Teatro
O coñecido actor Carlos Blanco ofrecerá un monólogo en Burela o sábado 6 de abril. Será no auditorio da Casa da Cultura ás 20:30 horas.
As entradas están á venda anticipadamente na web www.ataquilla.com a un prezo de 12 euros. E tamén poderán mercarse o día da actuación no despacho de entradas da Casa da Cultura a 15 euros.
Desde Ollomao indican que “estamos arrancando a tope con actividades para esta primavera e para que non vos esquezades de ningunha, aí vos vai un resumo. Non están todas as que serán, pero sí as máis próximas. Na variedade está o gusto e temos para todos”.
O vindeiro domingo, 31 de marzo, ás 18 horas nas Escolas de Celeiro de Mariñaos terá lugar Botámoslle un conto? As rondallas de Celeiro.
Para o 7 de abril na Escolas Vellas de San Miguel de Reinante está previsto a presentación do obradoiro de teatro a partires das 17 horas.
E xa o 20 de abril Ollomao viaxará ata O Valadouro para representar O traballo de Andrea.
O salón de actos do Centro Cívico de Xove acollerá a representación do conto musical infantil titulado “Unha perla no mar”. Será este mércores, 27 de marzo, ás 19:00 horas. É unha actividade organizada pola asociación Prestoxove e patrocinada polo Concello de Xove.
Na representación participará alumnado da 33ª edición do curso de Formación Orquestral de Semana Santa, da Escola Municipal de Música de Xove e membros de diversas asociacións do concello que colaboran nesta actividade.
O vindeiro martes, 26 de marzo, a picaraxada ten contacontos da man de Miguel Guido e “O lobo feliz”.
Trátase dun contacontos con humor e música pensado para un público de 3 a 8 anos, pero do que pode gozar toda a familia
As protagonistas son historias de lobos feroces…É tempo de lobos que buscan a felicidade ouveando á lúa!
O contacontos terá lugar na Casa da Cultura ás 12:00 horas, con entrada de balde.
A Casa da Cultura de Burela acollerá a representación da obra de teatro de monicreques Güela-Güela, de Galitoon. Está dirixida a un público infantil e familiar e a entrada ten un prezo de 3 euros. Será ás 18:00 horas deste sábado, día 23 de marzo.
Trátase dun espectáculo baseado na obra Concerto de aves, de Frans Snyders, moi visual e cargado de música e emocións. Narra as aventuras de Güili, unha pequena cegoña.
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta en Burela a obra de teatro “O traballo de Andrea”, orixinal de Ignasi García Barba, con tradución e adaptación de Ramón Casas Oroza. Será na Casa da Cultura este venres, 22 de marzo, ás 21:00 horas.
É un representación para público adulto e o prezo das entradas é de 5 euros. Venderanse a partir das 20:00 horas.
A compañía Os Monicreques de Kuka presentará o seu espectáculo “Viva Vivaldi (1, 2, 3 e catro estacións)” en Ribadeo este domingo, 17 de marzo. Será ás 17:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
O prezo da entrada xeral é de 5 euros e para menores de 12 anos será de balde.
O Concello de Ribadeo explica que é un “espectáculo para público familiar coa música de Vivaldi inspirando pequenas historias que valoran a importancia da natureza e a amizade. Unha pintora (Maruxa), unha escritora (Rosalía) e un músico (Antón), crean un mundo fantástico e poético cunhas marionetas tratadas cunha paleta de cores brillantes e contrastadas”.
Redrum Teatro presenta a obra titulada #2pilgrims, con Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo, en Burela este venres, 15 de marzo. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas e as entradas teñen un prezo de 4 euros.
O Concello de Burela explica que é “unha comedia chea de sorpresas e momentos hilarantes que ten como obxectivo achegar, a través do humor, unha fonda reflexión sobre a igualdade e as novas masculinidades”.
“Queremos convidar ao público novo a reflexionar sobre o machismo que impregna a nosa sociedade”, sinalan dende a compañía. Por esta razón a obra forma parte da programación do Concello de Burela polo Día da Muller.
Redrum Teatro foi creada no ano 2009 por mozos e mozas procedentes do sector audiovisual e nace coa clara intención de ofrecer alternativas creativas que axuden ao desenvolvemento da...
leer másEste sábado, 16 de marzo, ás 20:30 horas Talía Teatro representará en Viveiro “Unha inimiga do pobo”. Será no Pastor Díaz.
O elenco artístico está formado por Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo E Xurxo Barcala
Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa xunto ao seu compañeiro. Embarazada de cinco meses, afronta o seu novo estado coa ilusión por un novo proxecto profesional co balneario que ela mesma deseñou e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable.
A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza que ve como se pon en...
leer másO Centro de Información ás Mulleres do Concello de Mondoñedo anuncia que os premios dos concursos de debuxo e relato curto Mondoñedo en Igualdade serán entregados nun acto que se celebrará o 23 de marzo, sábado, no Auditorio Municipal Pascual Veiga.
Ás 17:00 será a entrega dos premios e media hora despois Trécola Teatro ofrecerá o contactontos “E ti, que queres ser de maior?”.