Teatro

Etiquetas:
21/08/2025

A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a sétima edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá, no que poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou por correo, enviando a seguinte documentación: ficha de inscrición, que aparece na páxina web do Concello, fotocopia do CIF da compañía ou grupo, ficha artística e técnica e DVD, pendrive ou tarxeta coa gravación dunha representación da obra presentada a concurso. O prazo de presentación das solicitudes comezará ao día seguinte...

leer más
11/08/2025

Rendos Pequeno, o novo proxecto teatral do cómico e músico Félix Rodríguez, presenta en Ribadeo o seu espectáculo titulado Charlatán Rodríguez este xoves, día 14 de agosto. Será ás 20:00 horas no Campo de San Francisco e se chove trasladarase ao Teatro.

Este espectáculo, dirixido por Fran Rei, ten unha duración de 55 minutos e a sinopse é: “Un charlatán chega á vila coa súa lingua afiada, os seus instrumentos afinados e seu posto de venda ateigado de remedios para todos os males. Armado de retranca e coa sabedoría que dá percorrer todos os camiños, será quen de vender ao público menciñas que non necesitan a prezos que non poden pagar, cun catálogo infinito de solucións inútiles para problemas inexistentes, laretadas baleiras, melodías inventadas, pequenas grandes ilusións e contos de impostor. Porque o noso protagonista sabe sempre o que a...

leer más
23/07/2025

O Concello de Ribadeo anuncia que este xoves, día 24 de xullo, ás 20:00 horas o Campo de San Francisco será escenario do circo contemporáneo coa representación da obra Vicki e a felicidade, da compañía Bandullo Azul, dentro da programación Cultura no Camiño.

É un espectáculo teatral para todos os públicos dirixido por Marcos Orsi e interpretado por Fran Campos e Fran Ameixeiras.

Se chove a representación trasladarase ao Teatro ribadense.

18/07/2025

O Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo bota a andar coa actuación de Mircromina Títeres este sábado, 19 de xullo, en Alfoz.

A compañía mindoniense representará a obra Pasmo de pedra, unha comedia para publico infantil e familiar arredor da figura de Pardo de Cela. A actuación será ás 13.00 horas no Castelo de Castrodouro, no marco do Mercado Medieval de Alfoz.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia: “trátase da primeira actuación deste ciclo, co que dezaseis compañías lucenses xirarán ao longo do ano por distintas localidades da provincia, en colaboración con concellos e asociacións. Ademais de Mircromina Títeres, Trécola Producións, Xamón Producións, Ítaca Teatro, Ubú Teatro, Teatro do Miolo, Señor López Producións, Satori Teatro, Lîlâ Teatro, Bátega Teatro,...

leer más
14/07/2025

O Concello de Barreiros anuncia: “para este domingo, 20 de xullo, ás 19:00 horas tedes unha cita no Teleclub da Rilleira con Ángeles Goás, unha fantástica contadora de historias que chega desde Abadín. Contos da Torre, do Foco e de Romariz, así titula Ángeles Goás este espectáculo que trae contos de Provecende, de Quende, de Villarente... Contos de mulleres e de homes, de sabios e de parvos, de risa e de pranto... Contos que me contaron e que levo comigo sempre”.

Esta actividade está incluída no programa A Voltas cos Contos, que está enmarcado no circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia, e no Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.

Etiquetas:
11/07/2025

O Mago Antón presenta o día 14 de xullo, luns, en Viveiro o espectáculo co que celebra os seus 50 anos sobre os escenarios. Será nos Xardíns Noriega Varela en catro funcións: ás 13:00, ás 17:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. En cada unha delas a capacidade é de 70 prazas e a entrada é de balde.

O Concello de Viveiro anuncia que “o Mago Antón celebra no Magomóbil os seus 50 anos sobre os escenarios cun espectáculo que reúne as súas mellores interpretacións e novas ilusións, explorando sempre os límites do imposible”.

Etiquetas:
09/07/2025

Alfoz acollerá a obra Punto en boca: entre fíos anda o lío, “un espectáculo teatral de Raquel Crespo que entrelaza emoción, música e historia”, anuncia o Concello. Será este sábado, día 12 de xullo, ás 20:30 horas na Casa da Cultura.

Da dramaturxia desta obra ocúpase Susana Crespo e a música é de Xosé Lois Romero.

08/07/2025

O Concello de Barreiros anuncia: “o domingo 13 de xullo ás 19:00 horas na carpa da festa de Vilamarín Grande temos una cita con Caxoto Díaz Valle, de A trastenda dos contos”.

“Este contador de historias vén cargado de humor e desta volta tráenos a Vilamartín o espectáculo titulado Contos con mar de fondo. Aínda que nunca se afastou da costa máis dunha milla mar adentro, Caxoto é un home de mar, cando menos filoxeneticamente. Bisneto, neto e fillo de armadores e mariñeiros, o mar corre polas súas veas e a súa memoria dende o mesmo momento de nacer. Ao longo da súa traxectoria como narrador oral Caxoto foi atesourando un rico repertorio mariñeiro de contos, lendas, anécdotas e feitos históricos que agora decidiu enfiar neste espectáculo de narración oral. Un espectáculo para os cinco sentidos cheo de salitre, mar picada e vento...

leer más
02/07/2025

Alfoz acollerá os días 4 e 5 de xullo, venres e sábado, dúas funcións do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, que se celebra en 25 sedes galegas. Son en galego e para público adulto.

Este venres, día 4 de xullo, ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz Dani Blanco & Zé Pomar presentan Contos de revolución. De Brassens a Neira Vilas. “Un espectáculo de narración e música no que unha simple bolboreta pode desencadear unha revolución. Dende a memoria de Neira Vilas ata os ecos de Brassens, viaxaremos por París, Berlín ou Bos Aires nun relato poderoso e emocionante sobre a forza da palabra e a música”, explica o Concello de Alfoz.

E o sábado 5, tamén ás 21:00 horas na Casa da Cultura Carmen Conde trae O que non estaba escrito. “Carmen leva dúas décadas recollendo historias de...

leer más
01/07/2025

Este domingo, día 8 de xullo, ás 19:00 horas regresa a Vilamartín Pequeno o programa cultural A Voltas cos Contos, posto en marcha polo Concello de Barreiros co afán de achegar actividades culturais ás parroquias do interior. O actor Avelino González ofrecerá o monólogo titulado Chistes que foron contos e di que, “mudaron as formas pero non o fondo. Trátase de entreter e facer rir. Son contos sacados da tradición que foron cambiando e actualizándose e son moi modernos! Por iso mola contalos hoxe porque son bos. E así seguimos rindo unha risa que se vén rindo hai moito tempo”.

O programa está enmarcado no circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia, e no Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.