Eventos

17/04/2015
O 24 de abril estrearase en Burela a curtametraxe "Cara a cara". A proxección forma parte dun proxecto da Concellería de Igualdade.
 
O vindeiro venres, 24 de abril, terá lugar a estrea da curtametraxe Cara a cara. Será a partir das 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura. 
Dende a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade explican que “no mes de novembro púxose a andar un proxecto do cal agora estamos a recoller os seus froitos. O 5 de novembro convocamos aos mozos e mozas de Burela para participar nun proxecto de prevención contra a violencia de xénero. Tratábase dun casting para a posterior gravación dunha curtametraxe. E esa curtametraxe será a que se estree o vindeiro 24 de abril”.
A Concellería de Igualdade enviou cartas informativas a todas as asociacións de Burela convidándoas a asistir a esta proxección. 
... leer más
Etiquetas:
15/04/2015
A asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, celebra a chegada da primavera o vindeiro 18 de abril con actividades para pequenos e maiores.
 
Desde a organización sinalan que “coma todos os anos, dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera cunha xornada de actividades para pequenos e maiores que terá lugar o vindeiro sábado, 18 de abril, en Mondoñedo”. 
A partir das 10 da mañá na praza da Catedral de Mondoñedo e coa colaboración da Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo, inícianse as actividades para xente de todas as idades cunhas rutas de sendeirismo e en bicicleta, adecuadas para cada idade. Dende as 11 no Casino de Mondoñedo e coa colaboración do Círculo de Recreo e da Gaita Escola de Mondoñedo, realizarase un obradoiro de música tradicional para nenos. Finalmente, a partir das 13 horas na Praza dos Muíños haberá...
leer más
Etiquetas:
15/04/2015
O sábado, 18 de abril, haberá obradoiros de plástica para todas as idades en Foz, diante do Cenima. A actividade enmárcase dentro da Semana das Artes Plásticas da Mariña.
 
Continúa a festa da arte na Mariña. Por segundo ano a asociación Tá en Artes únese á Semana das Artes da Mariña baixo o lema “Queremos arte”.
Este ano a proposta é da asociación Tá en Artes e consiste en obradoiros de plástica para todas as idades, segundo a proposta da ilustradora mariñá Lucía Vila en colaboración cos artistas Álvaro Trincado, Cristina Basanta, Zilí Katova e Caxigueiro. 
A cita é o próximo sábado, 18 de abril, diante do CENIMA en Foz, ás 12 da mañá.
A actividade é gratuíta. As prazas son limitadas. Inscricións no correo electrónico: taenartes@gmail.com ou no teléfono: 620560995.
 
Etiquetas:
13/04/2015
Os días 18 e 19 de abril terán lugar as festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte (Xove).
Un ano máis a comisión de festas de Monte, formada por membros da asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as festas patronais da parroquia en honra a San Isidoro os vindeiros 18 e 19 de abril, con arranxo ao seguinte programa:
 
Sábado ,18  de abril:
   -13:00 horas.- misa solemne na igrexa parroquial e procesión en honra a San Isidoro.
   -14:00 horas.- sesión vermú con Lembranza.
   -15:00 horas.- xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente hai que chamar ao tfno: 646647619.
  -17:00 horas.- verbena con: Lembranza e Fenix. Para esta verbena, a comisión ten preparados 3...
leer más
Etiquetas:
12/04/2015
Do 13 ao 16 de abril estará en Burela o xogo xigante de Sogama "Un partido polo planeta". Estará en centros de ensino e en varias asociacións.
 
O xogo xigante de Sogama Un partido polo planeta será coordinado polas monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia ao longo de toda a vindeira semana. 
Nesta actividade participará alumnado de 1º e 2º de educación primaria dos dous Ceips, e varias Asociacións (Fundación Eu Son, Asociación A Mariña e Asociación Camiña).
O  luns día 13 o xogo estará no Ceip Virxe do Carme; o martes 14 de abril estará na aula que as monitoras do Centro Gaia teñen no Ceip Vista Alegre; o  xoves día 16 estará na Asociación A Mariña en horario de 11:30 a 12:30 horas e ese mesmo día pola tarde na Fundación Eu Son  en horario de 15:00 a 17:30 horas e xa de 18:15 a 19:15 horas estará na Asociación Camiña.
“A...
leer más
Etiquetas:
10/04/2015
O IX Encontro de Palilleiras de Burela celebrarase o 30 de maio. Ao evento acudirán mulleres de toda Galicia e do norte peninsular.
 
