Publicaciones

30/08/2024

O vindeiro xoves, 5 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro "Un Camino de Cine Xacobeo", escrito pola xornalista Pilar Falcón Osorio. Será no Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo. 

Este evento contará coa intervención de Luis Fernández, presidente da FEGAC, Fernando García, bispo de Mondoñedo, Manuel A. Otero, alcalde de Mondoñedo, e a propia autora, Pilar Falcón. 

A presentación está organizada polo Seminario Conciliar Santa Catalina e polo Concello de Mondoñedo.

 

Etiquetas:
21/08/2024

A Agrupación Cultural Francisco Lanza presentará o 29 de agosto unha edición facsímile do “Ribadeo Antiguo”. Será ás 20:30 horas na Biblioteca El Viejo Pancho. 

Participarán o cronista oficial de Ribadeo, e ex presidente da AC Francisco Lanza, Eduardo Gutiérrez Fernández, un representante da Editora Gráficas Lar, de Viveiro, o deputado provincial da Mariña, Daniel García Fernández, e o presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, Farruco Graña.

19/08/2024

A novela “Nove lúas”, escrita por Lionel Rexes, será presentada este venres, 23 de agosto, ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz.

O acto está organizado pola Asociación Veciñal de Mor, que anuncia: “o 23 de agosto teremos a presentación do último libro publicado do noso veciño Lionel Rexes, titulado “Nove lúas”, premio Neira Vilas de novela curta 2023. Será as 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Ao remate haberá firma de libros e pinchos gratuítos”.

Etiquetas:
17/08/2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa organización da Feira do Libro de Foz, que se celebra do 16 ao 19 de agosto na Praza Conde Fontao.

O deputado de Mocidade Daniel García participou na inauguración da cita cultural, que convidou “a visitar o posto do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo na feira e aproveitar a feira para mercar nos postos de venda das librarías. “Estas feiras danlle á lectura  unha visibilidade e unha dimensión colectiva que resulta moi propicia para crear e fidelizar lectoras e lectores. Ademais, supoñen unha oportunidade para coñecer novidades editoriais e  impulsar as vendas das librarías, que son fundamentais para soster unha rede cultural forte nos nosos concellos, no noso país”, destacou durante o acto de inauguracion,que tivo como pregoeiro a Lois Pérez.

... leer más
Etiquetas:
08/08/2024

A Feira do Libro de Viveiro celebrarase nos Xardíns de Noriega Varela do luns 12 ao xoves 15 de agosto. Abrirá de 12 a 14 e de 18 a 22 horas, agás o xoves 15, que o peche será ás 14.30 horas.

A Federación Librarías de Galicia anuncia que na Feira do Libro de Viveiro estarán “Libraría Porta da Vila, Libraría Cartabón, Galgo Azul (Libros, grolos e moito máis), Libraría Pedreira, Libraría Lume, Libraría Uróboros, Editorial Canela - Libros Lar, Libraría Aenea, A Gata Tola, A Libraría de Rosa - Nobel Boiro, Central Librera Real, Seminario de Estudos Terra de Viveiro e Servizo de Publicacións Deputación De Lugo”.

06/08/2024

El Concello de Cervo anuncia la presentación del libro titulado "Una tumba junto al mar", de Javier Bolado. El acto será este jueves, día 8 de agosto, a las 20:00 horas en la Casa da Cultura de San Ciprián.

05/08/2024

O libro titulado “A imaxinería nos cemiterios de Ourol”, escrito por Anxo Vázquez Pernas, será presentado polo propio autor nun acto que se celebrará este sábado, 10 de agosto, ás 20:00 horas no Multitusos deste concello, con entrada libre.

O Concello de Ourol anuncia que “este libro fai un percorrido polos cemiterios de Xerdiz, Merille, Ourol e Miñotos, onde os traballos dos canteiros Xaquín de Gato e Francisco Veiga (coñecido como Pena de Miñotos) destacan pola súa beleza e os traballos de cantaría. O libro estará a disposición de todos os veciños/as de Ourol a partir do día 12 de agosto nas dependencias municipais”.

Etiquetas:
03/08/2024

Agosto é o mes no que a biblioteca municipal de Alfoz cambia o seu horario de apertura. Durante os 18 primeiros días, o local estará aberto de luns a venres de 9 a 14:30 horas.  Por outra banda, do 19 ao 30 (ambos incluídos) a biblioteca permanecerá pechada por descanso do persoal.

Cómpre lembrar que se poden devolver os libros no buzón que se encontra no exterior da Casa da Cultura.

 

03/08/2024

O libro titulado “Rural e tradición, un fogar en igualdade” será presentado en Viveiro o 8 de agosto, xoves. O acto será ás 19:30 horas no Conservatorio de Música.

Está organizado polo Colectivo Pensamento e Sementeira, que explica: “Rural e tradición, un fogar en igualdade é un libro coordinado por Sergio Marey (Pol, 1997), que buscar visibilizar ao colectivo LGBTIQA+ na música tradicional e no rural galego. Sergio provén de Pol, un concello da montaña lucense, o que, segundo refire, lle deu un continuo e invaluabel contacto co rural galego, cercanía que guía a súa relación coa arte baixo unha visión política e social con Galiza. Na obra participan personalidades como Mercedes Peón, Atenea García, Gabi Reboredo ou Pedro García Louzao, veciño de Xove e membro desta asociación. Acompáñanos nesta presentación o xoves día 8 de agosto ás 19.30...

leer más
Etiquetas:
01/08/2024

Con esta iniciativa, o Concello busca, en palabras da concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, "converter o atrio de Santa María no escenario de fermosos contos que farán voar a imaxinación das nenas e nenos".

A Ruada de Contos terá lugar ao longo de dúas xornadas, sempre no atrio de Santa María, e en caso de choiva, desenvolverase na Biblioteca Municipal. 

A primeira será o martes, 6 de agosto, ás 19:00, con 'A vendedora de fume', a cargo de Cris Collazo. A segunda xornada será o día seguinte, o mércores 7 de agosto, tamén ás 19:00. Será a quenda de 'Cacho animalada', da man de Vero Rilo.