza Contemporánea de Adultos de Ribadeo, Víctor Villar, o Grupo de Teatro de Ribadeo e o Coro do Colexio Sagrado Corazón.
O prezo da entrada será de 4 euros para esta gala organizada pola AECC e na que colabora o Concello de Ribadeo.
18/05/2016
A Concellería de Cultura focense organiza unha lectura pública de obras de Manuel María con motivo da celebración do Día das Letras Galegas para este venres, día 20, a partir das 10 da mañá no salón de actos da Casa da Cultura de Foz.
A edil de Cultura, Silvia Blach, manifesta que “con motivo da celebración das Letras Galegas, dedicadas este ano ao poeta e escritor Manuel María, convidamos a participar na lectura pública da súa obra o vindeiro venres, día 20, no salón da actos da Casa da Cultura, a toda a veciñanza que así o queira”.
Silvia Blach engade que “o horario será de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas. Contaremos coa participación...
leer más 18/05/2016
O Concello de Mondoñedo presentará este sábado ao público o proxecto definitivo da Casa Museo de Cunqueiro, cuxa redacción foi adxudicada á arquitecta Gloria Trigo e a través do que o Goberno local pretende poñer en valor a edificación e dispoñer dun centro en lembranza ao ilustre escritor.
O acto de presentación do proxecto será na Casa da Xuventude da localidade, ás 12:00 horas. A alcaldesa, a popular Elena Candia, invita aos veciños a que coñezan de primeira man os detalles deste proxecto, que se amosarán a través dos soportes técnicos necesarios como son galerías de imaxes con planos e recreacións finais da obra.
Na presentación intervirán o...
leer más 16/05/2016
A noria móbil máis alta de Europa estará en Burela durante as súas festas patronais do 28 de maio ao 7 de xuño. Mide 65 metros de altura e situarase na praza do Concello. Precísanse sete camións de grandes dimensións para desprazar toda a súa estrutura.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “lo acabamos de confirmar hoy mismo que desde el fin de semana del pregón, días 28 y 29 de maio, tendremos en Burela la noria móvil más grande de Europa”.
José Díaz contou que “tiene 65 metros de altura, está ahora mismo ubicada en Santiago y conseguimos hablar con los propietarios de esta atracción para que esté en Burela durante esos prácticamente...
leer más 15/05/2016
Todo está listo en Burela para a celebración do II Encontro de Batukadeiras, que organizan a Concellería de Inmigración e Cooperación e Batuko Tabanka, os días 21 e 22 de maio.
O sábado ás 12 do mediodía terá lugar a presentación da exposición Memorias de Batuko Tabanka, que se poderá ver na sala de exposicións da Casa da Cultura desde hoxe, domingo, e ata o vindeiro 15 de xuño. Xa pola tarde a partir das 18:00 horas haberá unha actuación de grupos de batuko na praza de abastos. Na cita participarán: Bibinha Cabral, Mara Panu, Finka Pe e Nos HerdanÇa. A primeira xornada do II Encontro de Batukadeiras rematará ás once da noite coa actuación de Olivio D’Alice.
15/05/2016
O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, porá en marcha un programa de voluntariado cultural para fomentar a participación da cidadanía no desenvolvemento de actividades culturais na localidade. A través do voluntariado o proxecto busca conseguir un acceso directo, solidario e eficaz, ao inxente patrimonio cultural material e inmaterial da cidade e colaborar con aqueles sectores que se atopen necesitados ou que constitúen un punto de partida no acceso á cultura.
Dun xeito máis concreto, a alcaldesa da localidade, a popular Elena Candia, explica que o programa ten por obxecto fomentar o voluntariado cultural, regulando basicamente o seu funcionamento e establecendo as canles de participación dos cidadáns que, de...
leer más 14/05/2016
Aciam Xove celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Manuel María. A Asociación Empresarial vai facer este ano o seu particular homenaxe a Manuel María.
O día 17 de maio, Día das Letras Galegas, no Salón de Actos do Concello de Xove, a partir das 20:00 horas farase un percorrido pola biografía do autor, cunha teatralización da persoa no mesmo, e dedicando momentos a lectura de poemas e sonetos do autor, con música en directo.
Serán os asociados e veciños de Xove os encargados de escenificar e facer a homenaxe. Colabora na organización destes actos o Concello de Xove .