Publicaciones
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o vindeiro 27 de outubro ás 20:30 na casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz a presentación do libro de Suso Piñeiro “Castelao. Plástica e pensamento”
O traballo de Piñeiro representa un percorrido pola obra artística do primeiro Castelao, concretamente entre 1903-1916, un período de aprendizaxe e lanzamento público do ilustre artista, escritor e político de Rianxo.
A Biblioteca Pública Municipal Salgado Toimil, de Foz, organiza actividades desde o luns da vindeira semana para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o luns 24 o grupo teatral Migallas fará as delicias dos máis pequenos con Cantacontos. A función será no salón de actos da casa da cultura ás 19.00 horas e a entrada será gratuíta. O martes 25 comeza unha nova actividade para a difusión e mellora das habilidades con idiomas: o Café de Idiomas, que é para parolar nun ambiente distendido, no que estarán a disposición libros do idioma practicado, os espazos para facelo e as gañas de todos aqueles que queiran acudir. Está aberto a todos os niveis, sendo unha actividade colaborativa para practicar a fala. Os martes de 19.00 a 20.00 horas falamos en portugués e os mércores no mesmo...
leer másO martes, 11 de outubro, ás oito e media da tarde terán lugar na Libraría Bahía, en Foz,
Conversas arredor de Venecia Abandonada.
O poeta Eduardo Estévez, autor do poemario Venecia Abandonada, e a poeta focega Natalia Alonso compartirán impresións, ideas e emocións que xurden da lectura dos poemas.
Desde o Concello de Alfoz explican que “un ano máis imos celebrar o Día da Biblioteca. Será o sábado 22 de outubro de 17:30 a 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Alfoz. Teremos un obradoiro titulado Animais de conto, dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As prazas son limitadas”.
E engaden que “as inscricións deberán entregarse na Oficina de Rexistro do Concello ou por Sede Electrónica ata o 17 de outubro. As prazas dispoñibles cubriranse por rigorosa orde de rexistro. A actividade é gratuíta e está incluída no Plan Único da Deputación de Lugo, na Área de Cultura. Máis información 982 558 001 (ext.2)”.
Coa colaboración do Concello de Viveiro, o vindeiro venres, 7 de outubro, ás 20,30 horas, no salón de actos da Casa do Concello de Viveiro, presentarase o libro "Un año contigo", de Raquel Amieiro e Pepe Peinó.
Nel cóntase a historia de Raquel durante o ano 2019, en que se lle diagnosticou un tumor canceríxeno de mama, como foi pasando polos diversos tratamentos de quimioterapia, radioterapia e hormonoterapia e como conseguiu recuperar a saúde.
Os beneficios obtidos pola venda do libro doaranse para a investigación na curación do cancro. O acto contará coa presenza dos autores e da psicóloga Teresa Pérez, así como do acompañamento musical do cantante Toni Cazás.
Este venres, 30 de setembro, ás oito e media da tarde, na Libraría Bahía de Foz terá lugar un novo encontro literario dentro do programa AFINIDADES ELECTIVAS, que promove o Ministerio de Cultura.
A charla será entre Xesús Fraga e Noemí Sabugal.
Xesús Fraga é autor, entre outras, da novela Virtudes e Misterios, que recibiu o premio nacional de narrativa no 2021. Unha novela que achega ao lector á realidade da migración galega a través do relato da saga familiar do propio autor. Neste caso as mulleres migrantas teñen un papel protagonista e revelador dunha realidade feminina moitas veces agochada no relato da emigración.
Noemí Sabugal é autora, tamén entre outras, da obra Los hijos del carbón, unha crónica sobre a minería do carbón en España. Un relato áxil e ameno, moi ben construido e moi...
leer másO próximo venres, 30 de setembro terá lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura do Vicedo a presentación do libro "Mar Gremial" de Vicente Míguez Salgueiro, antigo mestre do colexio vicedense. Será ás 20 horas.
Ademais do propio autor, na presentación intervirán: Carlos Nuevo Cal, como cronista oficial de Viveiro, e Jesús Novo Martínez, o alcalde do Vicedo.
O vindeiro 10 de setembro Alfoz acollerá a presentación do libro “Las jarras del trotamundos”, de Javier Mariño Chao. Será ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
“Las jarras del trotamundos” é unha historia de intriga, de amor polos viaxes e de perseguir soños imposibles. Nel o protagonista, Alberto Mouriño, conseguira o seu soño imposible, viaxar por tódolos países do mundo. Pero esa alegría vese empañada por recordos do pasado, que o levarán a realizar a viaxe máis importante da súa vida.
O vindeiro martes, 6 de setembro, ás 12:30 horas a Casa da Cultura Manuel María, de Foz, acollerá a presentación do último libro de Pepe Otero, titulado O mito da razón e outros relatos. Os beneficios das vendas desta publicación destinaranse ao banco de alimentos focego.
Neste libro o autor, moi recoñecido na Mariña e docente durante moitos anos no IES de Foz, realiza unha selección dos seus últimos artigos de opinión publicados en prensa. No acto intervirán o ex director da Real Academia Española Darío Villanueva e o escritor Ramón Reimunde.
Os beneficios obtidos das vendas do libro destinaranse integramente ao banco de alimentos municipal de Foz. A alcaldesa en funcións, Inés López Couto, agradece “a xenerosidade de Pepe Otero cos veciños e veciñas de Foz. O departamento de Servizos Sociais utilizará os...
leer más












