Teatro
Desde Trípode explican: “estamos de volta! De novo a comedia, de novo a reflexión sobre os escenarios. De novo na Casa da Cultura do Valadouro, que tan fermosos momentos nos fixo vivir. De novo na tradicional e popular Semana do Teatro de inicios de setembro. Os de Trípode estamos de estrea, mais non estreamos zapatos nin chaqueta, senón unha nova representación teatral, A presa, unha historia baseada en feitos e en sentimentos reais: cando a modernidade destrúe a sinxeleza e a fermosura do natural, non é boa. A veciñanza de Fontefría loita contra o proxecto dun encoro descomunal que asolagará a súa aldea e a súa felicidade”.
A estrea de “A presa” será o domingo, 1 de setembro, ás 22:00 horas.
E engaden “esperamos contar coa túa compañía para rir e pensar xuntos. Grazas ao concello do Valadouro por apoiarnos e...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza a súa xa tradicional Semana do Teatro Afeccionado ao Aire Libre do 20 ao 25 de agosto.
Dará comezo este martes, día 20 de agosto, ás 20.30 horas no pavillón do colexio número 1 coa compañía A Adala Futura para seguir nas prazas do concello do seguinte xeito: o mércores 21, no Parque Rosalía de Castro ás 21.00 horas a compañía Pico do Castro coa obra “Trato a cegas”; o venres 23 na Praza Conde de Fontao ás 21.00 horas a compañía O Centiño coa obra “Trepa, Tripa e Tropa”; o sábado 24 na Praza Conde de Fontao ás 21.00 horas a compañía Pedroso coa obra “A inmortal”; e o domingo 25 na Praza Conde de Fontao ás 21.00 horas a compañía O Batán coa obra “As promesas dos galos”. En caso de choiva as obras pasarán a realizarse na Casa da Cultura.
A concelleira de Cultura,...
leer másFerreira do Valadouro acollerá unha lectura dramatizada de “Danza da mentira”, de Xesús Pisón, a cargo de Manuel Lourenzo e Inma Orol. Tamén haberá un coloquio e da presentación encargarase Lionel Rexes. Será este sábado, día 10 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa do Concello do Valadouro, 1º andar.
Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.
O Teatro das Cortes, que está no lugar do Xestoso, na parroquia de Cabanas (O Vicedo), acolle este sábado, día 10 de agosto, a “Ultratarde Chévere”.
As actividades empezarán ás 18:30 horas cun encontro aberto co público por parte das actrices e actores da compañía teatral Chévere. Ás 19:30 horas proxectarase o documental “A viaxe dos Chévere” e ás 21:00 horas representarán a obra titulada “As fillas bravas de Momán”.
Esta xornada está organizada pola Asociación Cultural Vota e Dálle e a entrada é de balde.
O Concello de Barreiros organiza dúas representacións das obras "O traballo de Andrea" e "Pan con Chocolate" do grupo de teatro Ollomao.
Terán lugar o xoves, 8 de agosto, nos colexios vellos de San Miguel, a primeira delas; e o martes, 13 de agosto, no centro social de San Cosme, a segunda.
Según Dani García, concelleiro de Dinamizaciòn “son xa numerosos os premios acadados por Ollomao tanto en Galiza como no Occidente asturiano e qué mellor que disfrutalos en Barreiros nas xa tradicionais representacións de verán”.
As representacións terán lugar ás 22 horas con entrada de balde ata completar aforo.
Este mércores, 31 de xullo, ás 19:30 horas en Ribadeo, no Parque de San Francisco (en caso de choiva farase no Cine Teatro), Raquel Queizás ofrecerá unha sesión de contacontos baixo o título "Somos iguais". Organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, asociación feminista da Mariña con máis de 15 anos de andadura.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade explica que “nesta obra Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de princesas rosas e apoucadas e de príncipes azuis e insensibles e un día dixo: Basta xa!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos somos iguais. Si, igual de valentes e igual de sensibles. Descubriremos historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos...
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro Profesional promovido pola área de Cultura, que inclúe 59 representación de 14 compañías por toda a provincia.
Trécola Producións, Xamón Producións, Ítaca Teatro, Ubú Teatro,
Pinconús, Teatro do Miolo, Señor López Producións, Satori Teatro, Baixo
da Area Teatro, Lîlâ Teatro, Bátega Teatro, Mocromina Títeres, A
Compañía Solitaria do Dr. Monifate e Loia Producións xirarán cunha
vintena de representacións ata decembro. As propostas escénicas están
destinadas a distintos públicos, desde teatro de títeres para público
novo ata montaxe con gran peso do baile tradicional e da música en
directo na escena ata adaptacións teatrais de textos literarios como
Poeta en Nova York.
A deputada de Cultura, Iria Castro, sinalou que con este ciclo “a...
leer másA Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a sexta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, no que poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais. Anunciouno hoxe, xoves, o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou por correo, enviando a seguinte documentación: ficha de inscrición, que aparece na páxina web do Concello; fotocopia do CIF do grupo ou compañía; ficha artística e técnica; e DVD, pendrive ou tarxeta coa gravación dunha representación da obra presentada a concurso. O prazo de presentación das solicitudes...
leer másO Centro Dramático Galego representará “De Vilatristre a Vilalegre” no Vicedo o mércores 10 de xullo
O Centro Dramático Galego celebra o seu 40 aniversario cunha programación especial que está a levar a xira por 100 concellos de Galicia e entre eles ao do Vicedo, a onde chegará o mércores 10 de xullo. Será no parque infantil da rúa Francisco Vilasuso ás 19:30 horas. O Centro Dramático Galego, en coprodución con A Utópica Rodante, presentará o texto de Roi Vidal Ponte titulado “De Vilatriste a Vilalegre” a bordo do Furgón Utópico.
Trátase dunha creación de pequeno formato baixo a dirección artística de Teatro o Cubo. Forman o elenco Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño.
Alfoz acolle dous espectáculos do festival de narración oral Atlántica esta semana, o venres 5 e o sábado 6. Ambos serán no Castelo de Castrodouro ás 21:00 horas con entrada gratuíta.
O venres a compañía en Branca e Negra, formada por Amor Herrera e Cris de Caldas, ofrecerá unha proposta para adultos heteroxénea e composta por elementos da narración oral, do teatro e da música en directo; un espectáculo que lles rende homenaxe ás persoas migrantes, ás de antes e ás de agora. Nesta función levaran ao público de viaxe no espazo e no tempo a través de historias de migracións, sabedoras da importancia de non perder a memoria e da riqueza da diversidade cultural. As dúas pensan que rememorando o pasado, entenderase mellor o presente e respectarase o futuro porque hai historias e contos que teñen billetes de ida e de volta, coma a vida mesma....
leer más