Libros

13/12/2024

O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá este sábado, día 14 de decembro, ás 19:00 horas a presentación do libro titulado La carpeta del 77.

É unha novela de Alberto V. Serantes e Carmen González, baixo o pseudónimo de Lily Beirut. Trátase da continuación do libro Como si se la hubiese tragado la tierra.

O acto está organizado pola Biblioteca Maravilhas - Escola de Arroxo e colabora o Concello de Lourenzá.

Etiquetas:
10/12/2024

A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia: “o vindeiro venres 13 ás 19:30 horas temos cita co mundo dos libros na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo. Vainos visitar Severino Fernández Abel cun excelente agasallo: unha boa conversa sobre a súa Tradición oral recuperada das tebras”.

Na presentación acompañarán o autor X. Manuel Lobato e Dores Fernández Abel.

 

09/12/2024

O libro titulado “Federico Mediante. El Salgari español”, escrito por Ana Rosa Martínez Loredo, será presentado en Ribadeo este martes, día 10 de decembro.

O acto será ás 20:00 horas na Casa do Concello de Ribadeo, concretamente no Salón dos Alcaldes, e intervirán Pablo Rodríguez Fernández (libreiro e investigador de emigración), o xornalista Martín Fernández Vizoso; o editor, Antonio Andina Penabad; e Ana Rosa Martínez Loredo (autora e neta do escritor Federico Mediante).

Etiquetas:
07/12/2024

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que irá chegando nos próximos días a cada un dos fogares cervenses. Nesta ocasión, o almanaque está protagonizado polos diferentes clubs e asociacións deportivas do Concello cun especial protagonismo tamén para a pista de atletismo recentemente inaugurada no complexo deportivo da Veiga xa que, tal e como apuntou a rexedora municipal, “unha das metas importantes que acadamos nos últimos meses e a de ver á mocidade e ás familias desfrutar desta nova instalación e a verdade é que é moi gratificante”.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, e os concelleiros Alfredo Fernández, Adrián Arias e Mali Méndez mantiveron un encontro con membros das diferentes entidades deportivas no Concello para amosarlles de primeira man o resultado da...

leer más
03/12/2024

Este sábado, día 7 de decembro, ás 12 do mediodía, o escritor Lionel Rexes presentará en Mondoñedo a súa terceira novela, Nove lúas, galardoada co Premio Neira Vilas o pasado ano. O acto terá lugar na Casa da Penela, estabelecemento de turismo rural da parroquia de Vilamor.

O autor estará acompañado polo profesor Bernardo Penabade e o activista pola Memoria Histórica Xosé Luís Fernández Rivera.

Esta novela, publicada por Edicións Embora no verán, nace da recollida de datos do autor alfocés sobre dúas históricas construcións do barrio de Correlos, lugar da parroquia de Mor no que reside. Alí se conserva un antigo calabozo de presas políticas, onde sufriron presidio a muller e as fillas do mítico guerrilleiro Gardarríos, e tamén unha báscula de feira, instalación onde se pesaban as reses antes das...

leer más
Etiquetas:
02/12/2024

Tres clubs deportivos ourensáns: BXT Celanova, CB Allariz e A.B Xinzo e dous da Mariña lucense: Iberia CF e Celtas de Foz realizarán unha recollida solidaria de libros para as nenas e os nenos afectados pola Dana en Paiporta. 

O norte e o sur de Galicia traballarán unidos por esta causa. O que precisan para as crianzas de 1 a 6 anos son libros infantís, tamén libros xuvenís así como xogos educativos, plastilina e puzzles. Iso foi o que lles demandou a concelleira de Educación e Deporte de Paiporta, Susana Moreno, coa que se puxeron en contacto hai uns días. Dos puntos de recollida informarán proximamente. O material será enviado a ese concello valenciano a finais do mes de Nadal co obxectivo de axudar á recomposición das aulas afectadas. “Trátase dun proxecto cultural, solidario e deportivo, que une a clubs ourensáns e mariñaos”, explican...

leer más
19/11/2024

O libro titulado O gran triángulo, escrito polo ribadense Francisco Díaz-Fierros Viqueira, será presentado en Ribadeo este xoves, día 21 de novembro. Será na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho ás 20:30 horas. No acto falarán o profesor ribadense Suso Fernández Acevedo e o autor, Francisco Díaz-Fierros Viqueira.

Esta presentación está organiza pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e seu presidente, Farruca Graña, anuncia: “este xoves, 21 de novembro, imos ter a presentación do libro O gran triángulo, de Francisco Díaz-Fierros Viqueira, editada por Xerais. É unha novela ben interesante e de marcado carácter divulgador da actividade científica. De lectura amena e doada, paga a pena comprobar as vicisitudes polas que tiveron que pasar as xentes do mundo da ciencia para lograren desenvolver os seus descubrimentos. Pero a...

leer más
Etiquetas:
16/11/2024

O Concello de Foz abrirá a sala de estudos da biblioteca municipal Salgado Toimil este vindeiro luns, día 18 de novembro.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz continúa o seu esforzo inversor na cultura e a formación. Con cargo a fondos propios levou a cabo un cambio de uso nunha sala infrautilizada da Casa da Cultura. O investimento supera os 10.000 euros. A sala do primeiro andar que se utilizaba para exposicións cambia de uso para ser unha sala de estudos, xa que as exposicións teñen o seu lugar no CENIMA”. 

O alcalde, Fran Cajoto, explica que era “unha demanda que nos trasladaban os opositores, a xente que vén estudar todos os días á biblioteca, é dispoñer dun espazo cómodo e en silencio para poder concentrarse. Ampliamos o horario da biblioteca e agora cumprimos tamén con...

leer más
14/11/2024

O libro titulado “Alredor del Llume”, obra do escritor asturiano afincado en Arxentina Pepe Suárez Jardón, presentarase en Ribadeo este sábado, día 16 de novembro. Será ás 20:00 horas na biblioteca municipal El Viejo Pancho.

No acto está programada unha conexión en directo co autor desde Mendoza (Arxentina) e intervirán tamén o bibliófilo José Luis Carnota; a prologuista do libro, María Eugenia Castro; a ilustradora Ana Vidal; e o editor da obra, Antonio Andina, de Eoditorial, que organiza esta presentación.

Etiquetas:
06/11/2024

O libro titulado Vrao, do que é autor o xornalista e escritor coruñés Lois Alcayde Dans e as ilustracións son de Lucía Escrigas Rodríguez, será presentado en Ribadeo este venres, día 8 de novembro, ás 20:00 horas.

O acto, que se desenvolverá  no Salón dos Alcaldes, na Casa do Concello ribadense, será presentado polo investigador, profesor e crítico literario mindoniense Armando Requeixo.