O 30 de maio terá lugar en Burela, na nave de redes, o IX Encontro de Palilleiras que organizan a Fundación Expomar e a asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras As Encaixeiras. Colaboran: o Concello, Absa, Deputación de Lugo e Confraría de Pescadores de Burela. O evento presentouse esta mañá no salón de plenos do Concello.
O alcalde, José Mª González Barcia, dixo que “desde o Concello e desde a Fundación Expomar queremos axudarlle a esta asociación que continúen a desenvolver esta actividade. O Concello faino a través da subvención anual que lles concedemos e poñendo á súa disposición os recursos materiais e humanos que precisan para este evento e desde a Fundación Expomar tramítanse os permisos para que o encontro se poida celebrar na nave de redes”....
leer más
Etiquetas:
10/04/2015
Un cento de xinetes percorrerán o municipio de Cervo a cabalo na VII Ruta do Poldro que se celebra este 12 de abril.
 
A Ruta do Poldro chega este ano á súa sétima edición. Un evento que organiza a asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello, que xuntos presentaron o cartel e os detalles da ruta que terá lugar este domingo 12 de abril. Ao acto asistiu o alcalde, Alfonso Villares, o edil de Zona Rural, José Ramón Soto, o presidente de Cabaleiros do Xunco, Julián Otero, e outros membros da asociación. 
Unha ruta na que participarán sobre 100 xinetes chegados de diferentes puntos de Galicia, de forma que se mantén estable a afluencia de edicións anteriores. Trátase dunha cita que sempre se celebra no mes de abril e que conta con moitas persoas e agrupacións habituais, que volven todos os anos. 
A ruta comeza ás 10:30 h. con saída do...
leer más
Etiquetas:
09/04/2015
A IX Feira do Ferro de Riotorto ofrecerá o 19 de abril demostracións en vivo, obradoiros, mostra de artesanía, actuacións musicais e outras actividades.
 
A novena edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto ofrecerá o día 19 deste mes, domingo, demostracións en vivo, obradoiros, mostra de artesanía, actuacións musicais e outras actividades dende as 11 da mañá ata as 7 e media da tarde.
O alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, explicou que “o domingo da semana que vén, 19 de abril, celebraremos a novena edición da Feira da Artesanía do Ferro, unha artesanía que é un potencial singular do concello de Riotorto e algo que nos distingue dos demais municipios, xa non só da comarca senón de todo o país. Consideramos que é un recurso que temos que potenciar porque ten moitas posibilidades tanto na dinamización económica como na turística do concello. Este ano, como ocorreu nos anteriores, contamos ter unha asistencia...
leer más
Etiquetas:
09/04/2015
A Mariña lucense, protagonista da sexta edición da Gala Lucus Moda, que se celebrará o 16 de abril no Círculo das Artes en Lugo.
 
A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentaron, nun acto que tivo lugar este xoves na Capela de Santa María, a Gala Lvcvs Moda 2015, que terá lugar no Círculo das Artes de Lugo, o vindeiro día 16 de abril ás 21:00 horas. Nesta ocasión, o evento, que volta a ser benéfico, está dedicado á Mariña lucense, deixando patente, unha vez máis, o apoio das institucións á riqueza natural e patrimonial da provincia, e impulsando o turismo neste enclave natural. 
Méndez e Polín estiveron acompañadas por Eduardo Souto, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Peluquería, Estética y Afines Pelirroja, colectivo que, tal e como fixo o ano pasado, organiza esta iniciativa, que puxeron en marcha Deputación e Concello de Lugo...
leer más
08/04/2015
Viveiro, Mondoñedo, Ribadeo, Foz e Barreiros acollerán nas vindeiras semanas a proxección do documental "O Piloto", que se presentou en Lugo no Pazo de San Marcos.
 
A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolleu esta mañá a presentación da xira que fará o documental sobre a vida de José Castro Veiga, O Piloto, durante os próximos meses por toda a provincia de Lugo. Este proxecto sobre a vida dun dos últimos membros do Exército Guerrilleiro Galego foi apadriñado pola Asociación Cultural Dous Punto Oito, dirixido polo fotógrafo Xosé Reigosa e guionizado polo xornalista chantadino Afonso Eiré. Reigosa participou hoxe na presentación xunto a Mario Outeiro, responsable de Cultura da Deputación de Lugo.
Outeiro explicou que “despois do éxito da estrea do documental ‘O Piloto’ na cidade de Lugo, a Área de Cultura promove 14 proxeccións do mesmo”, sinalou. Deste xeito, o documental ‘O Piloto...
leer más