Libros

10/06/2024

Estas terán lugar mañá, 11 de xuño, na biblioteca do IES Perdouro, e contarán coa participación da alcaldesa, Carmela López, e o tenente de alcaldesa, Mario Pillado, así como das traballadoras do CIM e a Área de Inmigración do Concello

A inauguración do encontro, no que se traballará a obra 'Siríaco e Mr. Charles' de Joaquim Arena, está prevista para as 10:15, coa intervención do estudante Isaac Sosa, orixinario de Cabo Verde e que chegou a Burela despois de pasar por Francia.

Seguidamente tomará a palabra a profesora Vanessa Vila-Verde, en representación da comisión organizadora do evento, e tamén a alcaldesa Carmela López e o escritor homenaxeado Joaquim Arena.

O autor participará por vídeo-conferencia desde Lisboa, onde acaba de tomar parte da Feira do Libro da capital portuguesa. Ás...

leer más
09/06/2024

O mércores día 12 de xuño ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, vaise presentar o libro do xornalista Ramón Mariño Fernández titulado "Fanzines en Galiza. Unha breve e intensa historia da autoedición galega", da editorial Laiovento.

Presentará ao autor Xermán Viluba e participará tamén no acto o presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, Farruco Graña.

29/05/2024

Barreiros recibe a maleta viaxeira (MAVI) pola igualdade e contra a violencia machista. A iniciativa promovida pola Subdelegación do Goberno achega libros sobre feminismo, violencia machista, empoderamento e autoestima das mulleres.

A alcaldesa, Ana Ermida, acompañada polas concelleiras do goberno, Carmen Veiga e Montse Porteiro, recibiu de mans da subdelegada do goberno, Isabel Rodríguez, a Maleta Viaxeira, que estará en Barreiros ata despois do verán.

A alcaldesa agradeceu á subdelegada que escolleran Barreiros para achegar esta iniciativa que “permite acceder a lecturas que facilitan coñecer e acadar un pensamento crítico sobre esteoreotipos e roles de xénero que perpetúan o patriarcado e o machismo estrutural que se manifesta do peor xeito posible na violencia machista.”

A maleta que...

leer más
Etiquetas:
24/05/2024

Correos entregará a los peregrinos que se pasen por la oficina postal de Avenida de Asturias, 19, la publicaciónLeyendas del Camino de Santiago.Este cuaderno ilustrado está impulsado por www.elcaminoconcorreos.com con la finalidad de poner en valor el patrimonio inmaterial de la Ruta Jacobea.

El libro, en formato de bolsillo, recoge quince relatos de diferentes Rutas que cuentan con el apóstol Santiago como protagonistay que se han ido transmitiendo de peregrino a peregrino a lo largo de los siglos.

Las leyendas están recopiladas por la Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago (FEAACS), explicadas por su vocal Isidro Rodríguez, y cuentan con las ilustraciones del diseñador Roi Fernández.

Cada una de ellas cuenta...

leer más
Etiquetas:
20/05/2024

Letras no Campo, a feira do libro de Ribadeo, terá lugar do 24 ao 26 de maio no Campo de San Francisco. O poeta, creador e divulgador Quique Roxíos será o pregoeiro desta edición, pola que tamén pasarán autores como Antón Riveiro Coello ou Ledicia Costas.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “estamos ante a décima edición da nosa feira do libro: as Letras no Campo, que vai ter lugar do 24 ao 26 de maio. Seis librarías e editoriais ocuparán as casetas situadas no Campo de San Francisco. O horario de apertura será de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Contamos desta volta con dous establecementos veciños, Pícaros Mundi e Gráficas Santiago; unha libraría de vello, a lucense Valín Libros; coa compostelá Libraría Pedreira, a editorial Canela e, como vén sendo habitual, o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo...

leer más
15/05/2024

A autora Rosalía GT presenta o seu libro titulado “Unha pedra no zapato” este venres, 17 de maio, ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal de Ribadeo.

“Escribín un libro que convida a autoindagación, combinando feminismo, autocoñecemento e o coidado da nosa lingua”, explica Rosalía GT.

 

11/05/2024

Xove acolle un obradoiro do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de Eduardo de Martís. Será o mércores 15 de maio ás 11:00 horas no salón de actos do Concello.

Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas os retos e oportunidades da Galicia do presente. Ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e componse de 216 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos, incluído o de Xove.

Galicia Latente ofrece un obradoiro chamado “Deconstruíndo consciencias”, que é o que se vai celebrar en Xove. Comeza cunha reflexión sobre a transcendencia da cultura, continuado cunha proxección do documental "Galicia Latente" e...

leer más
Etiquetas:
10/05/2024

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou na Catedral de Lugo, nun acto aberto ao público, a cuarta e última guía do románico editada pola institución provincial para difundir e poñer en valor este patrimonio na provincia, dedicada ás comarcas de Lugo, A Terra Chá e A Mariña. Un libro que, tal e como explicou José Tomé, vén a completar o proxecto editorial que iniciou a Deputación no ano 2021 con publicacións sobre este tipo de arte no conxunto da provincia. 

Na presentación, o Presidente estivo acompañado polos deputados provinciais PabloRivera Capón e MarisolMorandeira; o Vicario xeral da Diocese de Lugo, Mario Vázquez; a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; e tamén alcaldes e alcaldesas das comarcas de Lugo, A Mariña e Terra Chá.

“Cando presentamos este proxecto, faciámolo convencidos...

leer más
03/05/2024

O día 10 de maio, venres, ás 19:30 horas presentarase no xardín da Casa Museo de Álvaro Cunqueiro o libro de Alfonso Armada titulado “Cuaderno de viaje al País Natal”.

O Concello de Mondoñedo explica que “é un libro froito dunha proposta do seu primeiro xornal, Faro de Vigo, que levou de volta, ao autor, ao seu país natal e á súa infancia, pasando por Mondoñedo, polo Mondoñedo de Cunqueiro. Nun entorno cunqueiriano o autor falará desta obra de viaxes moi ao estilo do mindoniense universal. A presentación contará con presenza institucional por parte do Concello de Mondoñedo”.

Etiquetas:
29/04/2024

O poemario titulado “Escribir silencio”, de José A. Alfonso, preséntase cun recital na librería Bahía, de Foz, este xoves, día 2 de maio, ás 20:30 horas.

Librería Bahía explica que “José A. Alfonso é un poeta madrileño moi vencellado á Mariña, onde pasa todos os anos parte do verán. Participarán con el varias persoas que traduciron e recitarán algúns dos seus poemas en galego. Conducirá o acto a filóloga María Liñeira”.