Eventos
04/05/2016
Os días 20 e 21 de maio celébranse en Morás, no concello de Xove, as Festas Patronais.
O venres, dia 20, ás 20:00 horas haberá misa solemne na honra de San Antón e a Virxe do Carme, cantada polo Coro Interparroquial de Xove. De seguido terá lugar a procesión ata o Portiño amenizada polos gaiteiros de Saiñas. Ás 22:30 horas será a gran verbena coa actuación da orquestra Acordes e o DJ Chente.
O sábado, día 21, ás 12:30 horas haberá misa solemne no Portiño e subida da procesión ata a igrexa parroquial amenizada polos gaiteiros de Saiñas. Ás 14:00 horas será a sesión vermouth coa orquestra Los Españoles. Ás 22:30 horas haberá gran verbena coa actuación...
leer más 03/05/2016
A biblioteca pública municipal de Foz organiza unha programación especial desde este mes de maio ata novembro para celebrar o Día das Letras Galegas co lema Festexando o ano de Manuel María.
A responsable da biblioteca, María Jesús Álvarez, explicou que “facendo un gran esforzo, intentamos mesturar actividades para todas as idades pero incidindo especialmente na mocidade. Dar a coñecer a palabra do poeta de distintas maneiras: a través da música, de certames, de exposicións, ... Esperamos que sexa do agrado de todos e que dende a Biblioteca Pública acheguemos a obra e a vida aos veciños de Foz dun escritor moi querido e respectado na nosa vila polos seus lazos e traxectoria persoal”.
...
leer más 30/04/2016
A edición 2016 do Correlingua na Mariña, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coas Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, foi presentada esta tarde no Concello de Burela.
No acto participaron Alfredo Llano, alcalde de Burela, -concello que este ano acolle o Correlingua-, Antonio Veiga, Vicepresidente da Deputación de Lugo, Mónica Pazos, en representación da Mesa pola Normalización Lingüística, Dores Fernández Abel, da CIG-Ensino e coordinadora da actividade, e representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística...
leer más 29/04/2016
Vilanova de Lourenzá acolle a tradicional Festa do Maio este domingo, día 1, que inclúe desfile polas rúas da localidade e diversas actividades na praza do Conde Santo.
A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “este ano a programación presenta unhas cantas novidades con respecto a edicións anteriores. Mañá, sábado, día 30, terá lugar no mercado comarcal gandeiro a partir das cinco da tarde un obradoiro titulado Facendo un Maio. Está dirixido a tódolos nenos e nenas que queiran participar. Para poñer en marcha esta iniciativa o Concello púxose en contacto coa ANPA e o CEIP Juan Rey, que colaboran na programación deste taller. Co fin de coñecer a fondo unha das festas tradicionais que forman parte do noso contorno propoñemos que...
leer más 28/04/2016
O Delegado de Cultura presentou esta mañá no Museo de Lugo as actividades do “Mondoñedo é poesía 2016”. Xunto a el estiveron tamén María José Fernández, poeta da Pontenova e representante do colectivo A porta verde do sétimo andar, Antonio Reigosa, representante do colectivo “Mondoñedo é…” e cronista oficial do Concello de Mondoñedo, Miguel Souto, Presidente da Asociación Cultural As San Lucas, e Elena Candia, Alcaldesa de Mondoñedo.
“Mondoñedo é poesía”, que terá lugar os vindeiros 30 de abril e 1 de maio, é unha actividade cultural enmarcada na programación das tradicionais Feiras e Festas das Quendas, que se celebran desde 1541 (hai 475 anos) en Mondoñedo, cidade creativa e cultural, capital galega da poesía.
... leer más 28/04/2016
La asociación de amas de casa de Ribadeo organiza un viaje a la costa vasco francesa del 3 al 5 de junio de este año 2016. El precio para los socios del colectivo es de 225 socios y los que no son miembros de la asociación tendrán que pagar 255 euros. El plazo de inscripción es del 2 al 6 de mayo en el local que la asociación de amas de casa ribadense tiene en la Casa del Mar de siete a ocho de la tarde.
El viaje incluye el primer día visitas a Zarautz y Getaria, cena y alojamiento; el segundo día, desayuno y visita a San Juan de Luz, a Biarritz y a Hondarribia, almuerzo, cena y alojamiento; y el tercer día, desayuno y visita con guía oficial a San Sebastián.
28/04/2016
O 7 de maio celebrarase na parroquia ribadense de Remourelle a VI Ruta Cabalar. A inscrición está aberta.
A saída será ás 10:30 horas e a comida está prevista para as 14:30 horas. Os tíckets poden adquirirse aos membros da directiva Xinetes de Remourelle e na Taberna de Lola ata o 2 de maio. Tamén poden facerse as inscricións nos teléfonos 659 629 417 ou 659 220 313. O prezo é de 23 euros. Haberá sorteos, agasallos e moitas sorpresas, e a xornada estará amenizada musicalmente por Discoteca Móbil.
27/04/2016
O 5 de maio ás 20:30 horas terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro o recital "Viveiro de Poemas".
Nel intervirán Patricia Álvarez, Adrián Ben, Moncho Bermúdez, Flor Chao, Andrés Díaz, Xoel Eijo, Alba Fernández, Suso Fernández, Margaret Licklider, Cristina L. Felipe, Teresa Penabad e Xosé M. Vázquez “Leman”. Nas actuacións musicais terá lugar a estrea da peza Sete pétalos de rosa, homenaxe a Manuel María, da que é compositor David Catá e interpretarán ao violín Juan Cabalar e ao piano o propio David Catá. Tamén intervirá o Coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e proxectarase un vídeo de Abella Albo.
Nesta...
leer más 27/04/2016
Este xoves, 28 de abril, conmemoran en Xove o Día Internacional da Danza cunha serie de actuacións que terán lugar no Pavillón Municipal entre as 12:00 e as 13:30 horas.
Actuarán a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, a Asociación Cultural Saiñas de Xove, o grupo cadete da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove e a Escola de baile deportivo Gold Dance. Ademais dos organizadores o IES Illa de Sarón e o IES Marqués de Sargadelos, tamén asistirá alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove e dos CEIP de Cervo e San Cibrao.
Colaboran con esta actividade as Concellerías de educación dos Concellos de Xove, Cervo e Ribadeo.
...
27/04/2016
Este venres, 29 de abril, da comezo en Xove a Festa das Flores que organiza a Aciam. O amplo programa de actividades que se desenvolverán durante os dous días de festa arrinca co pregón de Roberto Vilar e seguirá con verbenas, mercado, xantar popular, música, teatro e interesantes sorteos.
O programa da Festa das Flores dará comezo o venres, día 29, en Chao da Aldea co pregón que pronunciará o presentador e actor xovense Roberto Vilar, a partir das 20:30 horas. Haberá o Venres de tapeo nos locais hostaleiros, que estará dedicado á Festa das Flores. Ás doce da noite terá lugar o sorteo presencial do tapeo do mes de abril, que presentará tamén Roberto Vilar e a continuación concerto de Joni Ramos, presentando o novo espectáculo The...
leer más