Eventos
21/03/2016
O vindeiro 2 de abril terá lugar en San Ciprián o XIII Encontro de Palilleiras con 600 participantes. O evento foi presentado hoxe nun acto que contou coa presenza do alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Igualdade, Pilar Armada.
O rexedor municipal salientou que “xa é unha xuntanza de palilleiras que adquiriu unha sona que vai máis alá das fronteiras non só da nosa provincia senón tamén de Galicia. Son moitas as persoas que veñen, mulleres sobre todo, a palillar de Galicia pero tamén moitas doutros lugares, basicamente da veciña Asturias e tamén da zona de León”.
Alfonso Villares engadiu que “este encontro de palilleiras reforza moito a...
leer más 21/03/2016
O Concello, en colaboración coa Aciam de Barreiros e coas asociacións Barreiros Mar e Monte e Luz de Tea, poñen en marcha esta Semana Santa o proxecto Viaxes Culturais, os días 25 e 26 de marzo.
Estas viaxes consisten en rutas guiadas en autobús dirixidas a todas aquelas persoas que desexen coñecer máis profundamente o patrimonio natural e cultural deste municipio de A Mariña luguesa. As Viaxes Culturais realizaranse os días 25 e 26 de marzo, ás 10.00 da mañá.
Segundo explicaron os organizadores na presentación, que tivo lugar esta mañá, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedreo, “esta constitúese coma unha viaxe a través do patrimonio...
leer más 20/03/2016
O colectivo viveirés Pensamento en Sementeira dá comezo á súa programación da primavera de 2016 cunha visita guiada á fermosa paraxe de Santo Estebo do Ermo, en Barreiros.
A excursión, aberta e gratuíta, será o domingo 3 de abril. Un autobús, que sairá desde a oficina de turismo de Viveiro o primeiro domingo de abril ás 9 da mañá, achegará ás persoas participantes a Barreiros. Desde esta localidade mariñá os excursionistas percorrerán a pé e guiados por membros da asociación cultural Irmandade Santo Estevo a fermosa paraxe da fonte de Augas Santas e visitarán os restos da ermida, a fervenza e a fonte de Santa Rosa.
Ao remataren o percorrido a pé, que...
leer más 17/03/2016
O Concello de Cervo organiza diversas actividades para esta Semana Santa destinadas a público de tódalas idades dentro do programa denominado A Carón da Cultura.
A Concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, salienta que “este programa consiste en achegar ao noso municipio diferentes eventos culturais. O Concello estará a carón da música, baile, teatro, lectura, comedia, escritura, debuxo e pintura, entre outras moitas actividades. A Carón da Cultura pretende apoiar e promover o propio do noso concello, atraer e achegar diferentes formas culturais e artísticas aos nosos veciños e de todas as idades”
Dolores García anunciou que “estas actividades...
leer más 17/03/2016
O Valadouro acollerá un ano máis o seu Tradicional Mercado Anual de Primavera o vindeiro día 19 deste mes. Haberá mercado polas rúas de Ferreira con ruta de Tapeo Enxebre e cantos de taberna. Os pasarrúas correrán a cargo de Cé Orquestra Pantasma, A.C. Amado Lar e Festicultores Troupe e haberá actuacións teatrais con Mircromina Teatro. Os asistentes terán posibilidade de dar paseos en poni e a cabalo e os máis peques poderán participar nun certame de pesca infantil. A xornada completarase cos xogos tradicionais a cargo de Xotramu e co concerto que ofrecerá A Troba do Bugallo.
Neste Mercado de Primavera do Valadouro repartiranse premios para os locais comercial e hostaleiro decorados máis enxebre. Ademais haberá zonas para aqueles...
leer más 16/03/2016
A Asociación de Veciños Burgo de Trasbar, de Cervo, organiza a Festa de Pascua para este 27 de marzo a partir das 14:00 horas no campo da festa de Trasbar.
Os asistentes participarán nun xantar trala misa que será ás 14:00 horas. Haberá sesión vermú e despois do xantar gozarán de baile co dúo Agua Marina. O prezo para os socios é de 12 euros e 15 euros para os non socios. Os nenos de 2 a 12 anos pagarán 7 euros. As persoas interesadas pódense anotar no local social, no correo electrónico da asociación burgodetrasbar@yahoo.es ou comunicándollo a calquera dos socios que compoñen a directiva. O prazo para anotarse remata o día 19 de marzo.
14/03/2016
Desde Centro Comercial Histórico de Viveiro explican que “por sexto ano consecutivo, e dado o gran éxito e aceptación que tiveron entre o público as edicións anteriores, no ano 2016 volveremos a realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez”.
E subliñan que “durante estas datas de afluencia de visitantes a Viveiro parécenos moi interesante ofrecerlles a posibilidade de coñecer a cidade por medio destas visitas guiadas e de xeito gratuíto”.
Centro Comercial Histórico de Viveiro indica que “o obxectivo é dar a coñecer o noso patrimonio cultural e artístico, non só a visitantes, senón tamén ós...
leer más 13/03/2016
Este sábado, día 12, comezaron na parroquia de Santiago de Foz os actos da Semana Santa. Na igrexa parroquial tivo lugar o inicio de Setenario das Dores.
Os actos continuarán o día 18, ás sete e media da tarde na igrexa parroquial coa celebración do Venres das Dores. O día 20, Domingo de Ramos, ás once da mañá será a bendición e a eucaristía na capela do asilo. Ás doce menos cuarto terá lugar a bendición no patio do colexio Martínez Otero e a eucaristía na igrexa parroquial. Tamén ás sete e media da tarde haberá celebración eucarística na igrexa parroquial. O día 21, Luns Santo, terá lugar a celebración penitencial da Coresma ás sete e media da tarde; o día 22, martes, haberá eucaristía ás sete e media da tarde; e o día 23 non...
leer más 13/03/2016
Foz homenaxeará o vindeiro 18 de marzo, venres, ao poeta Manuel María nun acto organizado polo Concello e a Asociación A Pomba do Arco.
A concelleira de Cultura focense, Silvia Blach, anunciou hoxe que “este venres 18 de marzo ás oito e media da tarde na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz terá lugar o acto Compañeiro de ronseis floridos. Palabra, música, teatro para Manuel María. Intervirán nesta homenaxe Suso Fernández, cronista oficial de Foz; Alberte Ansede e Saleta Goi, xerente e presidenta da Fundación Manuel María, respectivamente”.
Silvia Blach engade que “a actuación musical correrá a cargo de Arcadio e imos ter unha representación...
leer más 13/03/2016
O Centro Comarcal de Mondoñedo acolleu a presentación do programa da Semana Santa 2016, organizada pola Venerable Orde Terceira, e coa que colabora o Concello de Mondoñedo ademais doutras entidades como Protección Civil, ACIAM, Viveiros Cabaleiros ou Autos Morán. Unha Semana Santa singular e moi antiga que dende o Concello queren poñer en valor e traballar para a súa declaración de Interese Turístico Galego.
Durante o acto de presentación tamén se inaugurou unha exposición de carteis e fotografías sobre a Semana Santa de Mondoñedo, organizada polo Concello. Distribuíuse en 21 paneis, a través dos que se mostran os carteis da Semana Santa ao longo dos últimos anos; fotografías antigas de procesións dende 1930 e 1940; imaxes coa...
leer más












