Teatro
Las entradas para presenciar este espectáculo, al precio de 7 euros, ya están a la venta.
“El Mundo de los Muñecos” es un espectáculo musical de 70 minutos de duración
para niños de todas las edades. Se trata de una aventura llena de magia, payasos y los personajes más conocidos del mundo del cine y la televisión.
El musical, que tendrá lugar en el auditorio municipal Hernán Naval, dará comienzo a las seis de la tarde.
O salón de actos do Concello de Alfoz acollerá un espectáculo de narración oral para nenas e nenos a cargo de Raquel Queizás sobre a vida e a bora da poeta Luísa Villalta, autora á que se dedica o Día das Letras Galegas este ano. Esta representación, titulada “As chaves de Lu”, será o venres 10 de maio ás 12:00 horas.
É unha actividade organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, coa colaboración do Concello de Alfoz.
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá a representación do novo espectáculo do Mago Rafa, Sentir, o vindeiro 11 de maio ás 20:30 horas.
As entradas xa se poden adquirir por 10 euros a través do correo electrónico entradas@magorafa.com e pódense recoller na billeteira do propio teatro o día da representación a partir das 17:30, onde tamén se poderán mercar.
O espectáculo foi presentado polo tenente de alcalde, Jesús Fernández, e polo propio Mago Rafa, quen destacou que traerá Sentir a Viveiro porque ten “o teatro máis bonito de toda Galicia”.
Sentir está pensado para un público familiar e para representarse neste momento “no que priman a tecnoloxía e a intelixencia artificial”, buscando facer reflexionar sobre a importancia de “non...
leer másOs días 25 e 26 de maio o Concello de Foz organiza unhas xornadas de iniciación ao teatro co actor Avelino González. será na Sala Bahía o sábado 25 en horario de 10.30 a 13.30 e 16.30 a 19.30 horas. Haberá comida a mediodía. E o domingo a sesión será de 10.30 a 13.30 horas. O prezo é de 10 euros. É unha actividade para a que será necesario inscribirse, xa que as prazas son limitadas, na Delegación de Cultura, no teléfono 982.140.027, extensión 3, ata o día 6 de maio.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica: “é unha actividade que estamos moi felices de organizar, con alguén coma Avelino, que vive o teatro como o vivía o Poto, desde a alma. O que se busca é que a xente se anime a participar nos grupos de teatro afeccionado e desfrute da cultura do teatro, que é moi bonita”.
É a primeira actividade...
leer másO Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros representará a obra de teatro "O traballo de Andrea" o día 20 de abril, sábado, ás 20:30 horas na Casa da Cultura do Valadouro. A entrada é de balde.
Esta obra teatral é orixinal de Ignasi García Barba e foi adaptada por Ramón Casas Oroza.
Burela acolle, no auditorio municipal, o espectáculo Hija de la Luna en homenaxe á mítica banda de música pop española Mecano.
O evento terá lugar este sábado, día 13 de abril, ás 21:00. As entradas para o mesmo poden ser adquiridas de xeito anticipado no seguinte enderezo web: https://www.entradasatualcance.com/tickets-hija-de-la-luna-homenaje-a-me...
As entradas anticipadas teñen un prezo que oscila entre os 35€ na platea, os 30€ nos anfiteatros principais e os 25€ nos anfiteatros altos. A estas cantidades sumaránselle os gastos de xestión.
O tributo a Mecano Hija de la Luna nace en 2016 en Sevilla, liderado pola vocalista Robin Torres, para replicar con...
leer másSarabela Teatro chega o 12 de abril a Viveiro ás 20:30 horas coa comedia Made in Galiza.
Sinopse
Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non resistiría ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas... Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da". Made in Galiza é un convite á República Independente da túa lingua. Non imos perdela nin en soños porque co galego imos "ao fin do mundo" e quen o proba o sabe!
A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo. Pensando nos nosos espectadores máis novos (a obra está presente como lectura obrigatoria nos centros de...
leer másA compañía teatral Bandullo azul presenta en Foz o espectáculo para público familiar “Filipa cos contos” este domingo, 7 de abril. Será na Casa da Cultural ás 12:00 horas con entrada de balde.
“Este domingo contacontos para gozar en familia con Bandullo azul. Unha sesión "filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e o humor repártense entre os dous contadores que soben á escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional, a súa experiencia. Haberá tamén historias cantadas. Historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso entorno máis próximo, senón tamén doutras terras. Contos filipantes, contos cantados e acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous, e cadaquén ao seu xeito, farán posible unha sesión para...
leer másO grupo Teatral O Centiño, de San Martiño (Foz), reinicia as súas actuacións. Este sábado, 6 de abril, estará na Casa da Cultura de Trabada, dentro dos circuítos teatrais que organiza o Concello.
Será ás 21:00 horas. O Centiño representará “Trepa, Tripa e Tropa”, unha crítica sobre a forma de vivir e sobre os defectos humanos.
O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá o espectáculo Depende, do actor Sergio Pazos, o domingo 7 de abril ás 20:30 horas.
As entradas, que teñen un prezo de 10 euros, están á venda na web https://lagranentrada.com/.../sergio-pazos-depende-en...Tamén se poderán mercar na Casa do Viejo Pancho e na taquilla do auditorio o día da actuación.